Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS306B - Axudas enmarcadas no programa iniciativa xove.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, e convocar estas axudas para o ano 2017.
2. Enténdense por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia en que as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
3. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritaria as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
Proxectos e gastos subvencionables.
1. Serán excluídos aqueles proxectos que non se axusten ao obxecto e finalidade destas axudas recollidos no artigo 1.
2. Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. Non se admitirán a trámite as solicitudes de axudas para proxectos cuxo orzamento sexa superior á citada contía.
3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.
4. Quedan excluídos, para os efectos da axuda, os proxectos docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo.
5. Non será subvencionable a adquisición de equipamento e material inventariable.
Considéranse non inventariables:
a) Os ben funxibles.
b) Os bens cuxa vida útil non sexa superior a un ano.
c) Os bens non comprendidos nas letras anteriores cuxo custo de adquisición sexa inferior a 150 euros. A adquisición destes bens, no conxunto do proxecto, non poderá supoñer un custo superior aos 600 euros.
6. Non serán subvencionables os gastos ordinarios de funcionamento que non estean asociados co proxecto e recollidos no orzamento de gastos que se reflicte no anexo III. En todo caso, este tipo de gastos ordinarios de funcionamento non poderán superar nunca o cinco por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
7. No caso daqueles proxectos que, para o seu desenvolvemento, indiquen que precisan formación, acreditarase suficientemente que as persoas docentes son competentes para impartir a dita formación, para o que se xuntará o seu currículo e mais a documentación acreditativa correspondente. Especificaranse os contidos e xuntarase o programa de formación que se vai impartir. A formación será sempre de carácter gratuíto para as persoas destinatarias dela. No caso de se produciren variacións nas persoas que vaian impartir a formación, deberáselle comunicar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con anterioridade ao inicio desta, para o que se debe enviar a nova documentación acreditativa. As novas persoas que vaian impartir a formación deberán ter o nivel de capacitación axustado á citada finalidade.
8. Calquera das actividades desenvolvidas serán de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.
9. Non poderán ser subvencionados os gastos correspondentes ás retribucións do persoal que teña unha relación laboral dependente das persoas ou entidades beneficiarias, excepto no caso de que ese persoal sexa contratado única e exclusivamente para o desenvolvemento do proxecto, o que se deberá xustificar documentalmente, nin honorarios profesionais ou remuneracións de calquera clase das persoas ou entidades impulsoras do proxecto. Así mesmo, non poderán ser subvencionados os gastos que sexan facturados por provedores dos que forme parte ou cos cales teña vinculación directa algunha persoa membro da asociación ou grupo beneficiario.
10. O importe total de gastos de manutención, como comidas, servizos de restauración ou compra de produtos alimenticios, non poderá superar o dez por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Ademais, deben estar vinculados de xeito inequívoco coa actividade e realizados durante a súa execución material.
En ningún caso se admitirán gastos de comidas, consumicións ou aloxamento de persoas membros da entidade ou grupo beneficiario para reunións previas ou posteriores de preparación ou avaliación, nin os efectuados por estas persoas durante a execución material da actividade organizada pero que non formen parte desta.
11. O importe total de gastos en alugamento de espazos e equipamento non poderá superar, en conxunto, o corenta por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
12. No caso dos premios que se outorguen nos concursos ou competicións previstos no proxecto e dos obsequios para persoas que teñan colaborado no desenvolvemento dalgunha actividade, estes deberán incluírse no orzamento do proxecto. O límite para os gastos por este concepto será do dez por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Non poderán recibir ningún premio ou obsequio as persoas membros da entidade ou do grupo informal.
13. Non serán subvencionables os proxectos que consistan na celebración de concertos ou festas, salvo que estas actividades teñan unha entidade menor e se inclúan dentro dun programa de actividades máis amplo e, en todo o caso, xustificarase a súa necesidade e oportunidade dentro do desenvolvemento do proxecto.
14. As actividades que constitúen o obxecto do proxecto deberán ser realizadas de forma directa pola entidade ou grupo beneficiario e non poderán ser subcontratadas.
Entenderase que hai subcontratación, en todo caso, cando:
a) As actividades do proxecto sexan executadas por terceiros, é dicir, cando a entidade ou grupo se limite a obter a axuda e a actuar como intermediario con outras persoas físicas ou xurídicas, que son quen realmente executa o proxecto.
b) Cando se contraten actividades de planificación, coordinación, avaliación e xestión do proxecto.
Entenderase que non hai subcontratación cando se contraten tarefas concretas que non poidan ser levadas a cabo directamente pola entidade ou grupo beneficiario. En todo caso, as tarefas que se contraten deben estar identificadas no proxecto, con indicación dos motivos claros polos que a asociación ou grupo non pode realizalas e o seu importe estimado debe figurar no orzamento.
15. Deberase ter en conta, á hora da redacción do proxecto e de cara á súa posterior xustificación, ademais, o disposto no artigo 19 desta orde.
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5 desta orde.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
As persoas beneficiarias das axudas deberán:
a) Realizar o proxecto que fundamenta a concesión da axuda por si mesmas.
b) Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ou ante as xefaturas territoriais, a realización da actividade ou actividades que conforman o proxecto de iniciativa xuvenil, así como o cumprimento dos requisitos ou das condicións que determinan a concesión ou o aproveitamento da axuda. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na normativa regulamentaria de desenvolvemento e no disposto nas bases reguladoras desta orde.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou as xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, e achegar canta información se lles requira no exercicio das actuacións anteriores.
d) Para o caso das asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados, nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f) Difundir as actividades pola internet, a través de páxinas web e/ou redes sociais, publicamente e con antelación á súa realización, co obxecto de que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas e de facilitar as actuacións de comprobación e control por parte da dirección xeral ou das xefaturas territoriais.
g) Adoptar as medidas contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de xeito que se inclúa, en todo o material de divulgación das actividades obxecto desta axuda, a referencia de que están subvencionadas pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, mediante a inclusión da imaxe corporativa da Xunta de Galicia e do logo do programa Iniciativa Xove, que poderán obterse no enderezo http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html
h) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ou aos respectivos servizos territoriais, con 15 días de antelación, o inicio da realización das actividades para as que se concedeu a axuda. Esta comunicación realizarase preferentemente a través do enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.gal
i) Figurar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, non ser debedor/a de acordo coa resolución declarativa da procedencia de reintegro e non ter ningunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma. En caso contrario, non se fará o pagamento da axuda.
j) Subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
k) No caso dos grupos informais de mozos e mozas, respectar o prazo mínimo para a disolución de agrupacións de beneficiarios/as a que fai referencia o artigo 8 da Lei 9/2007, consonte os artigos 35 e 63 da mesma norma.
l) Cumprir coas restantes obrigas reguladas nesta orde e demais normativa vixente en materia de subvencións.
1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas, no momento de presentación da solicitude, no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988).
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
3. O incumprimento por parte de calquera das persoas membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.
4. Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.
5. En ambos os casos, é requisito para ser beneficiario/a destas axudas non estar incurso/a en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Será requisito imprescindible para poder solicitar a axuda ter xustificadas debidamente as axudas recibidas no último ano. No caso dos grupos informais, non poderá obter subvención o proxecto presentado por un grupo do cal formen parte mozas ou mozos que o ano anterior participasen nun proxecto subvencionado e non xustificado, aínda que o promotor deste fose un grupo distinto. De todos os xeitos, para a disolución dos grupos deberase ter en conta o disposto no artigo 21.j) en relación co artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, consonte os artigos 35 e 63 da mesma norma.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294599
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957057 / 981544866
Fax: 981545843
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386113
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Concepción Arenal, 8-1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817782
Fax: 986817082
Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoriavocatoria (DOG nº 80 do 26 de abril de 2017).
Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria (DOG nº 46 do 6 de marzo de 2018).
Resolución do 20 de febreiro do 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril do 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria (DOG nº 46 del 6 de marzo de 2018).
Resolución do 2 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria (DOG nº 71 do 12 de abril de 2018).
Resolución do 17 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria (DOG nº 83 do 30 de abril de 2018).
Corrección de erros. Resolución do 17 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2018).
Resolución do 19 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 93 do 16 de maio de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
27/04/2017 00:00 - 26/05/2017 23:59
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
-
As asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
-
a) Certificación do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do seu órgano de dirección no momento de presentación da solicitude. A dita certificación deberá incluír, para cada membro, nome completo, NIF e cargo ou función que desempeña dentro do citado órgano de dirección.
-
b) O proxecto de iniciativas xuvenís, redactado seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III desta orde.
-
-
Os grupos informais deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
-
a) Un poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo, asinado polas demais persoas que o compoñen (anexo IV).
-
b) Anexo II, declaración/comprobación de datos. Un anexo por cada persoa membro excepto o/a representante, debidamente cuberto.
-
c) O proxecto de iniciativas xuvenís, redactado seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.
-
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións.
Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura, da entidade ou da persoa representante, admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das entidades solicitantes obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, e sempre que o prazo de presentación de solicitudes non teña rematado, requirirase para que a presente por medios electrónicos. En todo caso, a solicitude será inadmitida a trámite se a presentación electrónica se realiza despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Os grupos informais, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións. Se algunha delas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En todo caso, se o proxecto de iniciativa xuvenil se presenta electronicamente fóra do prazo establecido no artigo 9.2 desta orde, a solicitude será inadmitida a trámite.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os grupos informais, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente.
-
No prazo de presentación de solicitudes, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán (Individual).
Prazas en residencias xuvenís para estudantes.