Apoio á hostalería

A Xunta está poñendo en marcha medidas transversais para dar un apoio decidido á hostalería, un dos sectores que máis está sufrindo as consecuencias da pandemia de coronavirus e das restricións sanitarias que se están adoptando para frear a súa expansión.

Son medidas froito do esforzo conxunto dos distintos departamentos do Goberno galego que teñen como obxectivo axudar ao sector a superar as difíciles circunstancias actuais. Por iso, inclúense desde axudas directas a liñas de crédito para atender ás distintas necesidades.

A hostalería pode, polo tanto, acollerse ás liñas xerais de autónomos e microempresas da Xunta, así como a un plan específico de axudas directas destinado aos locais que están pechados pola normativa sanitaria, sendo todas estas liñas compatibles entre si. Ademais, o sector pode solicitar préstamos a xuros moi baixos e tamén se habilitarán axudas para adaptar terrazas ou adquirir material para o envío a domicilio ou recollida de alimentos no local.

Nesta sede electrónica terán á súa disposición os distintos procedementos segundo se vaian convocando.

Apoio á hostalería
Tramitar en liña 24/02/2021 - 23/03/2021
Tramitar en liña 28/11/2020 - 28/12/2020
Tramitar en liña 28/11/2020 - 28/12/2020
Tramitar en liña 19/11/2020 - 18/12/2020