Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI422E - Subvencións dos programas de fomento da mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das seguintes axudas de rehabilitación previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:
a) Liña A, axuda ao fomento de mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade, con especial atención á envolvente edificatoria.
b) Liña B, axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas liñas de axudas para a anualidade 2018, con carácter plurianual.
3. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
a) As persoas físicas, así como as persoas xurídicas de natureza privada, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva e das vivendas ubicadas nestes edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As agrupacións de persoas propietarias.
d) As sociedades cooperativas compostas por agrupacións de persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de división horizontal, así como por persoas propietarias que conforman comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
e) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios, así como as cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato coa propiedade que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto das dúas liñas de axudas previstas nesta resolución.
f) As persoas físicas arrendatarias dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.
No caso das axudas da liña A), para obras de mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade, tamén poderán ser beneficiarias as empresas de servizos enerxéticos.
Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española. No caso das persoas estranxeiras deberán ter residencia legal en España.
Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou entidade solicitante.
No caso de que a persoa solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de propietarios/as ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprirse por todos os seus membros.
1. Para poder ser subvencionables, as actuacións deberán ser realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva e nas vivendas situadas nestes edificios, sempre que estivesen finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996.
2. Será requisito específico das actuacións que se realicen nas vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva que estas constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas arrendatarias, no momento de solicitar a axuda deste programa.
3. Serán requisitos específicos das actuacións que se realicen en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva os seguintes:
a) Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial de vivenda, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles.
b) Que, polo menos, o 50 % das vivendas constitúan o domicilio habitual das persoas propietarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas. Non se terá en conta este requisito, cando se trate dun propietario único que tivese que proceder ao realoxamento dos inquilinos para efectuar a rehabilitación, se ben deberá xustificar esta circunstancia, así como o compromiso de destinar as vivendas obxecto da rehabilitación ao domicilio habitual das persoas arrendatarias.
c) Que as actuacións conten co acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias. Este requisito non se exixirá cando a propiedade do edificio corresponda a unha soa persoa física ou xurídica.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981/981541982
Fax: 981541902
Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 158 do 21 de agosto de 2018).
Extracto da Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 158 do 21 de agosto de 2018).
Resolución do 23 de novembro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 228 do 29 de novembro de 2018).
Resolución do 26 de novembro de 2018 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións previsto na Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 229 do 30 de novembro de 2018).
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
22/08/2018 00:00 - 21/09/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
1. Coa solicitude deberase achegarse a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa física ou xurídica ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Escritura pública ou nota simple rexistral da/s vivenda/s no caso de persoas físicas solicitantes ou de agrupacións de persoas propietarias.
c) Copia da escritura da división horizontal inscrita no Rexistro da Propiedade, no caso das comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias.
d) Proxecto asinado por técnico competente ou, se non fose preciso para a autorización das obras, memoria descritiva das actuacións que se vaian realizar, que deberán identificar o edificio ou a vivenda, incluír fotografías onde se amosen os elementos que se rehabilitarán, así como o orzamento desagregado e detallado do investimento. Ademais deberán incorporar, se fose o caso, a xustificación do cumprimento da súa adecuación ao CTE e demais normativa de aplicación e, para as actuacións da liña A), os correspondentes documentos xustificativos do seu cumprimento definidos no ordinal cuarto.
e) Informe técnico con data anterior á presentación da solicitude de axuda, que acredite a necesidade da actuación.
f) Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación da resolución da convocatoria e sempre que se admita esta posibilidade.
g) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se vaia realizar. No suposto de non contar aínda coa licenza, achegarase a correspondente solicitude de licenza.
h) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida a licenza. No caso de ter transcorridos máis de quince días hábiles, contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable da actuación de non ter sido requirido para a súa subsanación.
i) No caso de edificios declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.
2. No caso de que a solicitante sexa unha persoa física propietaria ou arrendataria dunha vivenda unifamiliar ou unha vivenda en edificio de tipoloxía residencial colectiva ou unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias ou sociedades cooperativas compostas por as entidades o persoas sinaladas anteriormente, deberán presentar ademais, de ser o caso, a documentación seguinte:
a) Anexo II, de declaración responsable e comprobación de datos das persoas partícipes no custo subvencionable das obras e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
b) Anexo III, de declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia, no caso de non estar obrigados a presentar a declaración do IRPF, acompañada da seguinte documentación:
– Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
– Certificado de pensións ou prestacións periódicas emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
– Certificado das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.
c) Certificado de discapacidade das persoas partícipes nas obras e/ou das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de non emitirse pola Xunta de Galicia.
d) Copia do contrato de alugamento na vivenda obxecto da actuación, con indicación da súa referencia catastral, para o caso de persoas arrendatarias promotoras da actuación.
e) Acordo asinado coa persoa propietaria onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa arrendataria asume o custo destas, a cambio do pagamento da renda. Neste acordo deberá constar expresamente que entre as partes non existe parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade nin que son socias ou partícipes de ningunha entidade conxunta.
f) Anexo IV, de certificado do acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, do acordo da agrupación de persoas propietarias, ou do acordo do órgano reitor das sociedades cooperativas compostas polas entidades ou persoas sinaladas anteriormente, de solicitar a correspondente axuda, de nomear á persoa que as represente na tramitación do expediente e que, ademais, conteña o número de vivendas e a superficie total construída dos locais comerciais do edificio, con indicación da súa referencia catastral e das vivendas e locais que participan na actuación.
3. No caso de que a solicitante sexa unha empresa construtora, arrendataria ou concesionaria dos edificios, ou unha empresa de servizos enerxéticos e/ou sociedades cooperativas non compostas por comunidades ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, deberán achegar, ademais da documentación sinalada no punto 1, a seguinte:
a) De ser o caso, certificado do acordo do órgano competente da entidade de solicitar a axuda.
b) Escritura de constitución e/ou estatutos vixentes, debidamente inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
c) Xustificante do pagamento do último recibo do imposto de actividades económicas na actividade económica relacionada coa actuación obxecto da súa solicitude.
d) Contrato vixente, formalizado coa persoa propietaria ou propietarias do edificio que acrediten, segundo o caso, a relación xurídica existente entre a propiedade e a entidade solicitante, así como que a citada entidade solicitante está autorizada expresamente para poder executar as actuacións obxecto da axuda.
4. No caso de que a persoa promotora sexa unha persoa propietaria única dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, deberá achegar ademais a seguinte documentación:
a) Memoria xustificativa da necesidade de realoxo das persoas inquilinas para efectuar a rehabilitación obxecto da solicitude de subvención, no caso de non cumprir o requisito de residencia establecido no ordinal terceiro punto 3.b) desta resolución.
b) Compromiso de destinar as vivendas obxecto de rehabilitación ao alugamento durante un período mínimo de 5 anos, contado desde a data de finalización das obras.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou, de ser o caso, número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa ou entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) DNI ou NIE das persoas partícipes no orzamento protexible das obras, no suposto de actuacións promovidas por comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias.
c) DNI ou NIE das persoas membros das unidades de convivencia das persoas propietarias partícipes no orzamento protexible das obras.
d) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias e que participen no orzamento das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
e) Certificados acreditativos de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
f) Certificado da renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias e que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
g) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias e que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
h) Certificado catastral de titularidade correspondentes á persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias.
i) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso e o ano de construción, para as actuacións promovidas por comunidades ou por agrupación de comunidades de persoas propietarias ou por agrupacións de persoas propietarias ou polas sociedades cooperativas compostas polas entidades ou persoas sinaladas anteriormente, ou pola persoa física propietaria.
j) Alta no imposto de actividades económicas na actividade económica relacionada coa actuación obxecto da súa solicitude.
k) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
l) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
m) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
n) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
ñ) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou das agrupacións de persoas propietarias e que participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia en que concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.
Solicitudes.
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou o edificio.
2. As persoas ou entidades obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos, así como as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen as súas solicitudes presencialmente, requiriráselle para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Comunicación da finalización total ou parcial das obras (Anexo V)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"