Guía de procedementos e servizos

IF312B

Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 01/01/2025 00:00 - 31/01/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame.

As persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995053/ 981544375

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

http://civ.xunta.gal/mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: PECHADO

02/05/2024 00:00 - 31/05/2024 23:59

02/09/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

01/01/2025 00:00 - 31/01/2025 23:59

- Se resulta excluído da realización das probas do primeiro período, deberá solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 31 de maio de 2024.

- Se resulta excluído da realización das probas do segundo período, deberá solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 30 de setembro de 2024.

- Se resulta excluído da realización das probas do terceiro período, deberá solicitar a devolución do importe entre o día 1 e o 31 de xaneiro de 2025.

Solicitudes.

A solicitude axustarase ao modelo incorporado como anexo II desta resolución seguindo o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312B (anexo II).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación do procedemento de devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte (IF312B), consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2024 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2023).

    • Resolución do 12 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 9 de novembro de 2023 pola que se convocan para o ano 2024 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B) (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro) (DOG nº 239 do 19 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano