Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR472A
Expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
As/os aspirantes que superaron as probas deberán presentar una solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II desta orde (código PR472A) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
As persoas que superaron as probas para habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avenida da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206110
Email: formacion.agasp@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/11/2017 00:00 - 27/11/2017 23:59
As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido na disposición cuarta da orde do 24 de agosto de 2017 no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/dos aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.
O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición terceira desta orde, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:
Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Código: 04.
Delegación de Servizos Centrais.
Código: 13.
Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.
Código: 20.
Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.
Código: 30.48.02.
Total: 5,92 euros.
Solicitude segundo o Anexo II da orde do 24 de agosto de 2017.
Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).
-
Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).
-
Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).
-
Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).
-
Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).
-
Orde do 24 de agosto de 2017 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 171 do 8 de setembro de 2017).
-
Resolución do 2 de novembro de 2017 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas (DOG nº 215 do 13 de novembro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.
Aberto todo o ano