Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI422E - Subvencións dos programas de fomento da mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021.
Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2020 as subvencións dos seguintes programas para actuacións de rehabilitación.
Programas de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), con carácter plurianual, que se tramitarán co código de procedemento VI422E.
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Bases reguladoras
As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas nas seguintes disposicións
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, de mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual, código de procedemento VI422E, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 143, do 30 de xullo.
Actuacións subvencionables.
1. Consideraranse actuacións subvencionables da liña A) para o fomento da mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade das vivendas as seguintes:
a) A mellora da envolvente térmica da vivenda ou do edificio para reducir a súa demanda enerxética de calefacción ou refrixeración, mediante actuacións en fachada, cuberta ou calquera paramento da dita envolvente, de mellora do seu illamento térmico; a substitución de carpintarías e acristalamentos dos ocos e o cerramento ou acristalamento das terrazas con teito ou outras, incluída a instalación de dispositivos bioclimáticos e de sombreamento.
b) A instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes, mediante actuacións como: a substitución de equipamento de produción de calor ou frío; a instalación de sistemas de control, regulación e xestión enerxética; o illamento térmico das instalacións de distribución e transporte ou a substitución dos equipamentos de movemento dos fluídos caloportadores; a instalación de dispositivos de recuperación de enerxías residuais; a implantación de sistemas de arrefriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de renovación e a conexión de vivendas a redes de calor e frío existentes, entre outros.
c) A instalación de equipamentos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables, como a enerxía solar fotovoltaica, biomasa ou xeotermia que reduzan o consumo de enerxía convencional térmica ou eléctrica da vivenda. Incluirá a instalación de calquera tecnoloxía, sistema ou equipo de enerxía renovable, como paneis solares térmicos e solucións integrais de aerotermia para climatización e auga quente sanitaria, co fin de contribuír á produción de auga quente sanitaria demandada pola vivenda, ou a produción de auga quente para as instalacións de climatización.
Para a xustificación da demanda enerxética e do consumo de enerxía primaria non renovable na situación previa e posterior ás actuacións sinaladas nas letras a), b) e c), deberase utilizar calquera dos programas informáticos recoñecidos conxuntamente polos ministerios con competencias en fomento e enerxía, turismo e/ou axencia dixital, que se encontran no Rexistro xeral de documentos recoñecidos para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.
Con estas actuacións deberase conseguir unha redución da demanda enerxética anual global sobre a situación previa de, polo menos, un 35 % nas zonas D e E e, un 25 % na zona C, correspondentes ás zonas de clasificación climática establecidas no Código técnico da edificación (en diante, CTE). A dita redución poderase alcanzar de xeito conxunto ou complementario, de calefacción e refrixeración referida a certificación enerxética. Para estes efectos, as actuacións sinaladas nas letras b) e/ou c) deberánse realizar sempre conxuntamente cunha actuación das sinaladas na letra a).
d) As actuacións que melloren o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do CTE protección contra o ruído (DB-HR).
A xustificación da mellora de protección contra o ruído poderase realizar mediante as opcións do DB-HR ou cunha medición da situación posterior á actuación elaborada por un laboratorio ou entidade, de acordo co artigo 10.3 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
e) As actuacións que melloren o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do CTE de salubridade (DB-HS) ou, na súa falta, as que afecten elementos cuxo tratamento permita reducir de forma efectiva no interior da edificación a media anual de concentración de radón a niveis inferiores a 300 Bq/m3 ou coas cales, sen alcanzar o devandito nivel, se reduza a concentración inicial, polo menos, nun 50 %.
A xustificación destas melloras farase mediante os procedementos que se establezan no documento básico do CTE de salubridade (DB-HS) ou, no seu defecto, en virtude das medicións de comprobación dos correspondentes niveis, de acordo co establecido nas guías de seguridade 11.01 e 11.04, do Consello de Seguridade Nuclear.
2. Nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, ademais das anteriores actuacións, serán subvencionables as seguintes:
a) A mellora da eficiencia enerxética das instalacións comúns de ascensores e iluminación, do edificio ou da parcela, mediante actuacións como a substitución de lámpadas e luminarias por outras de maior rendemento enerxético, xeneralizando, por exemplo, a iluminación LED, instalacións de sistemas de control de acceso e regulación do nivel de iluminación e aproveitamento da luz natural.
Para a xustificación da demanda enerxética e do consumo de enerxía primaria non renovable na situación previa e posterior a esta actuación deberase utilizar calquera dos programas informáticos recoñecidos conxuntamente polos ministerios con competencias en fomento e enerxía, turismo e/ou axencia dixital, que se encontran no Rexistro xeral de documentos recoñecidos para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.
Con esta actuación deberase conseguir unha redución da demanda enerxética anual global sobre a situación previa de, polo menos, un 35 % nas zonas D e E e, un 25 % na zona C, correspondentes ás zonas de clasificación climática establecidas no CTE. A dita redución poderase alcanzar de xeito conxunto ou complementario, de calefacción e refrixeración referida a certificación enerxética. Para estes efectos, esta actuación deberase realizar sempre conxuntamente cunha actuación das sinaladas neste punto tres,1.a).
b) A mellora das instalacións de subministración e instalación de mecanismos que favorezan o aforro de auga, así como a implantación de redes de saneamento separativas no edificio e doutros sistemas que favorezan a reutilización das augas grises e pluviais no propio edificio ou na parcela ou que reduzan o volume de vertedura ao sistema público da rede de sumidoiros.
c) A mellora ou acondicionamento de instalacións para a adecuada recollida e separación dos residuos domésticos no interior dos domicilios e nos espazos comúns das edificacións.
d) O acondicionamento dos espazos privativos da parcela, co obxecto de mellorar a permeabilidade do solo, adaptar a xardinaría a especies de baixo consumo hídrico, optimizar os sistemas de rega e outras actuacións bioclimáticas.
e) As actuacións que fomenten a mobilidade sustentable nos servizos e nas instalacións comúns dos edificios ou urbanizacións, tales como a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos nos aparcadoiros ou a adecuación de zonas e instalacións de aparcadoiros de bicicletas.
f) As instalacións de fachadas ou cubertas vexetais.
g) A instalación de sistemas de domótica e/ou sensórica.
3. Consideraranse actuacións subvencionables da liña B), para o fomento da conservación, as seguintes actuacións:
a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións.
b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluídos os procesos de desamiantado.
c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente exixidas.
4. Consideraranse subvencionables da liña B), para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, as seguintes actuacións:
a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluídos os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente.
b) A instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.
c) A instalación de elementos de información ou de aviso, tales como sinais luminosos ou sonoros, que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e no interior das vivendas.
d) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros e análogos.
e) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
f) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do CTE no referido á vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas.
g) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do CTE de seguridade de utilización e accesibilidade (DB-SUA).
Poderán ser beneficiarias das axudas destes programas para esta convocatoria:
a) As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As agrupacións de persoas propietarias.
d) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan a cambio do pagamento da renda.
2. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou ter a residencia legal en España, no caso das persoas estranxeiras.
3. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou entidade solicitante.
4. No caso de que a persoa ou a entidade solicitante sexa unha comunidade, unha agrupación de comunidades de persoas propietarias ou unha agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos puntos anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.
5. As persoas e/ou as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate dunha comunidade, dunha agrupación de comunidades de persoas propietarias ou dunha agrupación de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o importe desta como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias de vivendas e locais, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non se lle atribuirá á dita persoa propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se ratearía entre os restantes membros da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias.
Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias.
As persoas e/ou entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal vixésimo quinto da Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as súas bases reguladoras.
1. Para poder ser subvencionables, as actuacións deberán ser realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios, sempre que estivesen finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996.
2. Será requisito específico das actuacións que se realicen nas vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva que estas constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas inquilinas ou moradoras, no momento de presentar a solicitude deste programa, o que se acreditará co correspondente certificado de empadroamento.
3. Serán requisitos específicos das actuacións que se realicen en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva os seguintes:
a) Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial de vivenda, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles.
b) Que, polo menos, o 50 % de todas as vivendas do edificio constitúan o domicilio habitual das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras no momento de solicitar as axudas. Non se terá en conta este requisito cando se trate dunha persoa propietaria única que tivese que proceder ao realoxamento das persoas inquilinas para efectuar a rehabilitación, se ben deberá xustificar esta circunstancia, así como o compromiso de destinar as vivendas obxecto da rehabilitación ao domicilio habitual das persoas inquilinas.
c) Que as actuacións conten co acordo de executar as obras da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias. Este requisito non se exixirá cando a propiedade do edificio corresponda a unha soa persoa, física ou xurídica.
4. As resolucións de convocatoria poderán incluír requisitos específicos relativos ao inicio e á finalización das actuacións de rehabilitación.
5. Para a obtención destas axudas é necesario que se achegue o proxecto das actuacións que se vaian realizar. Se este non é preciso para a autorización das obras, achegarase unha memoria onde se xustifique a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación (en diante, CTE) e a demais normativa de aplicación. Na memoria identificarase o edificio ou vivenda que se vai rehabilitar, describiranse as actuacións que se vaian realizar, a xustificación da súa necesidade e deberá incluír fotografías onde se amosen os elementos que se rehabilitarán, así como o orzamento desagregado e detallado do investimento. A memoria deberá estar asinada por técnico/a competente, sendo este o/a profesional con capacidade técnica suficiente para redactar o orzamento, dirixir ou executar a obra.
6. Cando sobre un mesmo elemento ou sistema construtivo se soliciten axudas que resulten subvencionables polas dúas liñas de axudas, deberán identificarse e desagregarse, debéndose adscribir a unha soa das dúas liñas. No suposto de que se solicitasen axudas da liña A) e non se acade a redución enerxética exixida, tramitarase como solicitude de axudas da liña B), se se cumpren o resto dos requisitos exixidos.
7. O prazo para executar as obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que poida exceder os vinte e catro meses, contados desde a data de notificación da citada resolución. Este prazo poderase ampliar excepcionalmente ata os vinte e seis meses, mediante resolución do órgano concedente, logo de solicitude da persoa ou entidade interesada, cando se trate de obras da liña A), para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, ou de actuacións que afecten a 40 ou máis vivendas.
Cando o prazo de execución fixado na resolución de concesión fose inferior ao sinalado no parágrafo anterior, este poderá ampliarse ata o citado prazo máximo, logo de solicitude da persoa ou entidade interesada, se concorresen causas que a xustifiquen e sempre que se conte coa correspondente dotación orzamentaria.
8. Nas solicitudes das axudas, as persoas e as entidades solicitantes farán constar as anualidades en que pretenden executar as actuacións, co importe do orzamento imputable a cada exercicio, o cal será vinculante para os efectos da concesión da axuda e do seu pagamento, salvo no suposto de que se solicitase un reaxuste de anualidades, en cuxo caso se estará ao establecido no punto 7 do ordinal vixésimo terceiro.
9. Para os efectos da determinación do custo total das actuacións subvencionables poderanse incluír, ademais, as actuacións preparatorias que se teñan realizado antes da data da presentación da solicitude tales como o custo da redacción dos proxectos, os honorarios das persoas profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos. Na resolución de convocatoria estableceranse os límites temporais para subvencionar, de ser o caso, os custos correspondentes á execución de obras que fosen facturados e aboados con anterioridade á súa publicación.
10. O custo das actuacións subvencionables, incluíndo os gastos sinalados no punto anterior, non poderán superar os custos medios do mercado, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da Base de prezos da construción de Galicia ou normativa que a substitúa.
11. Nas actuacións de reparación, rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981/981541982
Fax: 981541902
Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E) (DOG nº 143 do 30 de xullo de 2019)
Extracto da Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E) (DOG nº 143 do 30 de xullo de 2019)
Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (DOG nº 38 de 26 de febreiro de 2020).
Extracto da Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (código de procedemento VI422E, programas de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021, con carácter plurianual) (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2020).
Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dispón a continuación do prazo de presentación de solicitudes de varios procedementos de subvencións (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).
Resolución do 8 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2020 (DOG nº 116 do 15 de xuño de 2020).
Resolución do 16 de novembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018–2021, para o ano 2020 (DOG nº 233 do 18 de novembro de 2020).
Resolución do 20 de novembro de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións previstas no ordinal décimo terceiro da Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (código de procedemento VI422E), programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018–2021 (DOG nº 237 do 24 de novembro de 2020).
Resolución do 22 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da convocatoria para o ano 2020 dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (DOG núm. 23 do 4 de febreiro de 2021).
Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2020 (DOG nº 112 do 15 de xuño de 2021).
Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 do 10 de marzo de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
27/02/2020 00:00 - 26/03/2020 23:59
17/04/2020 00:00 - 26/04/2020 23:59
27/04/2020 00:00 - 02/06/2020 23:59
Continúa o prazo de presentación de solicitudes ata o 2 de xuño de 2020 nos termos previstos na Resolución do 14 de maio de 2020.
Mantense o prazo de solicitudes dende o 27-04-2020 ata o 24-05-2020 nos termos previstos na Resolución do director xeral do IGVS, do 5 de abril de 2020.
Ábrese o prazo de solicitudes ata o 26-04-2020, nos termos previstos na Resolución do director xeral do IGVS, do 5 de abril de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución (código de procedemento VI422E). Deberase dirixir á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou o edificio.
2. Neste formulario constan como de obrigada consignación os seguintes campos: datos do edificio ou vivenda que se vai rehabilitar, resumo valorado das actuacións de rehabilitación previstas e anualidades de execución. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os citados campos obrigatorios non serán admitidas a trámite.
3. Coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa física ou entidade solicitante, de ser o caso. A representación deberase acreditar a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.
b) No caso de que a solicitante sexa unha persoa física ou unha agrupación de persoas propietarias, que non consten como titulares catastrais, escritura pública, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da vivenda.
c) No caso das comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, copia da escritura da división horizontal.
d) Proxecto técnico ou, se non fose preciso para a autorización das obras, memoria descritiva das actuacións que se van realizar, co contido sinalado no punto 5º do ordinal oitavo das bases reguladoras.
e) Informe técnico con data anterior á presentación da solicitude de axuda que acredite a necesidade da actuación, salvo que a xustificación da actuación se acredite no proxecto técnico ou na memoria descritiva das actuacións.
f) Para as actuacións da liña A), certificación da demanda enerxética ou, de ser o caso, do consumo de enerxía non renovable previa á actuación e, de ser o caso, os restantes documentos xustificativos sinalados no ordinal noveno das bases reguladoras.
g) Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación da resolución da convocatoria.
h) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se vai realizar. No suposto de non contar aínda coa licenza, achegarase a correspondente solicitude de licenza.
i) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida a licenza. No caso de teren transcorrido máis de quince (15) días hábiles, contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable da persoa ou entidade promotora da actuación de non ter sido requirida para a súa emenda.
j) No caso de edificios e vivendas declarados ben de interese cultural (en diante, BIC), catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.
4. No caso de que a solicitante sexa unha persoa física propietaria ou inquilina dunha vivenda unifamiliar ou dunha vivenda en edificio de tipoloxía residencial colectiva, unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, deberán presentar, ademais, de ser o caso, a documentación seguinte:
a) Anexo VI (código de procedemento VI422E), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia (deben presentarse tantos anexos VI como vivendas participes e interesadas na subvención se sinalen nos anexos I e VIII).
b) Anexo VII (código de procedemento VI422E), de declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia das persoas participes nas obras e interesadas na subvención, no caso de non estar obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF), xunto coa seguinte documentación:
– Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no dito exercicio.
– Certificado de pensións ou prestacións periódicas emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS).
– Certificado das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.
c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou das agrupacións de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, e/ou das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de non ser emitido pola Xunta de Galicia.
d) Copia do contrato de alugamento na vivenda obxecto da actuación, con indicación da súa referencia catastral, para o caso de persoas inquilinas promotoras da actuación.
e) Acordo asinado coa persoa propietaria onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa inquilina asume o custo destas, a cambio do pagamento da renda. Neste acordo deberá constar expresamente que entre as partes non existe parentesco en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou de afinidade nin que son socias ou partícipes de ningunha entidade conxunta.
f) Anexo VIII (código de procedemento VI422E), de certificado do acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, ou do acordo da agrupación de persoas propietarias, de solicitar a correspondente axuda, de nomear a persoa que as represente na tramitación do expediente e que, ademais, conteña o número de vivendas e a superficie total construída dos locais comerciais partícipes nas obras e interesados na subvención, con indicación da súa referencia catastral.
g) Anexo IX (código de procedemento VI422E), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras da actuación ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención, só naqueles supostos nos que non se acredite o destino previo da/s vivenda/s como domicilio habitual e permanente exixido nos puntos 2 e 3.b) do ordinal oitavo das bases reguladoras.
5. No caso de que a persoa promotora sexa unha persoa propietaria única dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, deberá presentar, ademais, a seguinte documentación:
a) Memoria xustificativa da necesidade de realoxamento das persoas inquilinas para realizar a rehabilitación obxecto da solicitude de subvención, no caso de non cumprir o requisito de residencia establecido no punto 3.b) do ordinal oitavo das bases reguladoras.
b) Compromiso de destinar as vivendas obxecto de rehabilitación ao domicilio habitual das súas persoas inquilinas.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias ou inquilinas dunha vivenda ou local do edificio, partícipes nas obras e interesadas na subvención, e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, de ser o caso.
b) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
f) Certificados de empadroamento das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras da actuación, ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención, de ser o caso.
g) Certificados acreditativos de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
h) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
i) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
j) Certificado catastral de titularidade correspondente á persoa solicitante ou, de ser o caso, ás persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
k) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van a levar a cabo as actuacións que acredite o seu uso e o ano de construción, para as actuacións promovidas por comunidades ou por agrupacións de comunidades de persoas propietarias, ou por agrupacións de persoas propietarias ou pola persoa física propietaria.
l) Consulta de bens inmobles.
m) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
n) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
ñ) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
o) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
p) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, VI e IX (código de procedemento VI422E) e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes
- Declaración responsable e comprobación de datos das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia (Anexo VI)
- Declaración responsable e comprobación de datos das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras na actuación ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención (Anexo IX)
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia, das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención (Anexo VII)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Comunicación da finalización parcial e total das obras (Anexo X)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"