Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR616A
Axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios forestais.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Solicitude das axudas en réxime de concorrencia non competitiva por rateo por danos para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios.
Liñas de axuda.
1. As liñas obxecto de axuda son as seguintes:
a) Axuda para a reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras (liña I-G).
b) Axuda pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras (liña II-G).
c) Axuda pola morte de gando ou pola perda de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña III-G).
d) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña IV-G).
2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícolas e forestais e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Poderanse acoller a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión das Administracións ou entidades do sector público. No caso de danos causados á maquinaria e equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión das Administracións ou entidades do sector público.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184547/ 981182579
Email: mediorural.co@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294465
Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 Baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386531
Email: mediorural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206199
Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/07/2022 00:00 - 29/08/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Requisitos para todas as persoas beneficiarias.
Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Seren condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitaren a declaración de concurso, teren sido declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso, agás que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou teren sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Teren dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Teren a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estaren ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Seren sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
Requisitos específicos.
1. Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das catro liñas de axuda. O expediente de axudas será único.
2. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
3. As explotacións agrícolas e gandeiras deberán estar rexistradas e en estado de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e, de ser o caso, no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras e, para o caso dos animais e colmeas, consideraranse unicamente para efectos das axudas os correctamente identificados e/ou declarados.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I-G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situada a infraestrutura ou explotación que sufrise danos.
3. A solicitude de axuda inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante (código de procedemento MR616A):
a) Declaración da conta para a transferencia bancaria (anexo I-G).
b) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas (anexo I-G).
c) Declaración da titularidade do terreo en que se produciron os danos (anexo III).
Documentación complementaria.
1. Xunto coa solicitude de axuda, presentarase a seguinte documentación:
a) Na liñas I-G, documentación xustificativa da propiedade da maquinaria e equipamento (permiso de circulación) e comprobarase a súa inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, se fose o caso.
b) Cando se trate dunha cooperativa agrícola ou comunidade de bens, deberase presentar o anexo II debidamente cuberto.
c) Acordo do órgano competente polo cal se aprobou a solicitude desta axuda, de ser o caso.
d) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.
e) Referencias Sixpac das parcelas afectadas polos incendios (anexo III).
f) Póliza de seguros. Porén, a presentación desta póliza non será obrigatoria cando a persoa solicitante efectúe a declaración responsable de que os bens danados para os cales solicita as axudas non están asegurados, están asegurados na súa totalidade ou están asegurados parcialmente, prevista no anexo I-G.
g) Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita, na cal deberá constar, en todo caso, a previsión de gastos e/ou investimentos para os que se solicita a axuda de forma desagregada para os anos 2022 e 2023. Ademais, constará na memoria xustificativa a seguinte documentación para as liñas que se especifican continuación:
Liña I-G.
Bens, maquinaria e equipamentos de explotacións agrícolas e gandeiras: informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que os bens, a maquinaria, os equipamentos ou os medios de produción foron danados como consecuencia dun incendio forestal; resumo dos danos causados e tres orzamentos de diferentes provedores no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.
Liña II-G.
Danos sufridos na produción agrícola: informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) no cal se indique que as producións foron danadas como consecuencia dun incendio forestal. Resumo dos danos causados.
Liña III-G.
Gando e colmeas mortas: detalle dos animais ou das colmeas afectados, coa súa identificación, idades e/ou categoría dos animais e concreción dos lugares en que se atopaban no momento da morte, así como código de identificación da explotación rexistrada. Informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que o gando ou as colmeas morreron como consecuencia dun incendio forestal. De ser o caso, documento de recollida do cadáver por parte da empresa autorizada, ou calquera outra documentación que acredite a morte dos animais.
Liña IV-G.
Alimentación complementaria de gando ou colmeas: descrición detallada do número de animais ou colmeas afectados, así como da súa localización; informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que os terreos en que se atopaban o gando ou as colmeas estiveron afectados como consecuencia dun incendio forestal; xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria; cálculo desagregado do volume de alimento necesario, en función do número de animais ou colmeas, para un período de tres meses; tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detallada e cuantificadamente as ofertas presentadas para proporcionar o alimento sinalado. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.
h) No caso de tractores ou máquinas automotrices, copia do permiso de circulación. A maquinaria agrícola e forestal debe estar inscrita no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA), cando sexa de inscrición obrigatoria, conforme o Real decreto 1013/2009, do 19 de xuño, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Ademais da comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4 desta orde, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da persoa xurídica solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Datos relativos á inscrición no Reaga ou no Rega.
e) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria galega.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).
-
Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2022).
-
Extracto da Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C). Convocatoria de axudas para para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2022).
-
Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano