Guía de procedementos e servizos

PR472A

Expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/10/2021 00:00 - 28/10/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

As/os aspirantes que superaron o curso selectivo deberán presentar una solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución (código PR472A) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa administrativa e dúas fotografías tamaño carne de identidade, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As persoas que teñan superado o curso formativo para habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Email: formacion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/07/2021 00:00 - 09/08/2021 23:59

15/10/2021 00:00 - 28/10/2021 23:59

No prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública da relación definitiva das persoas que superaron o curso formativo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día 15 ao 28 de outubro de 2021.

  • Expedición e renovación da habilitación. ( 30.48.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

- Solicitude segundo o Anexo II.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR472A (Expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas)

As persoas que teñan superado o curso formativo deberán achegar coa solicitude:

1. Xustificante do  pagamento da taxa administrativa (código: 30.48.02),.

2. Dúas fotografías tamaño carné de identidade, co nome e apelidos escritos no dorso.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, ó órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou , no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formación da propostas de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2021).

    • Anuncio do 16 de xuño de 2021 polo que se lles informa ás persoas interesadas na obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas da convocatoria de cursos para obtención da acreditación de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público (DOG nº 120 do 25 de xuño de 2021).

    • Resolución do 20 de setembro de 2021 pola que se convocan 2 edicións do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

    • Relación de persoas aptas nos cursos de “Control de Acceso” celebrados os días 5 e 7 de outubro de 2021.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR461B

Inscrición no proceso selectivo unitario de policía local. Oposición libre.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/07/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano