Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI422E - Subvencións dos programas de fomento da mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas dos seguintes programas (código de procedemento VI422E) previstos no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021):
a) Liña A, Programa de fomento de mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade, con especial atención á envolvente edificatoria.
b) Liña B, Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas liñas de axudas para a anualidade 2019, con carácter plurianual.
3. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta resolución:
a) As persoas físicas, así como as persoas xurídicas de natureza privada, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As agrupacións de persoas propietarias.
d) As sociedades cooperativas compostas por agrupacións de persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de división horizontal, así como por persoas propietarias que conforman comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
e) As empresas construtoras, inquilinas ou concesionarias de edificios, así como as cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato coa propiedade que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto das dúas liñas de axudas previstas nesta resolución.
f) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.
2. No caso das axudas da liña A), para obras de mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade, tamén poderán ser beneficiarias as empresas de servizos enerxéticos.
3. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou ter a residencia legal en España, no caso das persoas estranxeiras.
4. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou entidade solicitante.
5. No caso de que a persoa ou entidade solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de propietarios/as ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos puntos anteriores deberán cumprirse por todos os seus membros.
6. As persoas e/ou as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe desta como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias de vivendas e locais, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de agrupación de persoas propietarias incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non se atribuirá á devandita persoa propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se ratearía entre os restantes membros da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias.
7. Para a determinación dos ingresos das persoas físicas beneficiarias e das súas unidades de convivencia partirase das contías da base impoñible xeral e do aforro, reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF, correspondente á declaración ou declaracións presentadas no período impositivo que se defina na correspondente convocatoria. De non dispoñer da correspondente declaración, deberanse acreditar os ingresos mediante a presentación dunha declaración responsable, acompañada da documentación establecida no ordinal noveno.
1. Para poder ser subvencionables, as actuacións deberán ser realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios, sempre que estivesen finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996.
2. Será requisito específico das actuacións que se realicen nas vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva que estas constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas inquilinas ou moradoras, no momento de presentar a solicitude deste programa, o que se acreditará co correspondente certificado de empadroamento.
3. Serán requisitos específicos das actuacións que se realicen en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva os seguintes:
a) Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial de vivenda, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles.
b) Que, polo menos, o 50 % de todas as vivendas do edificio constitúan o domicilio habitual das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras no momento de solicitar as axudas. Non se terá en conta este requisito cando se trate dunha persoa propietaria única que tivese que proceder ao realoxamento das persoas inquilinas para efectuar a rehabilitación, se ben deberá xustificar esta circunstancia, así como o compromiso de destinar as vivendas obxecto da rehabilitación ao domicilio habitual das persoas inquilinas.
c) Que as actuacións conten co acordo de executar as obras da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias. Este requisito non se exixirá cando a propiedade do edificio corresponda a unha soa persoa, física ou xurídica.
4. As resolucións de convocatoria poderán incluír requisitos específicos relativos ao inicio e á finalización das actuacións de rehabilitación.
5. Para a obtención destas axudas é necesario que se achegue o proxecto das actuacións que se vaian realizar. Se este non é preciso para a autorización das obras, achegarase unha memoria onde se xustifique a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación (en diante, CTE) e a demais normativa de aplicación. Na memoria identificarase o edificio ou vivenda que se vai rehabilitar, describiranse as actuacións que se vaian realizar, a xustificación da súa necesidade e deberá incluír fotografías onde se amosen os elementos que se rehabilitarán, así como o orzamento desagregado e detallado do investimento. A memoria deberá estar asinada por técnico/a competente, sendo este o/a profesional con capacidade técnica suficiente para redactar o orzamento, dirixir ou executar a obra.
6. Cando sobre un mesmo elemento ou sistema construtivo se soliciten axudas que resulten subvencionables polas dúas liñas de axudas, deberán identificarse e desagregarse, debéndose adscribir a unha soa das dúas liñas. No suposto de que se solicitasen axudas da liña A) e non se acade a redución enerxética exixida, tramitarase como solicitude de axudas da liña B), se se cumpren o resto dos requisitos exixidos.
7. O prazo para executar as obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que poida exceder os vinte e catro meses, contados desde a data de notificación da citada resolución. Este prazo poderase ampliar excepcionalmente ata os vinte e seis meses, mediante resolución do órgano concedente, logo de solicitude da persoa ou entidade interesada, cando se trate de obras da liña A), para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, ou de actuacións que afecten a 40 ou máis vivendas.
Cando o prazo de execución fixado na resolución de concesión fose inferior ao sinalado no parágrafo anterior, este poderá ampliarse ata o citado prazo máximo, logo de solicitude da persoa ou entidade interesada, se concorresen causas que a xustifiquen e sempre que se conte coa correspondente dotación orzamentaria.
8. Nas solicitudes das axudas, as persoas e as entidades solicitantes farán constar as anualidades en que pretenden executar as actuacións, co importe do orzamento imputable a cada exercicio, o cal será vinculante para os efectos da concesión da axuda e do seu pagamento, salvo no suposto de que se solicitase un reaxuste de anualidades, en cuxo caso se estará ao establecido no punto 7 do ordinal vixésimo terceiro.
9. Para os efectos da determinación do custo total das actuacións subvencionables poderanse incluír, ademais, as actuacións preparatorias que se teñan realizado antes da data da presentación da solicitude tales como o custo da redacción dos proxectos, os honorarios das persoas profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos. Na resolución de convocatoria estableceranse os límites temporais para subvencionar, de ser o caso, os custos correspondentes á execución de obras que fosen facturados e aboados con anterioridade á súa publicación.
10. O custo das actuacións subvencionables, incluíndo os gastos sinalados no punto anterior, non poderán superar os custos medios do mercado, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da Base de prezos da construción de Galicia ou normativa que a substitúa.
11. Nas actuacións de reparación, rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981/981541982
Fax: 981541902
Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 11 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2019 (DOG nº 168 do 20 de agosto de 2020).
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 143 do 30 de xullo de 2019).
Extracto da Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 143 do 30 de xullo de 2019).
Resolución do 18 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 204 do 25 de outubro de 2019).
Resolución do 25 de outubro de 2019 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa das subvencións, previsto na Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 209 do 4 de novembro de 2019).
Resolución do 13 de novembro de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2019 (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2019)
Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 do 10 de marzo de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
31/07/2019 00:00 - 30/08/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou o edificio.
- No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación varios campos, os cales deben estar cubertos no momento da súa presentación. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os citados campos obrigatorios non serán admitidas a trámite.
- As persoas e as entidades obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos, así como as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen as súas solicitudes presencialmente, requiriráselle para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
- Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- No modelo de solicitude a persoa ou entidade solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que non obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de solicitar ou obter algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para esa mesma finalidade, así como o seu importe.
c) Declaración de que non se lle revogou algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ao artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento .
- Coa solicitude deberase achegarse a seguinte documentación:
- a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa física ou xurídica ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
- b) No caso de que a solicitante sexa unha persoa física ou unha agrupación de persoas propietarias, que non consten como titulares catastrais, escritura pública, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da vivenda.
- c) No caso das comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, copia da escritura da división horizontal.
- d) Proxecto técnico ou, se non fose preciso para a autorización das obras, memoria descritiva das actuacións que se vaian realizar, co contido sinalado no punto 5º do ordinal oitavo destas bases.
- e) Informe técnico de data anterior á presentación da solicitude de axuda, que acredite a necesidade da actuación. Non será necesario achegar este informe específico cando a xustificación da actuación se acredite nos documentos sinalados na letra d) deste ordinal.
- f) Para as actuacións da liña A), certificación da demanda enerxética ou, de ser o caso, do consumo de enerxía non renovable previa á actuación e, de ser o caso, os restantes documentos xustificativos sinalados no ordinal noveno.
- g) Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación da resolución da convocatoria e sempre que se admita esta posibilidade.
- h) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se vai realizar. No suposto de non contar aínda coa licenza, achegarase a correspondente solicitude de licenza.
- i) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida a licenza. No caso de ter transcorridos máis de quince días hábiles, contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable da persoa ou entidade promotora da actuación de non ter sido requirida para a súa emenda.
- j) No caso de edificios e vivendas declarados BIC, catalogados o que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.
- No caso de que a solicitante sexa unha persoa física propietaria ou inquilina dunha vivenda unifamiliar ou dunha vivenda en edificio de tipoloxía residencial colectiva, unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias ou sociedades cooperativas compostas polas entidades ou persoas sinaladas anteriormente, deberán presentar ademais, de ser o caso, a documentación seguinte:
- a) Anexo II, de declaración responsable e comprobación de datos das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia (deben presentarse tantos anexos II como vivendas partícipes e interesadas na subvención se sinalen nos anexos I e IV).
- b) Anexo III, de declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención, no caso de non estar obrigados a presentar a declaración do IRPF, acompañada da seguinte documentación:
- Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
- Certificado de pensións ou prestacións periódicas emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
- Certificado das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.
- c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou das agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención e/ou das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de non emitirse pola Xunta de Galicia.
- d) Copia do contrato de alugamento na vivenda obxecto da actuación, con indicación da súa referencia catastral, para o caso de persoas inquilinas promotoras da actuación.
- e) Acordo asinado coa persoa propietaria onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa inquilina asume o custo destas, a cambio do pagamento da renda. Neste acordo deberá constar expresamente que entre as partes non existe parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade nin que son socias ou partícipes de ningunha entidade conxunta.
- f) Anexo IV, de certificado do acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, do acordo da agrupación de persoas propietarias ou do acordo do órgano reitor das sociedades cooperativas compostas polas entidades ou persoas sinaladas anteriormente, de solicitar a correspondente axuda, de nomear a persoa que as represente na tramitación do expediente e que, ademais, conteña o número de vivendas e a superficie total construída dos locais comerciais partícipes nas obras e interesados na subvención, con indicación da súa referencia catastral.
- g) Anexo V, de declaración responsable e comprobación de datos das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras da actuación ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención, só naqueles supostos en que non se acredite o destino previo da/s vivenda/s como domicilio habitual e permanente exixido nos puntos 2 e 3.b) do ordinal oitavo destas bases.
- No caso de que a solicitante sexa unha empresa construtora, inquilina ou concesionaria dos edificios, unha empresa de servizos enerxéticos e/ou sociedade cooperativa non composta por comunidades ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, deberán achegar, ademais da documentación sinalada no punto 1, a seguinte:
- a) De ser o caso, certificado do acordo do órgano competente da entidade de solicitar a axuda.
- b) Escritura de constitución e/ou estatutos vixentes, debidamente inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
- c) Xustificante do pagamento do último recibo do imposto de actividades económicas na actividade económica relacionada coa actuación obxecto da súa solicitude.
- d) Contrato vixente, formalizado coa persoa propietaria ou propietarias do edificio que acredite a relación xurídica existente entre a propiedade e a entidade solicitante, así como que a citada entidade solicitante está autorizada expresamente para poder executar as actuacións obxecto da axuda.
- No caso de que a persoa promotora sexa unha persoa propietaria única dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, deberá achegar, ademais, a seguinte documentación:
- a) Memoria xustificativa da necesidade de realoxo das persoas inquilinas para efectuar a rehabilitación obxecto da solicitude de subvención, no caso de non cumprir o requisito de residencia establecido no ordinal oitavo punto 3.b) desta resolución.
- b) Compromiso de destinar as vivendas obxecto de rehabilitación ao domicilio habitual das súas persoas inquilinas.
Forma de presentación da documentación complementaria .
- As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, así como quen actúe na súa representación, deberán presentar a documentación complementaria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que se presentase a documentación complementaria presencialmente, requiriráselles para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- As persoas físicas presentarán a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
- Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
- As persoas e as entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
- No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, sen prexuízo dos requirimentos que, para estes efectos, lle poida realizar o órgano instrutor.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias ou inquilinas dunha vivenda ou local do edificio, partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, de ser o caso.
b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
f) Certificados de empadroamento das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras da actuación, ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención, de ser o caso.
g) Certificados acreditativos de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
h) Certificado da renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
i) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
j) Certificado catastral de titularidade correspondentes á persoa solicitante ou, de ser o caso, ás persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
k) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso e o ano de construción, para as actuacións promovidas por comunidades ou por agrupación de comunidades de persoas propietarias ou por agrupacións de persoas propietarias ou polas sociedades cooperativas compostas polas entidades ou persoas sinaladas anteriormente, ou pola persoa física propietaria.
l) Consulta de bens inmobles.
m) Alta no imposto de actividades económicas na actividade económica relacionada coa actuación obxecto da súa solicitude.
n) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
ñ) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
o) Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
p) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
q) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou das agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia deberá achegarse a correspondente documentación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, II e V e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Trámites posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración responsable e comprobación de datos das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras na actuación ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención (Anexo V)
- Declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia, das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención (Anexo III)
- Declaración responsable e comprobación de datos das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia (Anexo II)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Comunicación da finalización parcial ou total das obras (Anexo VI)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"