Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI408G
Cualificación definitiva para participar no Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago ou da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para participar no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), abrindo o prazo para solicitar a participación neste programa.
1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán solicitar a cualificación provisional:
a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
b) As agrupacións de persoas propietarias.
c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.
2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán solicitar a cualificación provisional:
– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
– As administracións públicas con competencias neste ámbito.
3. Para solicitar a cualificación definitiva será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.
4. A obtención da cualificación definitiva non xera para a súa persoa titular o dereito á concesión da subvención nin comporta a súa consideración de persoa beneficiaria da axuda.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184824
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
1. As actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, se é o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
2. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras subscrito polo/a técnico/a competente, presentado coa solicitude de cualificación provisional ou, de ser o caso, á memoria elaborada para a súa execución.
O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen as actuacións que se pretende executar, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra que se vaian executar, sinalando o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha mellora da eficiencia enerxética, deberá especificarse a porcentaxe da dita mellora respecto da situación de partida.
As actuacións que se vaian executar deberán especificarse de conformidade coa desagregación establecida no modelo de solicitude de cualificación provisional.
3. As actuacións de rehabilitación e renovación realizaranse de conformidade cos criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
4. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario o acordo validamente adoptado, da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias, de executar as obras.
5. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do ano en que se presente a solicitude de cualificación provisional e non poderán en ningún caso estar finalizadas na data da presentación da dita solicitude.
6. O prazo máximo de execución da actuación virá determinado na resolución de cualificación provisional.
7. O custo de todas as actuacións subvencionables incluirá tamén os honorarios das persoas profesionais que interveñan, o custo da redacción dos proxectos, direccións técnicas ou facultativas, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto similar, derivado da actuación, sempre que estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
8. O custo subvencionable das obras, incluídos os gastos sinalados no punto anterior, non poderá superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da base de prezos da construción de Galicia ou normativa que a substitúa.
A solicitude para a cualificación definitiva realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora, como anexo anexo IV (código de procedemento VI408G) a esta resolución. Deberán dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio ou o espazo público en que se vaian realizar as obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.
As persoas físicas presentarán as solicitudes preferiblemente por vía electrónica, a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, así como quen actúe na súa representación, deberán presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. No caso de presentar a súa solicitude de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria para a solicitude de cualificación definitiva.
Coa solicitude de cualificación definitiva deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas.
b) Memoria en que se describan as actuacións realizadas e en que se xustifique, de ser o caso, o aforro enerxético derivado da actuación.
c) Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición, conforme o anexo VII.
d) Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagamentos en efectivo, nin se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibo da persoa provedora para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.
e) Licenzas e/ou autorizacións preceptivas, no caso de non telas achegado con anterioridade.
f) Certificado do inicio das obras, emitido polo/a técnico/a responsable da obra ou, de ser o caso, pola empresa contratista, no caso de non ter iniciado as obras con anterioridade á publicación desta resolución no DOG.
g) Certificado do remate das obras, en que se faga constar que as actuacións realizáronse conforme os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
h) Copia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo que se pretende executar supere a contía de 40.000 euros. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
i) Para as actuacións previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, do programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, de ser o caso:
Certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións, en que se acredite a redución da demanda ou de consumo, emitido por técnico/a competente.
Acta de medición que acredite a mellora das condicións de protección fronte ao ruído, se non se xustifica previamente mediante as opcións recollidas no documento básico de protección fronte ao ruído do CTE.
Acta de medición da situación unha vez finalizadas as obras, que acredite o cumprimento da redución de forma efectiva da concentración da media anual do radon no interior da vivenda, de non utilizar as solucións que recolla o documento básico de salubridade-protección fronte ao radon do CTE.
As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, así como quen actúe na súa representación, deberán presentar a documentación complementaria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que se presentase a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas presentarán a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
As persoas e as entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial, sen prexuízo dos requirimentos que, para estes efectos, lle poida realizar o órgano instrutor.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para la tramitación da calificación provisional (procedimiento VI408F) se consultarán los datos incluidos en los siguientes documentos elaborados por las administraciones públicas:
a) Documento nacional de identidad (DNI) o número de identidad de extranjero/a (NIE) de la persona solicitante.
b) Número de identificación fiscal (NIF) de la entidad solicitante.
c) DNI o NIE de la persona física representante.
d) NIF de la entidad representante.
e) Certificación catastral de titularidad correspondiente a la persona o entidad solicitante o, en su caso, a las personas que sean miembros de comunidades o agrupaciones de comunidades de personas propietarias o agrupaciones de personas propietarias.
f) Consulta descriptiva y gráfica de los datos catastrales de la vivienda o viviendas en la que se van a llevar a cabo las actuaciones, que acredite su uso para las actuaciones promovidas por la persona o entidad solicitante.
2. No será necesario adjuntar los documentos que ya hayan sido presentados anteriormente. A estos efectos, la persona o entidad interesada deberá indicar en qué momento y ante qué órgano administrativo presentó los citados documentos. Se presumirá que esta consulta es autorizada por las personas o entidades interesadas, salvo que conste en el procedimiento su oposición expresa.
3. En los supuestos de imposibilidad material de obtener el documento, el órgano competente podrá requerir a la persona o entidad interesada su presentación o, en su defecto, la acreditación por otros medios de los requisitos a los que se refiere el documento, con anterioridad al planteamiento de la propuesta de resolución.
Trámites posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta de cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).
-
Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (DOG nº 61 do 29 de marzo de 2022).
-
Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).
-
Resolución do 3 de maio de 2024 pola que se dá publicidade á relación das persoas beneficiarias do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra (DOG nº 95 do 16 de maio de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
-
Real Decreto 1084/2020, de 9 de diciembre, por el que se modifica el Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda 2018-2021 y la Orden TMA/378/2020, de 30 de abril, por la que se definen los criterios y requisitos de los arrendatarios de vivienda habitual que pueden acceder a las ayudas transitorias de financiación establecidas en el artículo 9 del Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19 (BOE nº 322 de 10 de diciembre de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano