Apoio a autónomos/as e empresas
A Xunta contribúe ao mantemento do emprego e da actividade económica das persoas traballadoras autónomas e empresas desde o principio da emerxencia sanitaria en forma de axudas directas, dirixidas aos sectores máis golpeados pola crise. A pandemia económica mundial é un feito conxuntural que o Goberno autonómico está a tentar de paliar coas liñas de axuda urxente. O III Plan de Rescate, engadido aos dous anteriores, supón unha inxección económica que supera en conxunto os 400 millóns de euros para favorecer o mantemento dos negocios e do emprego.
Máis información
