Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI408K
Participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
1. Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para a participación no programa fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.
2. Así mesmo, por esta orde se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.
Poderán participar no programa de rexeneración e renovación urbana e rural os concellos que teñan algunha ARI declarada no seu termo municipal.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Fax: 981541927
Email: sx.igvs@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/08/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Os concellos que queiran participar no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo que figura como anexo I a esta orde.
Os concellos que teñan varias ARI declaradas no seu termo municipal deberán presentar unha solicitude para cada unha das áreas que queiran incorporar a este programa.
A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.
Os concellos deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo municipal de solicitar a participación neste programa e do compromiso do concello de actuar como entidade xestora das actuacións, logo da sinatura do correspondente acordo específico.
b) Anexo II, relativo á oficina municipal de rehabilitación, no que se relacionará o persoal adscrito á oficina, os locais, os medios materiais e outros recursos empregados no desenvolvemento das tarefas da oficina municipal de rehabilitación.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
a) Número de Identificación Fiscal do concello.
b) Documento Nacional de Identidade ou Número de Identidade de Estranxeiro da persoa que ostente a titularidade da alcaldía ou da persoa en quen delegue.
c) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que o concello non ten pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Certificación de ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais de cada exercicio.
2. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Forma de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
2. Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Prazo de resolución: Aplícase a Ley 39/2015.
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa (DOG nº 156 do 17 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59