Guía de procedementos e servizos

MR265B

Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 20/09/2018 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidos nesta resolución.

1. A subministración nos centros escolares farase durante un ou os dous dos seguintes períodos de repartición autorizados:

1º período: de novembro de 2018 a febreiro de 2019 (ambos incluídos).

2º período: de marzo a xuño de 2019 (ambos incluídos).

A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante dez (10) días lectivos consecutivos.

A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante un mínimo de vinte (20) días lectivos consecutivos e un máximo de 60.

2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:

a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.

Para cada centro escolar admitirase unicamente un provedor por grupo de produto e período de repartición.

Centros escolares.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Prazo de presentación: PECHADO

19/07/2018 00:00 - 20/09/2018 23:59

As persoas solicitantes que foran aprobadas para participar no Programa escolar segundo o establecido no artigo 27 solicitarán a axuda ata o 20 de setembro de 2018 (incluído) e asumirán os correspondentes compromisos, segundo o disposto no artigo 12 desta resolución.

1. Aqueles que foron aprobados para participar no Programa escolar no curso 2018/19 presentarán a solicitude de axuda no servizo territorial do Fogga onde radiquen os centros escolares a que subministren. A solicitude presentarase no prazo establecido no capítulo II, na forma establecida no artigo 7.3 desta resolución, segundo o modelo de anexo III.

Empregarase un modelo de anexo III para froitas frescas e castañas e outro para leite.

2. No caso de que os importes solicitados superen a contía das dispoñibilidades orzamentarias, reduciríase proporcionalmente o seu importe.

3. Efectuados os controis pertinentes, os servizos territoriais do Fogga elevarán a oportuna proposta, a través da xefatura territorial, á dirección do Fogga, sobre as solicitudes presentadas, para que dite a correspondente resolución, entendéndose desestimadas por silencio negativo aquelas que non sexan resoltas e notificadas no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes de axuda.

4. As persoas solicitantes da axuda que foron aprobadas, deberán comunicar ao Fogga, previamente á repartición dos produtos, as modificacións que pretendan realizar na distribución dos produtos da súa solicitude de axuda.

  • Xunto coa presentación do anexo III de solicitude achegarase a seguinte documentación tendo en conta o grupo de produto que se vai distribuír:

    • 1º Anexo III-A de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar (para o grupo de produto de froitas frescas e castañas).

    • 2º Anexo III-B de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar (para o grupo de produto de leite líquido de consumo).

    • 3º Ficheiro CSV de carga de datos de distribución, que se axustará á estrutura detallada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

  • A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Estar ao día nas obrigas tributarias co Estado.

  • b) Estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

  • c) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o Fogga poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da declaración. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da declaración e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).

    • Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 27/02/2026 23:59

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59