Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI408K
Participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
1. Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), que se tramitará co código de procedemento VI408K.
2. Así mesmo, mediante esta resolución establécense as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.
3. Igualmente, por medio desta resolución ábrese o prazo de presentación de solicitudes de participación neste programa para a anualidade 2020.
Poderán participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural os concellos que teñan algunha área de rehabilitación integral (en diante, ARI) declarada no seu termo municipal. Non obstante, o IGVS poderá establecer limitacións á participación dos concellos respecto das súas ARI que xa obtivesen financiamento con cargo a convocatorias anteriores deste programa no ámbito do Plan 2018-2021. De ser o caso, estas limitacións especificaranse na resolución de apertura do prazo de solicitudes de participación deste programa.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Fax: 981541927
Email: sx.igvs@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/07/2020 00:00 - 30/07/2020 23:59
Os concellos interesados en participar neste programa no ano 2020 deberán presentar a súa solicitude no prazo dun (1) mes, que se contará a partir do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no DOG.
- De conformidade co artigo 49 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, a materialización da participación no programa terá lugar a través da formalización dun acordo específico entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o correspondente concello, no cal se establecerá que o concello actúa como entidade xestora do programa. O citado acordo fixará o financiamento máximo previsto, as anualidades correspondentes ás achegas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, da Comunidade Autónoma de Galicia e os demais compromisos que deriven deste programa.
- Nos termos previstos na normativa de subvencións e no Convenio entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan 2018-2021, os concellos asumirán as obrigas de publicidade establecidas para potenciar a difusión da información das actuacións deste programa. Esta información constará nos carteis exteriores descritivos das obras de rehabilitación ou renovación e de urbanización, nos cales figurará o importe das subvencións achegadas polas distintas institucións. Tamén deberán figurar carteis nas oficinas municipais de rehabilitación nos cales se faga constar que as respectivas actuacións son financiadas con achegas das administracións asinantes dos acordos específicos.
- A execución deste programa deberá estar finalizada e xustificada antes do 31 de decembro de 2021.
- A convocatoria das subvencións que realice o concello, unha vez asinado o acordo específico, deberase axustar ás bases reguladoras aprobadas nesta resolución e aos demais requisitos establecidos no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.
- A falta de execución das actuacións previstas nos acordos específicos poderá ser tida en conta polo IGVS para os efectos, de ser o caso, da formalización de novos acordos de financiamento ao abeiro deste programa.
- Os concellos que queiran participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución.
- Os concellos que teñan varias ARI declaradas no seu termo municipal deberán presentar unha solicitude para cada unha das áreas que queiran incorporar a este programa.
- A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.
- No formulario de solicitude, a persoa representante do concello realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade pública ou privada ou, de ser o caso, declaración de que non se solicitaron ou obtiveron outras axudas para a mesma finalidade. No caso de que se solicitasen ou obtivesen outras axudas para a mesma finalidade, deberanse indicar cales, así como o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou concedida para a mesma finalidade.
c) Declaración responsable de que o concello non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas das previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de que o concello está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 13.2.g) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
e) Declaración responsable de que o concello coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nesta resolución.
f) Declaración responsable de que todos os datos consignados na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
Forma de presentación das solicitudes de participación
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
2. Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento
1. Os concellos deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo municipal de solicitar a participación neste programa e do compromiso do concello de actuar como entidade xestora das actuacións, logo da sinatura do correspondente acordo específico.
b) Anexo II, relativo á oficina municipal de rehabilitación, no cal se relacionará o persoal adscrito á oficina, os locais, os medios materiais e outros recursos empregados no desenvolvemento das tarefas da oficina municipal de rehabilitación.
c) De ser o caso, certificado da persoa titular da Secretaría municipal do concello onde se faga constar que a ARI para a cal se solicita a participación non obtivo financiamento con cargo a convocatorias anteriores deste programa no ámbito do Plan 2018-2021 ou, de ser o caso, que se realizou a correspondente convocatoria, así como o grao de execución das actuacións ou do financiamento comprometido, de cada acordo desa ARI, nos termos que se establezan en cada procedemento de apertura do prazo de solicitudes de participación neste programa.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Os concellos interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algún dos concellos presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que os concellos deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Número de identificación fiscal do concello.
b) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro/a da persoa representante.
c) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, de obrigas coa Seguridade Social e/ou de obrigas tributarias, e de non ter débedas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Certificado de ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais de cada exercicio.
2. Cando os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado para tal efecto no anexo I e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados que presenten os documentos correspondentes.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa e se abre o prazo de participación para a anualidade 2020 (DOG nº 128 do 30 de xuño de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59
Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción
Prazo aberto: 02/06/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59
Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.
Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59