Guía de procedementos e servizos

IN307A

Solicitude de dereito mineiro.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Se vostede, como persoa física ou en representación dunha persoa xurídica, quere obter algún dereito mineiro, autorización de aproveitamento de recursos da sección A), permiso de exploración, permiso de investigación, concesión directa de explotación ou concesión de explotación derivada de permiso de investigación, deberá solicitar ao órgano mineiro competente o correspondente outorgamento.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Subdirección Xeral de Recursos Minerais

Servizo de Xestión Mineira

Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957092

Fax: 981545515

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Enerxía e Minas da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184961

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Enerxía e Minas de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294654/ 982294651

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Enerxía e Minas de Ourense

Curros Enriquez, 1 - 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386716

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43 - 5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805227

Fax: 986805247

Servizo de Xestión Mineira

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • No caso de persoas físicas solicitantes, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • No caso de actuar por medio de representante, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Memoria que comprenda o Proxecto de explotación, investigación ou exploración e proxectos de instalacións mineiras e procesos

    produtivos.

  • Informe de viabilidade e solvencia, que acredite que a persoa solicitante reúne os requisitos esixidos, especialmente a súa solvencia

    económica e tecnica, axustado ao establecido no artigo 17 da Lei 3/2008, do 23 de maio.

  • No caso de que o dereito estea sometido a avaliación ambiental, o documento correspondente segundo a Lei 21/2013, do 9 de decembro.

  • Plan de seguridade e saúde laboral.

  • Plan de restauración do espazo afectado polas actividades mineiras.

  • Plan de cesamento de actividades mineiras.

  • Calendario de execución e orzamento.

  • Planos.

  • Anexos.

  • Certificado municipal sobre a situación urbanística do lugar onde se pretende levar a cabo a explotación.

  • Outra documentación e información acreditativa do cumprimento de requisitos establecidos na lexislación sectorial de aplicación.

  • Resumo non tecnico de toda a documentación, para facilitar a información pública.

  • En caso de solicitude de dereitos mineiros da sección A), documentación que acredite o dereito de aproveitamento cando o xacemento atópese en terreos de propiedade privada ou título habilitante cando se atope en terreos de propiedade pública.

  • En caso de solicitude de concesión directa de explotación, informe tecnico que xustifique a procedencia da solicitude como concesión

    directa.

  • En caso de concesión de explotación derivada de permiso de investigación, informe detallado da natureza xeolóxica do xacemento ou

    criadeiro, investigacións realizadas e resultados obtidos, con expresión dos recursos e reservas.

  • Declaración responsable de tecnico proxectista.

  • Resgardo de pago da taxa correspondente á solicitude do dereito mineiro.

  • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia do NIF, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional.

  • No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.

Prazo de resolución: 18 meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2008).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 1973).

    • Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría (BOE nº 295 do 11 de decembro de 1978).

    • Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineras (BOE nº 143, de 13 de xuño de 2009).

    • Real Decreto 777/2012, de 4 de maio, polo que se modifica o Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineras (BOE nº 118, de 17 de maio de 2012).

    • Corrección de erros do Real Decreto 777/2012, de 4 de maio, polo que se modifica o Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineras (BOE nº 126, do 26 de maio de 2012).

    • Real Decreto 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio (BOE nº 190, de 6 de agosto de 2010).

    • Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, de 11 de decembro de 2013).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano