Guía de procedementos e servizos

PR472A

Expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 03/08/2018 00:00 - 17/08/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

As/os aspirantes que superen as probas deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II desta orde (código PR472A), xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lles sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As persoas que superaron as probas para habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Subdirección Xeral de Interior e Seguridade

Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo

R/ Roma, 25-27, Fontiñas

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546499

Fax: 981540183

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

03/08/2018 00:00 - 17/08/2018 23:59

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da Resolucióndo 20 de xullo de 2018, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A) que se publicou como anexo II na Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85, do 3 de maio), xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición terceira desta orde. Deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Conselleria de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Código: 13.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 5.98 euros.

  • Expedición e renovación da habilitación. ( 30.48.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo II da Resolución do 20 de abril de 2018.

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).

    • Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).

    • Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).

    • Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).

    • Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).

    • Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 85 do 3 de maio de 2018).

    • Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).

    • Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).

    • Resolución do 20 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio) (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano