Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR954A
Convenios coas federacións deportivas galegas para a realización de programas de promoción e desenvolvemento.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Establecer o procedemento para presentación de documentación requirida nos convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas.
Federacións deportivas galegas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Rúa de Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996362
Fax: 881996368
Email: programas.deportes@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Os/as solicitantes deberán figurar inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia como federación deportiva galega, de acordo co establecido na sección 3ª do capítulo II, do título IV, da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR954A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas entrega a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo VI Cumprimento obrigas de transparencia
b) Anexo VII Situación contable da federación a 31 de decembro do ano anterior.
c) Anexo VIII Plan de viabilidade, no suposto de que a situación contable presente unha situación económico financeira desfavorable.”
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.
g) Consulta de concesións ampliado.
h) Consulta de axudas do Estado.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de xustificación
- Relación clasificada da totalidade dos gastos (Anexo IV)
- ANEXO VI (Cumprimento obrigas transparencia) (Fase Posterior)
- Relación de documentos e declaracións para a xustificación do segundo pago (Anexo V)
- Relación de documentos e declaracións para o cobramento do segundo anticipo (Anexo III)
- Relación inventariada do material deportivo da federación (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establece o formulario de presentación de documentación do procedemento dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2018).
-
Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establece o formulario de presentación de documentación do procedemento dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas (DOG nº 26 do 09 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas
Prazo aberto: 03/02/2026 00:00 - 02/03/2026 23:59