Guía de procedementos e servizos

MR265B

Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 04/07/2019 00:00 - 20/09/2019 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas na presente resolución.

2. Igualmente, é obxecto desta resolución a convocatoria das ditas axudas para o curso escolar 2019/20, consonte o disposto no Regulamento (UE) nº 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1308/2013 e (UE) nº 1306/2013 no que atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) nº 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) nº 1370/2013 polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.

Período de subministración, calendario de distribución e racións.

1. A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:

1º período: de novembro de 2019 a febreiro de 2020 (ambos incluídos).

2º período: de marzo a xuño de 2020 (ambos incluídos).

A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante dez (10) días lectivos consecutivos.

A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante un mínimo de vinte (20) días lectivos consecutivos.

2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:

a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.

Para cada centro escolar admitirase unicamente un provedor por grupo de produto e período de repartción.

Centros escolares.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

PROCESO DE SOLICITUDE - AXUDA

  1. Acceder á aplicación informática de gravación de datos relativos á repartición de produtos, por centro escolar, a través da seguinte ligazón: LEFRES.
    • Entrar na pestana "DISTRIBUCIÓN"
    • Gravar os datos relativos ao subministro
    • Cargar o ficheiro de distribución e anexar a documentación
  2. Entrar na sede electrónica (neste mesmo procedemento MR265B)
    • Cubrir os datos do anexo II (botón "tramitar en liña") de solicitude de axuda
    • Achegar, xunto coa solicitude de axuda, o XUSTIFICANTE DE DOCUMENTO DE DISTRIBUCIÓN obtido na aplicación informática no paso de anexar documentación
    • Asinar a solicitude e obter o xustificante do rexistro

Prazo de presentación: PECHADO

04/07/2019 00:00 - 20/09/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para o curso 2019/20 comezará o día 4 de xullo e rematará o 20 de setembro de 2019 (inclusive) segundo establece o artigo 24 da Resolución.

- As persoas solicitantes da axuda que foron aprobadas deberán comunicar ao Fogga previamente á repartición dos produtos as modificacións que pretendan realizar na distribución dos produtos da súa solicitude de axuda.

  • Aqueles que foron aprobados pola Dirección do Fogga para participar no Programa escolar no curso 2019/20 presentarán a solicitude de axuda no servizo territorial do Fogga onde radiquen os centros escolares a que subministren. A solicitude presentarase no prazo establecido no capítulo II, segundo o modelo do anexo II.

    Empregarase un modelo do anexo II para froitas frescas e castañas e outro para leite.

    Previamente á presentación da solicitude, a persoa provedora gravará na aplicación informática que o Fogga habilitará para estes efectos os datos relativos á repartición de produtos por centro escolar.

    Rematada a gravación, a aplicación xerará un código de peche que será imprescindible para cubrir o anexo II de solicitude de axuda.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes destas.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Documentación complementaria.

  • A persoa provedora xuntará, a través da aplicación informática, a seguinte documentación complementaria tendo en conta o grupo de produto que se distribúa:

    • 1º anexo II-A de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar (para o grupo de produto de froitas frescas e castañas).

    • 2º anexo II-B de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar (para o grupo de produto de leite líquido de consumo).

  • A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias co Estado.

  • b) Certificación de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

  • c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    • Extracto da Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    • Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se modifica o anexo I da Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 152 do 12 de agosto de 2019).

    • Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se declara a continuación da tramitación dos procedementos que regulan as ordes de regulación da aplicación de pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control nas diversas campañas, e as resolucións de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares (DOG nº 99 do 25 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 27/02/2026 23:59

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59