Guía de procedementos e servizos

PR461M

Listas de funcionarios aspirantes a ser propostos como membros voluntarios dos tribunais nos procedementos selectivos convocados pola AGASP.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 02/04/2024 00:00 - 29/04/2024 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Formación de listas de funcionarios aspirantes a ser propostos como membros voluntarios dos tribunais nos procedementos selectivos convocados pola Agasp.

1. As persoas interesadas en participar neste procedemento, no caso de tribunais para o acceso ás categorías de policía, oficial, para vixilantes municipais e para auxiliares de policía local, deberán posuír na data da presentación da súa solicitude e mantelos durante a súa permanencia na listaxe correspondente, os seguintes requisitos:

a) Ser funcionario/a de carreira dun corpo da Policía Local nun dos concellos de Galicia e atoparse en situación de servizo activo nun corpo da Policía Local.

b) No caso de tribunais para policía ou oficial de policía, ter a categoría para a cal solicita a súa inclusión ou unha superior.

c) No caso de tribunais para policía ou oficial de policía, ter a titulación requirida para o acceso á categoría para a cal solicita a súa inclusión ou unha superior.

2. As persoas interesadas en participar neste procedemento, no caso de tribunais para o acceso a prazas de inspector, inspector principal, intendente e intendente principal, deberán posuír na data da presentación da súa solicitude e mantelos durante a súa permanencia na listaxe correspondente os seguintes requisitos:

a) Ser funcionario/a de carreira dun corpo da Policía Local ou dunha Administración pública nun dos concellos de Galicia.

b) Ter a categoría para a que solicita a súa inclusión ou unha superior, para o caso de ser funcionario/a de carreira dun corpo da Policía Local.

c) Estar en servizo activo na categoría para a cal solicita a súa inclusión ou nunha superior, para o caso de ser funcionario/a de carreira do corpo da Policía Local.

d) Estar en servizo activo nunha praza do mesmo grupo para a cal solicita a súa inclusión ou nunha superior, para o caso de ser funcionario/a de carreira de calquera Administración pública nun dos concellos de Galicia.

e) Ter a titulación requirida para o acceso á categoría para a cal solicita a súa inclusión ou unha superior.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

02/04/2024 00:00 - 29/04/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figurará no anexo I desta resolución.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa solicitante. Na solicitude deberá indicar todas as categorías en que desexa intervir, sempre que cumpra os requisitos para formar parte do tribunal que cualificará o proceso correspondente.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas en participar no procedemento deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Relación dos méritos que se acrediten, por cada unha das epígrafes que constan especificadas no anexo II.

b) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados. A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos.

c) Certificado acreditativo da categoría dos corpos de policía que posúe, con indicación da data de nomeamento como funcionario de carreira.

d) Certificado de Celga 4 ou equivalente, no caso de non ser expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais non universitarios (bacharelato, técnico ou equivalente).

d) Títulos oficiais universitarios.

e) Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Resolución do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases do procedemento para a formación de listas de funcionarios aspirantes a ser propostos como membros voluntarios dos tribunais nos procedementos selectivos convocados por esta academia (DOG nº 63 do 1 de abril de 2024).

    • Resolución do 14 de xuño de 2024 pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas para a formación das listas de funcionarios aspirantes a ser propostos como membros voluntarios dos tribunais nos procedementos selectivos convocados por esta academia (DOG nº 123 do 26 de xuño de 2024).

    • Resolución do 12 de xullo de 2024 pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas para a formación das listas de funcionarios aspirantes a ser propostos como membros voluntarios dos tribunais nos procedementos selectivos convocados por esta academia (DOG nº 141 do 22 de xullo de 2024).

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469A

Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano