Guía de procedementos e servizos

MR250A

Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 16/06/2020 00:00 - 10/07/2020 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:

1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:

a) Un pagamento básico aos agricultores («pagamento básico»).

b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente («pagamento verde»).

c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.

d) Un réxime de axuda asociada:

1ª.   Axuda asociada aos cultivos proteicos.

2ª.   Axuda asociada aos legumes de calidade.

3ª.   Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.

4ª.   Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo.

5ª.   Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.

6ª.   Axuda asociada para as explotacións de ovino.

7ª.   Axuda asociada para as explotacións de cabrún.

8ª.   Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.

9ª.  Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.

2. Tamén se inclúen as solicitudes da axuda e/ou do pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Prima anual de mantemento correspondente ás superficies forestadas coas axudas para a creación de superficies forestais, submedida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

b) Prima anual de mantemento vinculadas aos expedientes aprobados e pagados das axudas para a creación de sistemas agroforestais, submedida 8.2 do PDR de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

c) Pagamento das axudas de agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.1 e 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude do pagamento.

d) Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e do pagamento."

Prazo de resolución:

a) Para as axudas dos pagamento directos á agricultura e á gandería: Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

b) Para as solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica: nove meses.

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Agricultores/as activos e con actividade agraria con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia..

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo de Axudas Gandeiras da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546262

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2-4º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70-B-1

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Prazo de presentación: PECHADO

01/02/2020 00:00 - 15/06/2020 23:59

16/06/2020 00:00 - 10/07/2020 23:59

O prazo de presentación, para o ano 2020, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de xuño, ambos incluídos.

Non obstante,  admitiranse solicitudes ata 25 días naturais seguintes ao da data de finalización do prazo establecido. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible

ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación estea nesta comunidade autónoma.

b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia. Para que un agricultor se considere activo e que unha actividade se considere actividade agraria deberán: Acreditar o cumprimento do establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

En todos os casos: Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.

Xeral:

- Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulta dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía..

- Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

- Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.

- Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

Solicitude única:

Ademais da documentación xeral anterior, presentarase a documentación que se relaciona a continuación:

1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:

Certificado da entidade xestora, segundo o modelo do anexo 4-A, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que a compoñen, deberán ser remitidas polo representante da entidade ao servizo territorial do Fogga.

2. Para acreditar a condición de agricultor activo:

a) Persoas físicas que se opoñan expresamente á autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:

- Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente ou impreso de alta censual (modelo 036 ou 037)

- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous.

b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. A petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única.

- Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas (S.C. ou C.B.).

- Outra documentación acreditativa dos ingresos agrarios do solicitante.

Persoas físicas, xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas que se opoñan expresamente a autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal ou a petición do órgano xestor, deberán achegar o certificado do imposto sobre actividades económicas (IAE) das súas actividades e, de ser o caso, das súas entidades asociadas.

3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente:

Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.

4. Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola:

Se é o caso, documentación que acredite un nivel de capacitación agraria suficiente.

Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos exercen o control efectivo da persoa xurídica, é dicir, que a súa participación no capital social é máis da metade do capital social desta e que posúen máis da metade dos dereitos de voto dentro desta.

5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:

a)  Primas anuais das axudas para a creación de superficies forestais e das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais:

1º.- Factura

2º.- Xustificante de pagamento da mesma

3º.- No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia.

4º.- Declaración doutras axudas segundo o modelo do anexo XI.

b) Pagos a zonas con limitacións naturais:

1º.- Declaración do IRPF do ano 2018 ou compromiso de presentar a de 2019 se é novo solicitante.

2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.

3º.- Informe de vida laboral do solicitante.

Non serán esixibles os documentos anteriores se o solicitante non se opón expresamente a que o Fogga poda solicitar os ditos documentos ás administracións correspondentes.

c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica

No caso de oposición expresa a que o órgano xestor poida realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:

1º.- Para todas as liñas de axuda: Informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o asesoramento especializado.

2º.- Razas autóctonas en perigo de extinción:

- Certificado da Asociación xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida.

- Certificado asinado polo técnico responsable do Programa de Mellora Xenética de participación do solicitante no citado programa.

3º.- Produción integrada: Certificado dunha entidade acreditada.

4º.- Agricultura ecolóxica: Certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Prazo de resolución:

Nove meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se declara a continuación da tramitación dos procedementos que regulan as ordes de regulación da aplicación de pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control nas diversas campañas, e as resolucións de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares (DOG nº 99 do 25 de maio de 2020).

    • Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).

    • Extracto da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).

    • Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 19 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 12 de febreiro de 2020 (DOG nº 20 do 1 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 10 de novembro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, reguladas na Orde do 12 de febreiro de 2020. (DOG nº 226 do 24 de novembro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).

    • Orde APA/377/2020, de 28 de abril, pola que se modifican, para o ano 2020, diversos prazos establecidos nos Reais Decretos 1075/2014, 1076/2014, 1077/2014 e 1078/2014, todos eles de 19 de decembro, dictados para a aplicación en España da Política Agrícola Común (BOE nº 120 de 30 de abril de 2020).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

    • Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

    • Regulamento de Execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos Regulamentos de Execución (UE) n. 809/2014, (UE) n. 180/2014, (UE) n. 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que incumbe a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOUE 17.04.20 L 119)

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano