Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA304B
Participación no living lab de saúde de Ourense da rede de living labs de saúde de Galicia (LABSAÚDE)
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Sanidade
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, o procedemento de selección das entidades participantes que poderán participar no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).
O obxectivo xeral do Living Lab de Ourense é a creación dun ecosistema de innovación no ámbito da saúde, que impulse a cooperación segundo o modelo da cuádrupla hélice (administracións públicas, academia, empresas e usuarios). Nesta liña, os principais obxectivos do Living Lab de Ourense son:
– Crear un ecosistema de innovación aberta baseado nun enfoque de co-creación sistemático que integre actividades de innovación no desenvolvemento de produtos e servizos orientados ao sistema sanitario.
– Promover a creación de proxectos innovadores nunha contorna en que actúan múltiples axentes e que sitúa os usuarios no centro de todo o proceso de innovación para dar resposta a necesidades reais detectadas no Sistema de saúde de Galicia.
– Dotar as entidades participantes dun espazo físico a modo de centro demostrador para que, nunha contorna real, poidan testar os prototipos que desenvolvan.
Así mesmo, por medio desta resolución convócase o procedemento de selección das entidades participantes ao abeiro destas bases (código de procedemento SA304B).
Proxectos elixibles
1. A participación no Living Lab está aberta a iniciativas de carácter innovador xa sexa en produto/servizo, en procesos e/ou no modelo de negocio tanto no sector sanitario e biomédico como naqueles que sexan transversais ao sector saúde: alimentación, TIC, novos materiais e construción, electrónica e robótica.
2. Os proxectos que se presenten deberán ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade; estes resultados deberán ter potencial comercial e xerar retornos, independentemente do prazo en que estes se produzan.
3. Os proxectos presentados deberán estar situados nun TRL7 ou superior. Os TRL ou Technology Readiness Levels refírense aos niveis de madurez dunha tecnoloxía (anexo III). De acordo co sistema TRL, considéranse nove niveis, que se estenden desde os principios básicos da nova tecnoloxía ata chegar ás súas probas con éxito nunha contorna real.
1. Poderán participar as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais.
As empresas poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as seguintes definicións:
– Pequena e mediana empresa: segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Tamén dentro desta categoría, considerarase microempresa aquela que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual o cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán terse en conta as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
– Grande empresa, enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
2. Os participantes tamén poderán ser organismos de investigación como centros de tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica ou universidades públicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981555103
Email: labsaude@sergas.es
Prazo de presentación: PECHADO
14/03/2020 00:00 - 02/11/2020 23:59
Por RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2020 (publicada no DOG nº 171 do 25 de agosto) amplíase o prazo de solicitudes ata o día 31 de outubro de 2020. Por aplicación da Lei 39/2015, se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
(Reanudouse o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 31-08-2020 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorrogou o estado de alarma do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19) (BOE núm.145 de 23 de maio de 2020)
Non terán a consideración de beneficiarios aqueles organismos que formen parte do sistema sanitario público galego, debido a que teñen á súa disposición a Plataforma de innovación sanitaria para canalizar as súas propostas.
As entidades participantes deberán estar ao día nas súas obrigacións coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser consideradas empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser participantes aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo
1. A información que debe figurar no anexo I é a seguinte:
– Título do proxecto.
– Acrónimo do proxecto.
– Liña de innovación.
– Necesidade detectada.
– Descrición do proxecto.
– Aspectos innovadores/tipo de innovación.
– Descrición da incorporación de cidadáns ou pacientes no desenvolvemento do proxecto.
– Impacto/beneficio esperado.
– Obxectivos e prioridades con que se aliña o proxecto.
– Potencial comercial da solución proposta.
– Motivo de interese de participar no Living Lab de Ourense e a través de que medios coñeceu esta convocatoria.
2. As entidades interesadas deberán achegar xunto co anexo I a seguinte documentación:
• Plan de empresa.
• Modelo de negocio segundo o anexo II.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. Só se admitirán aquelas solicitudes que estean debidamente asinadas.
6. A documentación presentada non será devolta. Non se poderá presentar documentación adicional unha vez finalizado o prazo de admisión de candidaturas, salvo que sexa requirida polo órgano instrutor durante o período de corrección.
7. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitada no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao comezo do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
- Iniciación
- Modelo de negocio segundo anexo II
- Niveis de TRL (Technology Readiness Levels) (Anexo III)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Desestimado
- Fase posterior
- Acordo de colaboración (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 3 de marzo de 2020 pola que se pon en marcha a Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (denominada Labsaúde) e se aproban e publican as bases reguladoras para o procedemento de selección das entidades que participarán no Living Lab de Ourense e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SA304B) (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2020).
-
Resolución do 13 de agosto de 2020 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Resolución do 3 de marzo de 2020 pola que se pon en marcha a Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (denominada Labsaúde) e se aproban e se publican as bases reguladoras para o procedemento de selección das entidades que participarán no Living Lab de Ourense, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 171 do 25 de agosto de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano