Guía de procedementos e servizos

PR472A

Expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 10/01/2020 00:00 - 23/01/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

As/os aspirantes que superaron as probas deberán presentar una solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución (código PR472A) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As persoas que superaron as probas para habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Email: formacion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Prazo de presentación: PECHADO

10/01/2020 00:00 - 23/01/2020 23:59

As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido no apartado sexto desta resolución no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/os aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.

  • Expedición e renovación da habilitación. ( 30.48.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR472A (Expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas):

a) Xustificante do ingreso da taxa (código: 30.48.02), co selo da entidade bancaria con indicación da data.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, ó órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou , no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formación da propostas de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

  • Taxa.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas no apartado quinto desta resolución, debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Conselleria de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Código: 04

Delegación de Servizos Centrais

Código: 13

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos

Código: 20

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación

Código:30.48.02

Total: 6.08 euros

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).

    • Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).

    • Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).

    • Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).

    • Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Resolución do 27 de setembro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 191 do 8 de outubro de 2019).

    • Resolución do 8 de novembro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 219 do 18 de novembro de 2019).

    • Resolución do 4 de decembro de 2019 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2019).

    • Resolución do 20 de decembro de 2019 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 27 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 191, do 1 de outubro) (DOG nº 5 de 9 de xaneiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano