Guía de procedementos e servizos

PR461D

Inscrición no proceso selectivo unitario de policía local. CONCURSO

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 18/08/2022 00:00 - 14/09/2022 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local, escala básica,categoría de policía, subgrupo C1, códigos de procedemento PR461B para o proceso de acceso por oposición libre e PR461D para o proceso de provisión por mobilidade.

Obxecto da convocatoria.

1. O obxecto do proceso de acceso por oposición libre é cubrir 60 prazas dos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1.

O obxecto do proceso de provisión por mobilidade é cubrir 18 prazas dos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1.

2. As prazas non cubertas no proceso de provisión por mobilidade acumularanse ao proceso de acceso por oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp).

3. O número, denominación e características das prazas que se convocan nestes procesos especifícanse no anexo III desta orde.

Ata a data final en que se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas nestes procesos, logo de publicación no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a través de resolución da Dirección Xeral da Agasp, pode ser modificado o anexo III desta orde, relativo ao número, denominación e características das prazas que se convocan.

4. Estes procesos rexeranse polo establecido nestas bases e, para o non previsto, aplicarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve, na Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía local ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, e no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

5. Os códigos dos procedementos regulados nesta orde son PR461B para o proceso de acceso por oposición libre e PR461D para o proceso de provisión por mobilidade.

Funcionarios aspirantes a outros Corpos da Policia Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Rúa da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

18/08/2022 00:00 - 14/09/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas en participar no proceso de provisión por mobilidade deberán cumprir na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

b) Ter en propiedade, a categoría de policía noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar en servizo activo na categoría de policía noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Contar cun mínimo de tres anos de servizos na categoría de policía do dito corpo.

e) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

f) Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figura como anexo II a esta convocatoria.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

A participación nestes procesos de selección é voluntaria, e implica que se presta consentimento para realizar as probas e os exercicios psicotécnicos, aceptando que o resultado desas probas sexa empregado como factor de valoración, de conformidade co previsto nestas bases.

Taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso deberase aboar, dentro do prazo de presentación de solicitudes, en concepto de dereitos de exame, o importe de 33,13 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

Para pagar a taxa deberase actuar da seguinte maneira:

‒ Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

‒ Pagamento electrónico-con certificado dixital: poderá realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

‒ Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na solicitude, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras, colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberá achegarse coa solicitude de participación no proceso o xustificante selado pola entidade bancaria.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes. Código 04.

Delegación: Pontevedra. Código 40.

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública. Código 19.

Taxa: denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos de Policía Local de Galicia. Código 30.03.04.

A falta de pagamento da taxa correspondente, de ser o caso, determinará a exclusión no proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

Exención e bonificación no aboamento da taxa.

1. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición.

‒ Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

‒ Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

2. Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

‒ A persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

‒ Ás persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

‒ Ás vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste artigo, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a seguinte documentación:

‒ Familia numerosa categoría xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

‒ Persoas con discapacidade: tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

‒ Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

‒ Persoas en situación de desemprego: certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e antigüidade como demandante de emprego.

Documentación complementaria.

As persoas interesadas no proceso de provisión por mobilidade deberán achegar coa solicitude correspondente ao procedemento PR461D (anexo II) a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04).

b) Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

c) Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

d) Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e) Relación dos méritos que se acrediten, por cada unha das partes de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo IV.

f) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados. A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos.

g) Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de policía nos corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia, de estar en servizo activo na dita categoría, de contar cunha antigüidade mínima de tres anos nesa categoría, de levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino e de non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

- As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

- A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberáse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

- No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

Para a tramitación do proceso de provisión por mobilidade, código de procedemento PR461D, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Títulos oficiais universitarios.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.

b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Decreto 60/2010, do 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos (DOG nº 75 do 22 de abril de 2010)

    • Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 89 do 12 de maio de 2010).

    • Corrección de erros.-Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 98 do 26 de maio de 2010).

    • Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2016)

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009)

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2022).

    • Resolución do 26 de agosto de 2022 pola que se modifica a relación de prazas dos procesos convocados pola Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 163 do 29 de agosto de 2022).

    • Resolución do 7 de setembro de 2022 pola que se modifica a relación de prazas dos procesos convocados pola Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 172 do 9 de setembro de 2022).

    • Resolución do 13 de setembro de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados mediante a Orde do 26 de xullo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto) (DOG nº 178 do 19 de setembro de 2022).

    • Resolución do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2022).

    • Resolución do 6 de outubro de 2022 pola que se modifica a relación de prazas nos procesos convocados pola Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2022).

    • Resolución do 18 de outubro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 18 de outubro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 208 do 2 de novembro de 2022).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución do 2 de agosto de 2022, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publican a convocatoria do proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos Corpos de Policía Local de Galicia, Escala básica, categoría de Policía (BOE nº 197 do 17 de agosto de 2022).

Outros procedementos relacionados

IN690A

Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204D

Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR461G

Inscrición proceso de acceso por promoción interna categoría de inspector principal de Policia Local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 12/06/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano