Guía de procedementos e servizos

MT312B

Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 28/04/2017 00:00 - 29/05/2017 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O tribunal publicará no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Mobilidade e na sección de formación da súa páxina web (http://www.cmati.xunta.es/mobilidade) a resolución pola cal se anuncia a exposición pública das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, nos mesmos lugares e medios en que se expuxeran as relacións provisionais.

Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame, sempre que o soliciten no prazo dun mes contado a partir da publicación da resolución citada no parágrafo anterior, empregando para o efecto o modelo que figura nesta resolución como anexo II, e que estará dispoñible tanto na Guía de procedementos (https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) co código MT312B.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544585 / 981544502

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/04/2017 00:00 - 29/05/2017 23:59

Un mes para poder solicitar a devolución da taxa de dereitos de exame.

  • Solicitude normalizada segundo o anexo II desta Resolución.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2017).

    • PUBLICACIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS:

    • Resolución do 30 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 7 de marzo de 2017 pola que se convocan as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estradas (DOG. nº 174 do 13 de setembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano