Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR250A
Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:
1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:
a) Un pagamento básico aos agricultores («pagamento básico»).
b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente («pagamento verde»).
c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.
d) Un réxime de axuda asociada:
1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.
2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.
3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo.
5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.
7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.
Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.
2. Tamén se inclúen as solicitudes da axuda e/ou do pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:
a) Prima anual de mantemento correspondente ás superficies forestadas coas axudas para a creación de superficies forestais, submedida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
b) Prima anual de mantemento vinculadas aos expedientes aprobados e pagados das axudas para a creación de sistemas agroforestais, submedida 8.2 do PDR de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
c) Pagamento das axudas de agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.1 e 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude do pagamento.
d) Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e do pagamento."
Prazo de resolución:
a) Para as axudas dos pagamento directos á agricultura e á gandería: Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC.
b) Para as solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica: nove meses.
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Agricultores/as activos e con actividade agraria con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia..
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Gandeiras da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2022 00:00 - 07/06/2022 23:59
1. O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2022, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 13 de maio, ambos incluídos, agás o previsto no punto seguinte.
2. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, admitiranse solicitudes de axudas ata 25 días naturais seguintes ao da data de finalización do prazo establecido; nese caso e fóra dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse nun 1 % por cada día hábil en que se exceda a dita data. A redución mencionada neste parágrafo tamén será aplicable respecto da presentación de contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes que sexan elementos constitutivos da admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto na normativa comunitaria. No ano en que se asignen dereitos de pagamento básico, esa redución será dun 3 % por cada día hábil en que se exceda a dita data para ese réxime de axudas. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.
Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:
a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación estea nesta comunidade autónoma.
b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia. Para que un agricultor se considere activo e que unha actividade se considere actividade agraria deberán: Acreditar o cumprimento do establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
En todos os casos: Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.
Xeral:
- Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulta dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía..
- Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
- Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
- Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Solicitude única:
Ademais da documentación xeral anterior, presentarase a documentación que se relaciona a continuación:
1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:
Certificado da entidade xestora, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que a compoñen, deberán ser remitidas polo representante da entidade ao servizo territorial do Fogga.
2. Para acreditar a condición de agricultor activo:
a) Persoas físicas que se opoñan expresamente á autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:
- Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente ou impreso de alta censual (modelo 036 ou 037)
- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous.
b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. A petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única.
- Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas (S.C. ou C.B.).
- Outra documentación acreditativa dos ingresos agrarios do solicitante.
Persoas físicas, xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas que se opoñan expresamente a autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal ou a petición do órgano xestor, deberán achegar o certificado do imposto sobre actividades económicas (IAE) das súas actividades e, de ser o caso, das súas entidades asociadas.
3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente:
Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.
4. Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola:
Se é o caso, documentación que acredite un nivel de capacitación agraria suficiente.
Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos exercen o control efectivo da persoa xurídica, é dicir, que a súa participación no capital social é máis da metade do capital social desta e que posúen máis da metade dos dereitos de voto dentro desta.
5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:
a) Primas anuais das axudas para a creación de superficies forestais e das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais:
1º.- Factura
2º.- Xustificante de pagamento da mesma
3º.- No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia.
4º.- Declaración doutras axudas segundo o modelo da web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/politica_agraria_comun/pac_2015_2020/pac_2022).
b) Pagos a zonas con limitacións naturais:
1º.- Declaración do IRPF do ano 2020 ou compromiso de presentar a de 2021 se é novo solicitante.
2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.
3º.- Informe de vida laboral do solicitante.
Non serán esixibles os documentos anteriores se o solicitante non se opón expresamente a que o Fogga poda solicitar os ditos documentos ás administracións correspondentes.
c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica
No caso de oposición expresa a que o órgano xestor poida realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:
1º.- Para todas as liñas de axuda: Informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o asesoramento especializado.
2º.- Razas autóctonas en perigo de extinción:
- Certificado da Asociación xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida.
- Certificado asinado polo técnico responsable do Programa de Mellora Xenética de participación do solicitante no citado programa.
3º.- Produción integrada: Certificado dunha entidade acreditada.
4º.- Agricultura ecolóxica: Certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).
-
Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).
-
Extracto da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).
-
Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).
-
Extracto da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).
-
Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).
-
Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG nº 198 do 18 de outubro de 2022).
-
Resolución do 5 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade da relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) financiadas ao 100 % polo Fondo EURI. (DOG nº 7 do 11 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 16 de xaneiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2022 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 27 de xuño de 2024 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG nº 130 do 5 de xullo de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).
-
Real decreto 41/2021, de 26 de xaneiro, polo que se establecen as disposicións específicas para a aplicación nos anos 2021 e 2022 dos Reais decretos 1075/2014, 1076/2014, 1077/2014 e 1078/2014, todos eles de 19 de decembro, ditados para a aplicación en España da Política Agrícola Común (BOE nº 23 do 27 de xaneiro de 2021).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
-
Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello (DOUE núm. 347 de 20 de decembro de 2013)
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Regulamento (UE) 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de decembro de 2020 polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os Regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta a os seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e a distribución da dita axuda nos anños 2021 e 2022 (DOUE núm. L/437 de 28 de decembro de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano