Guía de procedementos e servizos

PR461D

Inscrición no proceso selectivo unitario de policía local. CONCURSO

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 02/11/2021 00:00 - 15/12/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo unitario para o ingreso/acceso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre e concurso, subgrupo C1.

Obxecto da convocatoria.

1. O obxecto do proceso selectivo é cubrir 29 prazas dos corpos de policía local, categoría de policía, por quenda de oposición libre, e 3 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1.

2. As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Agasp.

3. O número, denominación e características das prazas que se convocan neste proceso selectivo especifícanse no anexo III desta orde.

Ata a data final en que se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas neste proceso, mediante publicación no DOG a través de resolución da Dirección Xeral da Agasp, pode ser modificado o anexo III desta orde, relativo ao número, denominación e características das prazas que se convocan.

4. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais; no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve; na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, e no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

5. Os códigos do procedemento regulados nesta orde son PR461B (oposición libre) e PR461D (concurso).

Funcionarios aspirantes a outros Corpos da Policia Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Rúa da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

02/11/2021 00:00 - 15/12/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso 10 días hábiles contados a partir do 30 de novembro de 2021, inclusive.

As persoas interesadas en participar neste proceso, na quenda de concurso, deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Ter en propiedade a categoría de policía noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar cunha antigüidade mínima de 3 anos nesa categoría.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figura como anexo II a esta convocatoria.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Taxas.

1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 32,48 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberán figurar a data e o selo da entidade bancaria, co formulario de solicitude de inscrición no proceso selectivo determinará a exclusión no dito proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

Poderase tamén realizar o pagamento pola internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter abonado a taxa (modelo 730), que será o que se presente coa solicitude.

Tanto no caso do pagamento presencial como no do pagamento pola internet, os códigos que se deben encher son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Turismo

Código 04

Delegación: Pontevedra

Código 40

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública

Código 19

Taxa: denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos da Policía Local de Galicia

Codigo 30.03.04

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

2.1. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

2.2. Aplicaráselles unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

a) Ás persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) Ás persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a seguinte documentación ou autorizando a Administración a comprobala:

– Copia do título oficial de familia numerosa, de carácter xeral ou especial, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e antigüidade como demandante de emprego.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas na quenda de concurso para mobilidade deste proceso deberán achegar coa solicitude correspondente ao procedemento PR461D (anexo II) a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa admnistrativa devindicada pola tramitación da solicitude (código 30.03.04).

b) Certificado acreditativo de ter, en propiedade, a categoría de policía nos corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia e contar cunha antigüidade mínima de tres anos nesa categoría.

c) Relación dos méritos que se acrediten, por cada unha das epígrafes de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo IV.

d) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados.

e) Título de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento, na quenda de concurso, código do procedemento PR461D, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Títulos oficiais universitarios.

e) Título de familia numerosa, expedido pola Xunta de Galicia.

2. . No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Decreto 60/2010, do 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos (DOG nº 75 do 22 de abril de 2010)

    • Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 89 do 12 de maio de 2010).

    • Corrección de erros.-Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 98 do 26 de maio de 2010).

    • Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2016)

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009)

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Orde do 5 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (DOG nº 204 do 22 de outubro de 2021).

    • Resolución do 22 de novembro de 2021 pola que se modifica o número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso. (DOG nº 228 do 26 de novembro de 2021).

    • Resolución do 26 de novembro pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, convocado mediante a Orde do 5 de outubro de 2021 (DOG nº 231 do 1 de decembro de 2021).

    • Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre e de concurso. (DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).

    • Resolución do 11 de xaneiro de 2022 pola que se modifica o número de prazas de acceso libre incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre e concurso (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda libre e concurso, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo (DOG nº 10 do 17 de xaneiro de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda libre e concurso, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo (DOG nº 11 do 18 de xaneiro de 2022).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución de 14 de outubro de 2021, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, referente á convocatoria de prazas da Escala Básica, categoría de Policía, de Policía Local de distintos Concellos (BOE nº 259 de 29 de outubro de 2021).

Outros procedementos relacionados

IN690A

Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204D

Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano