Enlaces pe

SEDE ELECTRÓNICA

Aviso legal

A sede electrónica da Xunta de Galicia (en diante, "sede electrónica") é o enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións, cuxa titularidade corresponde á Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e a través do cal se pode acceder, en condicións seguras, á información e servizos electrónicos que a Xunta de Galicia pon á súa disposición no exercicio das súas competencias.

A sede electrónica créase e regúlase polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

O ámbito de aplicación da sede electrónica comprende a totalidade dos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, segundo o previsto no artigo 1 da Orde do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Identificación e titularidade

Privacidade e protección de datos

Propiedade intelectual

A totalidade dos contidos na sede electrónica, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, imaxes, iconas, gráficos, dominios, marcas, tecnoloxía, software e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, pertencen á Xunta de Galicia ou a terceiros, cuxos dereitos no seu caso recoñece a Xunta de Galicia, e están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial protexidos pola lexislación nacional e internacional.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida salvo que medie autorización expresa da Xunta de Galicia. A licenza de uso de calquera contido desta sede electrónica, outorgada ao usuario, limítase á descarga do devandito contido e o uso privado do mesmo, sempre que os citados contidos permanezan íntegros e cítese a fonte dos mesmos (Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público).

A utilización non autorizada da información contida na sede electrónica, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial mencionados poden dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que do devandito exercicio se deriven.

Reprodución e ligazóns ao portal

A reprodución dos contidos da sede electrónica está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización.

A persoa usuaria de internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas web á sede electrónica deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación, sen que o descoñecemento delas evite as responsabilidades derivadas da lei:

  1. A ligazón unicamente vinculará coa páxina principal da sede electrónica pero non poderá reproducila de ningún xeito (inline links, deep-links, browser ou border enviroment, copia dos textos, gráficos etc.)
  2. Quedará, en todo caso, prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan á sede electrónica ou permitan a visualización dos contidos a través de direccións de internet distintas ás da sede electrónica e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á sede electrónica de forma que:
    • produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos;
    • supoña un acto de comparación ou imitación desleal;
    • de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente;
  3. O establecemento da ligazón non implica, en ningún caso, a existencia de relacións entre a Xunta de Galicia e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación ou aprobación por parte de Xunta de Galicia dos seus contidos ou servizos alí ofrecidos postos a disposición do público.

A Xunta de Galicia poderá solicitar, en calquera momento, e sen necesidade de achegar as razóns da devandita solicitude, que se elimine calquera ligazón á sede electrónica, despois do cal o responsable da páxina web que está enlazando coa sede deberá proceder de inmediato á súa eliminación.

Ligazóns da sede electrónica a outras páxinas web

Nos contidos publicados inclúense ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros, fundamentalmente doutras Administracións públicas, que se considere que poden ser de interese para as persoas usuarias. A Xunta de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada das conexións ou os contidos desas ligazóns.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras  nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Cookie Tipo Temporalidade Titularidade Finalidade
COOKIE_SUPPORT Técnica Temporal Propia Comproba o soporte para as cookies do navegador.
GUEST_LANGUAGE_ID Técnica Temporal Propia Garda o idioma principal da navegación.
IDDOPPEL Técnica Sesión Propia Identificar o modo de actuación da persoa.
JSESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación.
LFR_SESSION_STATE_#ID# Técnica Temporal Propia Identificador da persoa usuaria no CMS.
_ga Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias.
Outras cookies en uso por Google Analytics Analítica, Personalización, Funcionalidade Persistente, Temporal Allea. Condicións do servizo Diferenzan as persoas visitantes e analizan o seu comportamento en liña.
_gid Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo Distinción entre persoas usuarias.
_ga_#id# Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo Mantén o estado da sesión.
_gat Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo Limitar a frecuencia de solicitudes a Google Analytics.
cookie_consent Técnica Persistente Propia Almacenar a preferencia do/a usuario/a sobre o uso de cookies nun sitio web.
_GRECAPTCHA Seguridade Temporal Allea. Condicións do servizo Permite diferenciar as persoas dos bots.
_rspkrLoadCore Funcionalidade Sesión Allea. Condicións do servizo Comproba a carga do módulo de lectura.
MISEDE_JSESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación en "A miña sede".
XSRF-TOKEN Técnica Sesión Propia Protexe contra CSRF validando que a solicitude provén do usuario lexítimo.
PRESENTA_JSESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación en PRESENTA.
cookieMostrarAvisoaAutocompletado Técnica Sesión Propia Comproba se se debe mostrar o aviso de autocompletado en PRESENTA.
QueueITAccepted-{id} Técnica Sesión Allea. Condicións do servizo Control de acceso / Xestión de colas queue-it
Outras cookies en uso por Queue-it Técnica Sesión Allea. Condicións do servizo Control da sala de espera de queue-it

 

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:

  • Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente. 

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.