Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR802H
Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través do seguinte programa de axuda:
Programa I - Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (procedemento TR802H).
A finalidade deste programa de subvencións é o fomento e consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.
Actividades e gastos subvencionables.
1. Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:
a) Alugamentos de locais e equipamentos.
b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de traballo, as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.
c) Axudas de custo e desprazamento.
d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.
e) Primas de seguros.
f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.
g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.
h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe auditor da conta xustificativa a que se refire o artigo 29. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.
j) Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Emprego, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781
Teléfono: 981545679
Prazo de presentación: PECHADO
08/02/2019 00:00 - 07/03/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e cumprir os requisitos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Para seren beneficiarias, as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Teren personalidade xurídica propia e independente.
b) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.
c) Estaren ao día no cumprimento das obrigas referidas a depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes, segundo o establecido na normativa de aplicación.
- Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unións de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible para cada programa (anexos I e IV) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realice a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
A documentación que se deberá achegar coa solicitude é a seguinte:
a) Memoria asinada pola persoa que exerza a representación legal da entidade e que conteña:
1. Relación nominal das entidades socias (no caso de que a entidade socia sexa unha cooperativa de segundo grao, debe especificar o número das de primeiro grao integradas nela).
2. Centros de traballo, o seu domicilio e horario de apertura, así como o número de persoas traballadoras adscritas, con indicación para cada unha delas do sexo, tipo de contrato e número de horas traballadas.
3. Breve descrición das actividades realizadas durante o ano 2018, así como das previstas para a súa realización no ano 2019.
b) RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e RNT (relación nominal de traballadores) do último mes relativo ao persoal adscrito aos centros de traballo declarados na memoria, así como os documentos acreditativos da condición de persoa con discapacidade ou de persoa en situación ou risco de exclusión social, se é o caso.
c) Documentación acreditativa do plan de acción e implantación das medidas de responsabilidade social empresarial.
d) Relación individualizada dos gastos de funcionamento para os cales se solicita a axuda, cuantificados economicamente en todos os seus conceptos e co IVE desagregado.
e) No caso de asociacións de sociedades laborais, certificación acreditativa das inscricións practicadas no rexistro público onde figure inscrita e copia dos estatutos sociais e das súas modificacións, se é o caso, así como relación de entidades socias debidamente certificada.
f) Certificación ou documentación análoga que acredite a integración da entidade solicitante nunha entidade de intercooperación, se é o caso.
g) Se é o caso, documentación acreditativa de que a entidade solicitante non pode recuperar o IVE soportado.
h) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día das obrigas coa Atriga.
e) Certificación de estar ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio do programa correspondente e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2019).
-
Corrección de erros. Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 7 de febreiro) (DOG nº 203 do 24 de outubro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano