Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN308D - Subvencións a empresas privadas para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia.
1. Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto fomentar e incentivar a sustentabilidade, nas súas dimensións económica, social e ambiental, no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse por orde de entrada da solicitude no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia e ata o esgotamento do crédito.
Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non se considera necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover actuacións sobre a prevención de riscos e a seguridade dos traballadores, sobre a protección ambiental e a mellora da eficiencia enerxética, así como que as empresas mineiras conten cun sistema de xestión mineira sustentable. Débese ter presente que a extrema importancia da prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde dos traballadores, así como a mellora ambiental, a mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade, fai que todas as actuacións que se promovan neste sentido revertan no interese público.
Actuacións e gastos subvencionables .
1. Serán subvencionables cinco liñas de actuación:
Liña 1: investimentos destinados a incrementar a protección do ambiente da zona afectada pola actividade mineira. En xeral, todos aqueles investimentos destinados a previr ou emendar danos ao contorno físico ou aos recursos naturais e, especialmente, os destinados á mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po e ruído.
Liña 2: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras. En xeral, todos aqueles investimentos que actúen sobre os riscos relacionados coa seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía nos postos de traballo e, especialmente, os investimentos destinados á redución da exposición ao po, ao ruído e ás vibracións das persoas traballadoras.
Liña 3: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras en centros de elaboración de rocha ornamental mediante a redución da exposición ao po nos seus postos de traballo.
Liña 4: investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética e/ou para a elaboración de auditorías enerxéticas directamente vinculadas aos ditos investimentos nas empresas do sector mineiro, en especial as empresas que se dediquen ao envasado das augas minerais naturais, así como as empresas de explotación de balnearios.
Liña 5: investimentos destinados aos procesos de implantación e certificación das normas UNE 22480:2019 «Sistema de xestión mineira sustentable. Requisitos» e UNE 22470: 2019 «Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores», as cales acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable nas empresas do sector mineiro.
2. Na liña 1 só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan a consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental por riba dos límites establecidos nas normas da Unión Europea en materia de protección ambiental ou ben que permitan ao beneficiario aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión.
3. Na liña 2 só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora, sempre por riba dos requisitos normativos aplicables, das condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos traballadores nos seus postos de traballo.
4. Na liña 3 só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora, sempre por riba dos requisitos normativos aplicables, das condicións laborais, especificamente as relativas á redución da exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo nos centros de elaboración de rocha ornamental.
5. Na liña 4 só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora da eficiencia enerxética que impliquen un aforro enerxético mínimo dun 10 % respecto do consumo inicial e que alcancen unha ratio mínima anual de aforro enerxético/investimento subvencionable de 0,2 kW h/€.
Así mesmo, non se concederán axudas a grandes empresas para a realización de auditorías enerxéticas efectuadas en virtude do artigo 8, número 4, da Directiva 2012/27/UE, salvo que a auditoría enerxética se una á auditoría enerxética obrigatoria en virtude da dita directiva.
6. Na liña 5 serán obxecto de subvención aquelas actuacións necesarias para a implantación e certificación das normas UNE 22480 e UNE 22470 que acaden, como mínimo, a fase da auditoría interna previa á execución do plan de accións correctivas do sistema de xestión mineira sustentable.
7. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados comprendidos entre a data de presentación da solicitude e a data de xustificación do investimento.
8. Para as actuacións da liña 1 serán gastos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para ir alén das normas da Unión Europea ou para incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión. Determinaranse da seguinte maneira:
a) Cando os custos do investimento en protección ambiental poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa protección do ambiente serán subvencionables.
b) En todos os demais casos, os custos do investimento en protección ambiental determinaranse por referencia a un investimento similar, menos respectuoso co ambiente, que se podería realizar de forma crible sen a axuda; a diferenza entre os custos de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa protección ambiental e será o custo subvencionable.
Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental non serán subvencionables.
9. Para as actuacións da liña 2 serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras.
10. Para as actuacións da liña 3 serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a mellorar as condicións laborais, especificamente a reducir a exposición ao po das persoas traballadores nos seus postos de traballo nos centros de elaboración de rocha ornamental.
11. Para as actuacións da liña 4, relativas a investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética, serán subvencionables os custos de investimentos adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Determinaranse da seguinte maneira:
a) Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.
b) En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de forma crible sen a axuda; a diferenza entre os custos de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.
Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionables.
12. Para as actuacións da liña 5 serán gastos subvencionables os custos en que incorra a persoa solicitante durante o proceso de implantación e certificación do sistema de xestión mineira sustentable, tales como a diagnose inicial, a elaboración de manuais e procedementos, o seguimento da implantación, a formación do persoal da empresa, a auditoría interna que, en todo caso, será realizada por persoal distinto a quen implantou o dito sistema, o plan de accións correctivas, así como a auditoría externa do organismo acreditado por ENAC ou por outro organismo nacional de acreditación doutro Estado membro da Unión Europea, para a certificación das normas UNE 22480 e UNE 22470 ou, na súa falta, para as normas ISO 14001 e ISO 9001.
13. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberase achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.
14. En todo caso, só se considerarán subvencionables a maquinaria e os equipamentos de traballo novos.
Queda excluída destas axudas a adquisición de maquinaria mineira móbil, en que só se subvencionarán, de ser o caso, os investimentos en adaptacións necesarias para conseguir as melloras das condicións ambientais ou laborais que se pretenden acadar coa actuación proposta.
Para os efectos desta orde, considerarase maquinaria mineira móbil aqueles equipamentos de traballo autopropulsados destinados ás operacións de extracción, carga e transporte en actividades mineiras.
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións:
a) As empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 1, liña 2, liña 4 e liña 5).
b) As empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia; quedan expresamente excluídas as empresas sinaladas na epígrafe anterior.
En calquera caso, para os efectos desta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE (liña 3).
c) As empresas privadas que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia dedicado ao envasado das augas minerais naturais e á explotación de balnearios e que conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das actividades, de conformidade coa Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 4).
2. Para os efectos do disposto nesta orde, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica e do seu modo de financiamento, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.
3. Para os efectos desta orde, os conceptos de pequena e mediana empresa axustaranse á definición contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
a) Na categoría de peme, defínese mediana empresa como unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios individual non excede os 50 millóns de euros (50.000.000,00 euros) ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros (43.000.000,00 euros).
b) Na categoría das peme, defínese pequena empresa como unha empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros (10.000.000,00 euros).
c) Na categoría das peme, defínese microempresa como unha empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros (2.000.000,00 euros).
4. As persoas beneficiarias non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e deberán estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
5. As persoas beneficiarias non poderán estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, nin atoparse en situación de crise de acordo cos artigos 1.4.c) e 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
6. As persoas beneficiarias destas axudas deberán relacionarse en todo caso por medios electrónicos no marco da xestión destas subvencións, mesmo aquelas que teñan a condición de empresarios persoas físicas, tendo en conta a cualificación técnica e profesional das ditas persoas beneficiarias.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Subdirección Xeral de Recursos Minerais
Edificio administrativo San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957092/ 981957090/ 981545588
Telefono desde o resto do Estado: 902120012
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Orde do 31 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2023).
Extracto da Orde do 31 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (liñas de axuda 1 e 4) (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2023).
Extracto da Orde do 31 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (liñas de axuda 2, 3 e 5) (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2023).
Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 210 do 6 de novembro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
14/03/2023 00:00 - 13/04/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o décimo quinto día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia e concluirá, no mes de vencemento, o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo. Se no mes de vencemento non houber día equivalente ao anterior a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Solicitudes .
1. Para solicitar estas axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.
2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas.
Lugar de presentación das solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido no artigo 2 desta orde, así como, de ser o caso, as ampliacións de crédito efectuadas, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Documentación complementaria .
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indique na convocatoria.
2. Poderán presentarse ata un máximo de tres solicitudes por persoa solicitante. En cada solicitude indicaranse a liña de actuación en que se encadra a actuación proposta e o centro de traballo onde se vai desenvolver.
3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A) Documentación administrativa.
A.1. Documentación acreditativa de que a empresa realiza:
– Actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, para o cal presentarán os estatutos da sociedade e modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención (liña 1, liña 2, liña 4 e liña 5).
– Actividades de elaboración de rocha ornamental, para o cal presentarán os estatutos da sociedade e modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención; ou documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas (liña 3).
– Actividades reguladas pola Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal presentarán os estatutos da sociedade e modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención (liña 4).
A.2. Quen asine a solicitude en nome dunha persoa xurídica solicitante deberá acreditar a súa condición de representante legal da citada persoa xurídica, ou ben acreditar a representación en que actúa mediante poder suficiente que o/a habilite para realizar en nome da persoa representada todas as actuacións que se prevexan nestas bases reguladoras. Este mesmo poder deberá ser achegado por quen asine a solicitude en nome dunha persoa física solicitante.
B) Documentación técnica.
Memoria técnico-económica descritiva da actuación datada e asinada por un técnico competente. A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo III e incluirá os puntos do seguinte índice:
1) Datos da entidade solicitante.
2) Datos do centro de traballo onde se realiza o investimento/actuación. A Administración reserva para si a facultade de comprobar as autorizacións/concesións, rexistros e/ou comunicacións previas de carácter preceptivo necesarias para o desenvolvemento da actividade.
3) Diagnose da situación actual e identificación e xustificación da liña de actuación elixida.
4) Descrición técnica das medidas propostas.
5) Xustificación do incremento ou mellora, de ser o caso, das condicións ambientais ou laborais ou de eficiencia enerxética (liña 1, liña 2, liña 3 e para os investimentos en equipamentos da liña 4).
6) Orzamento detallado.
7) Calendario de execución.
8) Cálculo da axuda solicitada segundo os gastos subvencionables.
9) Anexos:
– Fotografías do lugar onde se prevé realizar a actuación. No caso de substitución de equipamentos existentes, deberase achegar tamén fotografías deles.
– Se é o caso, ficha técnica do fabricante do equipamento, en que se inclúan os seus datos de produtividade e consumo enerxético.
– Ofertas de provedores: 3 ofertas/orzamentos de distintos provedores cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, e unha oferta/orzamento dun provedor para os demais casos. No caso de que a elección entre as 3 ofertas non recaia na proposta máis vantaxosa, deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Todo iso conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Un orzamento de referencia para as actuacións da liña 1 e da liña 4 e só para os supostos establecidos no artigo 4.8.b) e no artigo 4.11.b) destas bases reguladoras.
- Plano de situación onde se indique a localización da actuación que se vai realizar, esquemas ou esbozo que permitan unha axeitada interpretación da actuación, etc.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa solicitante, se é o caso.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Documentación de accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas.
Certificado de aptitude para o manexo de maquinaria mineira móbil.