Guía de procedementos e servizos

IF312B

Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 28/06/2021 00:00 - 27/07/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Admisión de persoas aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal encargado de avaliar as probas procederá a revisalas. Finalizado o dito proceso, exporase na sección de formación da páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobilidade) a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo da súa exclusión.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da exposición da devandita lista, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, de acordo co previsto no punto 4.4.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o tribunal publicará na sección de formación da páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobilidade) a resolución pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, nos mesmos lugares e medios en que se expuxeron as relacións provisionais.

As persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995053/ 981544375

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobil

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: PECHADO

28/06/2021 00:00 - 27/07/2021 23:59

30/11/2021 00:00 - 30/12/2021 23:59

2ª CONVOCATORIA EXAMES XESTOR 2021. Listas definitivas de admitidos e excluidos. A Resolución pódese consultar no seguinte enlace: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/convocatorias?content=convocatoria_0014.html

O prazo para solicitar a devolución remata o 30 de decembro de 2021.

Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame, sempre que o soliciten no prazo dun mes contado a partir da publicación da resolución definitiva de admitidos. Esta solicitude axustarase ao modelo incorporado como anexo II desta resolución e deberá presentarse de acordo co previsto no punto 4.1 desta resolución, seguindo o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312B (anexo II).

Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame, sempre que o soliciten no prazo dun mes, contado a partir da publicación da resolución definitiva de admitidos.

Solicitude segundo o Anexo II.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas teñen capacidade e medios suficientes para realizar a presentación electrónica.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 11 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 55 do 23 de marzo de 2021).

    • Resolución do 27 de maio de 2021, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios (DOG nº 107 do 8 de xuño de 2021).

    • 1ª CONVOCATORIA EXAMES XESTOR DE TRANSPORTES 2021. Publicación resolución listas definitivas de admitidos e excluidos e data do exame.

    • Resolución do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se anuncia a exposición das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as para realizar as probas, así como e a hora e a porta de entrada asignada a cada unha das persoas aspirantes admitidas.

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano