Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI408G
Cualificación definitiva para participar no programa de rexeneración e renovación urbanas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
2. Para solicitar a cualificación definitiva será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184824
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Prazo de presentación: PECHADO
29/12/2015 00:00 - 02/07/2019 23:59
Segundo a Resolución do 20 de xuño de 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019), péchase o prazo, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar as solicitudes de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan 2013-2016.
coa solicitude ou, de ser o caso, á memoria subscrita polo/a técnico/a competente.
O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen
a rehabilitación do edificio ou vivenda, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra
que se vaia executar, sinalando o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha
mellora da eficiencia enerxética, deberá especificarse a porcentaxe da dita mellora respecto
da situación de partida.
O proxecto ou memoria técnica deberá conter, ademais, os seguintes datos do edificio:
situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie
sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se vaian
realizar.
As actuacións que se vaian executar deberán especificarse de conformidade coa desagregación
establecida no modelo de solicitude que se xunta como anexo II.
2. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será
requisito necesario contar co correspondente informe de avaliación, cuxo contido debe
axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, así
como co acordo validamente adoptado da comunidade de propietarios/as ou agrupación
de comunidades de propietarios/as.
3. Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse
ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de
todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
4. As actuacións de rehabilitación deberán terse iniciado con posterioridade á data de
entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 e en ningún caso deberán estar finalizadas na
data da publicación desta orde.
5. O prazo máximo de execución e xustificación do pagamento das obras será o 31 de
outubro de 2016.
6. As actuacións protexibles incluirán, para os efectos da determinación do custo total
das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados
necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto
derivado da actuación, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo
total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
7. O custo protexible subvencionable das obras, incluíndo os gastos sinalados no número
anterior, non poderán superar os custos medios do mercado que correspondan a tales
actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da
Base de prezos da construción de Galicia 2011 ou normativa que a substitúa.
1. Xunto coa solicitude de cualificación definitiva deberá achegarse a seguinte documentación:
a) DNI da persoa solicitante ou do representante, para o suposto de non ter autorizado
a súa consulta.
b) Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas.
c) Memoria en que se describan as actuacións realizadas e en que se xustifique, de ser
o caso, o aforro enerxetico derivado da actuación.
d) Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán
reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII.
e) Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non
se admitirán pagamentos en efectivo nin se admitirán como xustificantes os obtidos a traves
da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de
códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente,
admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.
f) Licenzas e/ ou autorizacións preceptivas.
g) Certificado do inicio das obras, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade
á resolución desta orde, emitido polo/a tecnico/a responsable da obra ou, de ser o caso,
pola empresa contratista.
h) Certificado do remate das obras e, de ser o caso, certificado de instalacións termicas,
electricas ou da posta en marcha de ascensor tramitado ante a Consellería de Economía,
Emprego e Industria.
i) Certificado emitido pola empresa que executou as obras, en que se recolla o seu
nome, enderezo e NIF.
l) Copia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe
do custo que se vai executar supere a contía de 30.000 . A elección entre as ofertas
presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberase xustificar
expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis
vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Prazo de resolución: Dous meses, a contar desde a data da presentación da solicitude da cualificación definitiva
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa. (DOG nº 246 do 28 de decembro de 2015).
-
Orde do 23 de febreiro de 2018, pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2015, pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2018).
-
Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se acorda o peche do prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano