Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

MT310C - Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 24/11/2017 - 16/11/2018.

Prazos de inscrición: 1ª convocatoria: Do 24.11.2017 ao 29.12.2017 2ª convocatoria: Do 30.12.2017 ao 2.2.2018 3ª convocatoria: Do 3.2.2018 ao 16.3.2018 4ª convocatoria: Do 17.3.2018 ao 27.4.2018 5ª convocatoria: Do 28.4.2018 ao 1.6.2018 6ª convocatoria: Do 2.6.2018 ao 6.7.2018 7ª convocatoria: Do 7.7.2018 ao 24.8.2018 8ª convocatoria: Do 25.8.2018 ao 12.10.2018 9ª convocatoria: Do 13.10.2018 ao 16.11.2018

  • a) As persoas interesadas deberán achegar, dentro do prazo previsto no punto anterior, unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, acompañada do impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Impreso de liquidación de taxas. Este pode recollerse na Dirección Xeral de Mobilidade, servizos de Mobilidade de cada provincia ou nos departamentos territoriais da consellería, e cubrirase cos seguintes datos:
      • Consellería: Código: 08
      • Delegación: SS.CC.: Código: 13
      • Servizo de Mobilidade: Código:02
      • Denominación: obtención da aptitude profesional acreditativa da cualificación inicial: Código: 31.01.20

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

b) As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Comprobación de datos:

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.
  • DNI/NIE da persoa representante.
  • Residencia habitual na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN DO TRANSPORTE

SERVIZO DE AUTORIZACIÓNS, INFORMES E XUNTA ARBITRAL
Praza de Europa, 5A 2ª planta - Fontiñas.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981544584 / 881995077 Fax: 981544351
Email: formacion.transportes@xunta.es
Información web: http://www.cmati.xunta.es

Convócanse para o ano 2018 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

No ano 2018 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E:

1ª convocatoria. Data de celebración: Do 17.1.2018 ao 7.2.2018                    

2ª convocatoria.Data de celebración: Do 21.2.2018 ao 7.3.2018                     

3ª convocatoria. Data de celebración: Do 4.4.2018 ao 18.4.2018                       

4ª convocatoria. Data de celebración: Do 16.5.2018 ao 30.5.2018 

5ª convocatoria. Data de celebración: Do 20.6.2018 ao 4.7.2018 

6ª convocatoria. Data de celebración: Do 18.7.2018 ao 8.8.2018 

7ª convocatoria. Data de celebración: Do 12.9.2018 ao 26.9.2018 

8ª convocatoria. Data de celebración: Do 7.11.2018 ao 21.11.2018  

9ª convocatoria. Data de celebración: Do 12.12.2018 ao 26.12.2018  

Beneficiarios:

Condutores profesionais de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

É un requisito imprescindible para poder participar nas probas de cualificación inicial ter realizado e superado o curso de formación correspondente nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de realización do exame, para o cal, finalizado este, e con efectos do día da súa finalización, o director docente do centro que o impartise expediralle a cada alumno que o seguise con aproveitamento un certificado acreditativo de ter realizado a formación teórica e práctica exixida sobre as materias obxecto do curso e, simultaneamente, comunicaralle por vía telemática ao órgano competente a finalización do curso e a listaxe de todos os alumnos que o superasen, identificados polo seu nome e apelidos e número de documento nacional de identidade ou, de ser o caso, do número de identificación de estranxeiro.

Recibida esta comunicación, e logo súa da verificación por parte desta administración, o órgano competente procederá a anotar na sección correspondente do Rexistro Xeral de Transportistas e de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte a realización do curso de que se trate por parte dos correspondentes condutores.

Exíxese tamén para poder participar nas probas de cualificación inicial que os aspirantes teñan residencia habitual en Galicia con independencia do lugar en que realizaran o curso preceptivo.

Para tales efectos, presumirase que a residencia habitual do aspirante se atopa no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

- Que o aspirante acredite, mediante o certificado de empadroamento, que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios;

- Que o aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigado por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.

ESTATAL

Real Decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada (BOE nº 184 do 2 de agosto de 2007).

AUTONÓMICA

Resolución do 2 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2018, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto), e da Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro) (DOG nº 211 do 7 de novembro de 2017).

AUTONÓMICA

Orde do 19 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as probas que se realizarán no ano 2010, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (DOG nº 233 do 27 de novembro de 2009).

Prazo de presentación pechado (24/11/2017 - 16/11/2018)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional