Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR259B
Axudas para titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Serán subvencionables os seguintes conceptos:
a) As cotas de amortización de capital vencidas e impagadas dun préstamo concedido para mellorar a explotación.
b) Os xuros impagados xerados por un préstamo concedido para mellorar a explotación.
c) A amortización dun préstamo refinanciado concedido para mellorar a explotación.
d) Gastos impagados de xestión da explotación (tales como alimentación, sementes, abonos, fitosanitarios, etc.) con máis de tres meses desde o seu vencemento.
O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. Con relación a cotas vencidas e impagadas ou embargos de préstamos:
a) Que teñan cotas vencidas e impagadas dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación.
b) Que teñan unha resolución ou providencia de embargo de bens propios ou alleos por débedas relacionadas co impagamento dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación.
2. Con relación á modificación das condicións do crédito concedido:
a) Que refinanciasen a débeda concedida pola entidade bancaria
b) Que ampliasen o prazo do pagamento do crédito.
c) Que ampliasen o período de carencia do capital.
3. Con relación ás débedas con provedores da súa explotación gandeira vencidas e non pagadas, nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Que pasase un prazo de máis de tres meses desde o seu vencemento.
b) Que as obrigas fosen reclamadas xudicialmente.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
San Caetano, s/n
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546186
Fax: 981546892
Prazo de presentación: PECHADO
30/07/2016 00:00 - 29/08/2016 23:59
Un mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
a) Estar inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante Reaga), co tipo de explotación vacún de leite, e ter realizadas entregas de leite nos últimos 12 meses anteriores á data da publicación desta convocatoria.
b) Estar nalgún dos supostos establecidos nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 3 desta orde.
c) Ter a condición de pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
2. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, estar declaradas en concurso, salvo que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
i) Ser sancionada por delitos ou infraccións ambientais.
3. Os beneficiarios non poderán ser empresas en crise. A consideración de empresa en crise efectuarase de acordo coas definicións establecidas no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, e no punto 20 das Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
As solicitudes de subvención axustaranse ao modelo que figura como anexo I, á cal se xuntará a seguinte documentación:
a) Copia cotexada do DNI da persoa física solicitante, no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural para a consulta dos datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
b) Copia cotexada do NIF da persoa xurídica solicitante, no caso de que se denegue expresamente a súa verificación (se for o caso).
c) Copia do DNI do seu representante legal, no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e acreditación da súa representación (se for o caso).
d) Certificación bancaria que acredite a existencia de cotas vencidas e impagadas ligadas a un credito concedido á explotación gandeira para a mellora das súa estrutura produtiva, sinalando o principal concedido, a cantidade pendente de pagamento e as cotas impagadas na data da presentación da solicitude (se for o caso).
e) Resolución ou providencia de embargo de bens, a súa relación coa explotación gandeira do titular, así como o importe da debeda que trae causa do embargo.
f) Certificación bancaria da modificación das condicións do credito concedido realizadas nos últimos 12 meses anteriores á data de publicación desta orde, en que conste o refinanciamento da debeda da explotación gandeira por creditos concedidos para a mellora da súa estrutura produtivo, a ampliación do prazo de amortización deste ou ben a ampliación do período de carencia do capital pendente de pagamento.
g) No caso de dificultades financeiras derivadas de impagamentos a provedores, mediante facturas e certificado do provedor de entrega de mercancía e impagamento ou a correspondente reclamación xudicial. Non se considerará impagada unha factura mentres existan pagamentos posteriores ao seu vencemento ao mesmo provedor por conceptos semellantes; esta circunstancia acreditarase mediante certificación bancaria en que a entidade informe sobre a existencia de pagamentos con anterioridade á data de publicación da orde e sobre posteriores pagamentos ao provedor. Xuntarase ademais extracto bancario coa relación de movementos desde a data de pagamento da última factura ao provedor ata a publicación da orde.
h) Reclamación xudicial do impagamento a provedores.
Unha vez finalizado o prazo de presentación revisaranse as solicitudes e verificarase que conteñen a documentación exixida e que reúnen todos os requisitos para a concesión das axudas que se establecen na presente orde. Se se apreciase algunha omisión ou erro, requirirase o solicitante para que no prazo de 10 días achegue a documentación necesaria ou emende os defectos observados, facendolle saber que, en caso contrario, se dará por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
i) Memoria descritiva da situación da explotación leiteira en relación ás dificultades financeiras obxecto desta liña de axudas, Nesta memoria farase unha descrición motivada da situación concreta pola que se precisa a liña de axuda: orixe, situación actual e previsións de futuro.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade (DOG nº 143 do 29 de xullo de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano