Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR250A - Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:
a) Un pago básico aos agricultores ("réxime de pago básico").
b) Un pago para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.
c) Un pago suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.
d) Un réxime de axuda asociada:
1ª.- Axuda asociada aos cultivos proteicos
2ª.- Axuda asociada aos legumes de calidade
3ª.- Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices
4ª.- Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo
5ª.- Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite
7ª.- Axuda asociada para as explotacións de cabrún
8ª.- Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico
9ª.- Calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.
2. Tamén se inclúen as solicitudes de axuda da medida de agricultura ecolóxica así como as solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:
a) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.
b) Pagamentos a zonas con limitacións naturais.
c) Agroambiente e clima.
d) Agricultura ecolóxica.
Nas axudas incluídas neste punto, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao cofinanciamento destas.
3. Por último, inclúense as solicitudes da axuda excepcional de adaptación ao sector produtor do vacún de leite que abarca dúas medidas:
a) A medida destinada a non incrementar a produción.
b) A medida destinada a incentivar a execución de proxectos de cooperación.
Prazo de resolución:
a) Para as axudas dos pagamento directos á agricultura e á gandería: Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC.
b) Para as solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica: nove meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación estea nesta comunidade autónoma.
b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.
Para que un agricultor se considere activo e que unha actividade se considere actividade agraria deberán:
Acreditar o cumprimento do establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Resolución do 27 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e se notifican as resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018 (DOG nº 178 do 2 de setembro de 2020).
Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).
Orde do 25 de abril de 2017 pola que se modifica a Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 83 do 2 de maio de 2017).
Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018).
Corrección de erros. Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).
Resolución do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018)
Corrección de erros. Resolución do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).
Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).
Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59
Segúndo a Orde do 25 de abril de 2017, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 15 de maio de 2017.
- En todos os casos:
Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es. - Xeral:
- Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
- Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
- Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
- Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
- Solicitude única:
Ademais da documentación xeral anterior, presentarase a documentación que se relaciona a continuación: - 1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:
- Certificado da entidade xestora, segundo o modelo do anexo 4-A, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que a compoñen, deberán ser remitidas polo representante da entidade ao servizo territorial do Fogga.
- 2. Para acreditar a condición de agricultor activo:
- a) Persoas físicas que deneguen expresamente a autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:
1º.- Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente ou impreso de alta censual (modelo 036 ou 037)
2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous. - b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. A petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única.
- 3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente:
- Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.
- 4. Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola:
- Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos forman parte da xunta reitora ou do órgano de goberno da entidade á que pertencen.
- 5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:
- a) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias
1º.- Factura
2º.- Xustificante de pagamento da mesma
3º.- No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia.
4º.- Declaración doutras axudas segundo o modelo do anexo XII. - b) Pagos a zonas con limitacións naturais:
1º.- Declaración do IRPF do ano 2015, ou compromiso de presentar a do ano 2016, se e novo solicitante.
2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.
3º.- Informe de vida laboral do solicitante. Non será esixible se o solicitante autoriza ao Fogga para a súa solicitude á Tesourería Xeral da Seguridade Social. - c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica
No caso de non autorizar ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:
1º.- Para todas as liñas de axuda: Informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o aconsellamento especializado.
2º.- Razas autóctonas en perigo de extinción:
- Certificado da Asociación xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida.
- Certificado asinado polo tecnico responsable do Programa de Mellora Xenetica de participación do solicitante no citado programa.
3º.- Produción integrada: Certificado dunha entidade acreditada.
4º.- Agricultura ecolóxica: Certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"