Apoio a autónomos/as e microempresas

A Xunta segue a acompañar aos sectores máis prexudicados pola pandemia. Por este motivo pon en marcha un novo Plan de Rescate con axudas directas por valor de 75 millóns de euros, coa idea de achegar liquidez e contribuír a preservar o emprego e garantir a viabilidade económica do tecido produtivo.

Estruturado en dúas liñas, este 2º Plan de rescate prevé apoios para persoas traballadoras autónomas e microempresas e contempla ademais unha liña específica de axudas dirixidas a establecementos hostaleiros e outras actividades que tiveron que pechar por recomendación sanitaria desde xaneiro de 2021.

A realidade socioeconómica pon de relevo que non só é importante dinamizar e tratar de que se cree o maior número de empresas posible, senón tamén deseñar os mecanismos necesarios para que as empresas creadas poidan sobrevivir. Estas empresas son vitais para unha recuperación do emprego e esta está a ser unha prioridade fundamental da Xunta de Galicia.

Apoio a autónomos/as e microempresas
Tramitar en liña 19/02/2021 - 18/03/2021
Tramitar en liña 19/02/2021 - 18/03/2021
Tramitar en liña 24/02/2021 - 23/03/2021
Tramitar en liña 24/02/2021 - 23/03/2021