Guía de procedementos e servizos

VI422E

Subvencións do Programa fomento da rehabilitación edificatoria. Plan estatal 2013-2016.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 14/06/2017 00:00 - 13/07/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto convocar as subvencións do programa de rehabilitación edificatoria para a anualidade 2017.

2. Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os requisitos sinalados.

3. As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva, seguindo a orde de prelación que resulte da valoración prevista nas bases, ata esgotar o crédito dispoñible nesta convocatoria.

1. Poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas que cumpran os requisitos sinalados no artigo 5 das bases reguladoras.

2. Cando as persoas beneficiarias sexan persoas físicas, deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, de Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. As persoas estranxeiras non comunitarias deberán ter residencia legal en España.

3. Non poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións; no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogara algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

4. Para o caso de que a entidade solicitante sexa unha comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as, os requisitos sinalados nos puntos anteriores deberán ser cumpridos por todos os seus membros.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Dirección Técnica de Axudas e Vivenda

Servizo de Rexeneración e Renovación Urbana

Área Central. Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541954

Fax: 981541902

Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386271

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Servizo de Rexeneración e Renovación Urbana

Prazo de presentación: PECHADO

14/06/2017 00:00 - 13/07/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

a) Que estean finalizados antes de 1981.

b) Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.

c) Que, polo menos, o 70 % das súas vivendas constitúa o domicilio habitual das persoas moradoras.

Excepcionalmente, admitiranse neste programa os edificios nos que, sen cumprir as condicións anteriores, concorra algunha destas circunstancias:

a) Presenten graves danos estruturais ou doutro tipo, que xustifiquen a súa inclusión no programa.

b) Se destinen na súa totalidade ao alugamento durante, polo menos, 10 anos, contados desde a recepción da axuda.

  • Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

    • a) De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe no nome da persoa propietaria única do edificio.

    • b) Acta de constitución da comunidade de propietarios/as ou do documento de constitución como agrupación de comunidades de propietarios/as.

    • c) Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a da comunidade de propietarios/as ou da agrupación de comunidades de propietarios/as, no que se recolla, tanto o acordo de solicitar as axudas do programa de rehabilitación edificatoria, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente á comunidade de propietarios/as ou da agrupación de comunidades de propietarios/as, conforme o modelo que se xunta a esta resolución como anexo II.

    • d) Anexo III, debidamente cuberto, no que se relacionan as vivendas e locais do edificio e demais datos necesarios para a concesión da subvención.

    • e) Relación das persoas propietarias das vivendas e locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación, conforme o anexo IV. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursos/as en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e poderase asinar a denegación expresa para que a Administración realice as seguintes consultas:

      • Os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade. Para o suposto de ter denegada expresamente a súa consulta, deberase presentar a copia do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).

      • Os datos de residencia no Sistema de verificación de datos de residencia. Para o suposto de ter denegada expresamente a súa consulta, deberase presentar o certificado de empadroamento que acredite a data da solicitude e as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda.

      • Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o suposto de ter denegada expresamente a súa consulta, deberase presentar a documentación correspondente.

    • f) As solicitudes relativas a obras de conservación deberán achegar o anexo V de declaración responsable da composición da unidade de convivencia de cada unha das persoas propietarias. Neste anexo poderase asinar a denegación expresa para que o IGVS realice as seguintes consultas:

      • Os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade. Para o suposto de ter denegada expresamente a súa consulta, deberase presentar a copia do DNI ou NIE.

      • Os datos de residencia no Sistema de verificación de datos de residencia. Para o suposto de ter denegada expresamente a súa consulta, deberase presentar o certificado de empadroamento que acredite a data da solicitude e as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda.

      • Certificacións da AEAT acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e ingresos referidos ao último período impositivo, a non ter débedas baixo ningún concepto coa Administración estatal tributaria e as que deba emitir a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o suposto de ter denegada expresamente a súa consulta, deberase presentar a documentación correspondente.

No caso de que algún membro da unidade de convivencia non estivera obrigado a presentar a declaración do IRPF, deberase presentar o modelo de devolución e copia da notificación-liquidación emitido pola AEAT. No suposto de que non achegaran o citado modelo, deberase xuntar unha declaración responsable de todos os ingresos obtidos, á cal deberá acompañar, de ser o caso, o certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas que estivese de alta no devandito exercicio, certificado de pensións, prestacións periódicas, certificado do INEM e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

  • g) No suposto de que o edificio no que se proxecta realizar actuacións de accesibilidade e/ou mellora da calidade e sustentabilidade teña menos de oito vivendas e non se vaian acometer simultaneamente obras de conservación, deberase achegar, de ser o caso, conforme o anexo VI, declaración responsable de situación de discapacidade da persoa membro da unidade de convivencia en quen concorra esta circunstancia. Consultaranse os datos relativos á condición de discapacidade cando a persoa interesada o faga constar na solicitude. No caso de denegar expresamente a consulta ou de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberase presentar a documentación acreditativa da citada condición.

  • h) Informe de avaliación do edificio, cos contidos que figuran no anexo II do Plan estatal 2013-2016, ou documento análogo que inclúa todos os aspectos que forman parte do citado anexo, cubertos e subscritos por técnico/a competente e emitidos con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

  • i) Proxecto redactado por técnico/a competente ou memoria das actuacións que se vaian realizar, agrupando as partidas que se vaian executar en capítulos, segundo o establecido no artigo 3 das bases. O proxecto ou memoria identificará o edificio, así como os datos que se refiren na solicitude e incluirá fotografías que amosen os elementos que se rehabilitarán.

  • l) Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da resolución da convocatoria.

  • m) No caso de edificios declarados bens de interese cultural catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, deberase presentar a documentación xustificativa destas circunstancias.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante e, se é o caso, da persoa representante.

  • b) Certificacións da AEAT, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas e ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3. Cando as persoas e as entidades interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

  • A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, que está dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situado o edificio.

  • As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen a súa solicitude presencialmente, requiriráselles para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

  • As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • No modelo de solicitude a persoa ou a entidade interesada realizará as seguintes declaracións:

    • a) Declaración de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para o mesmo edificio e a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales.

    • b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para este mesmo edificio e finalidade.

    • c) Declaración responsable de que non se lle revogara algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda, por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

    • d) Declaración de non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    • e) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu Regulamento.

    • f) Para o caso previsto no resolvo primeiro punto 3.b) desta resolución, declaración responsable de que o edificio se destinará integramente ao alugamento durante un período de 10 anos.

    • g) Declaración de que todos os datos da solicitude son correctos.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa ou a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas ou as entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderá requirirlle a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos contidos aos que se refire o documento.

  • As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que presentasen a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • As persoas ou as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

  • No caso de que os documentos que se presenten superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, se seguirán para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas ou das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa ou da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se convocan para o ano 2017 as subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (DOG nº 111 do13 de xuño de 2017).

    • Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 2017 (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59