Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT312B
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal encargado de avaliar as probas procederá a revisalas. Finalizado o dito proceso, exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Mobilidade e na sección de formación da súa páxina web (http://civ.xunta.gal/mobilidade) a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo da súa exclusión.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da exposición da devandita lista, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.
Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Mobilidade e na sección de formación da súa páxina web (http://civ.xunta.gal/mobilidade) a resolución pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, nos mesmos lugares e medios en que se expuxeron as relacións provisionais.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995053 / 881995077
Fax: 981544351
Email: formacion.transportes@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
09/11/2018 00:00 - 10/12/2018 23:59
O prazo para devolución da taxa das persoas excluidas definitivamente, comeza mañá venres día 9 de novembro e remata o 10 de decembro de 2018.
Solicitude segundo o Anexo II.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 51 do 13 de marzo de 2018).
-
Resolución do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se anuncia a exposición das listas definitivas de admitidos e excluídos para realizar as probas.
-
Relación DEFINITIVA de ADMITIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.
-
Relación DEFINITIVA de EXCLUIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.
-
Relación DEFINITIVA de ADMITIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.
-
Relación DEFINITIVA de EXCLUIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.
-
Resolución do 2 de novembro de 2018, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios (DOG nº 215 do 12 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano