Guía de procedementos e servizos

MR207A

Prazas de residencia nos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 21/09/2021 00:00 - 08/10/2021 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e convocalas para o curso académico 2021/22 nos CFEA de Lourizán (Pontevedra), Sergude (Boqueixón), Pedro Murias (Ribadeo) e Becerreá (código de procedemento MR207A).

2. O número de prazas ofertadas é o que se indica a continuación:

CFEA de Lourizán (Pontevedra) --- 32 prazas en réxime de pensión completa --- 28 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

CFEA de Sergude (A Coruña) --- 58 prazas en réxime de pensión completa --- 25 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

CFEA "Pedro Murias" (Ribadeo) --- 0 prazas en réxime de pensión completa --- 22 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

CFEA de Becerreá (Lugo) --- 0 prazas en réxime de pensión completa --- 45 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

No caso de non utilizar o total de prazas ofertadas en pensión completa, as vacantes que se produzan poderán acumularse ás prazas de comedor para o curso completo.

Tipos de prazas.

As prazas que se ofertan nesta convocatoria son de dous tipos:

a) Residencia en pensión completa.

A modalidade de residencia en pensión completa inclúe o uso dunha habitación e aseo compartidos e o dereito a almorzo, xantar e cea.

As persoas que teñan asignada unha praza en pensión completa na residencia poderán facer uso dela todos os días lectivos do centro que non sexan vésperas de festivo. O horario de funcionamento da residencia do CFEA de Lourizán será de luns ás 8.00 horas ata o venres ás 15.00 horas. No caso da residencia do CFEA de Sergude será de domingo ás 21.00 horas ata o venres ás 15.00 horas.

b) Comedor para o curso completo.

A modalidade de comedor para o curso completo dá dereito a xantar na sala de comedor durante todo o curso de luns a venres, todos os días lectivos do centro en que se oferte o servizo. A oferta do servizo variará dun centro a outro en función da organización da actividade lectiva.

Estudiantes nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Avenida do Camiño Francés, 10

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546695/ 981546664

Email: formacion.cmrm@xunta.gal

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Prazo de presentación: PECHADO

20/07/2021 00:00 - 30/07/2021 23:59

02/09/2021 00:00 - 06/09/2021 23:59

21/09/2021 00:00 - 08/10/2021 23:59

1. O prazo de presentación das solicitudes será do 20 de xullo ao 30 de xullo de 2021.

2. Establécense dous prazos extraordinarios de presentación de solicitudes, que serán do 2 de setembro de 2021 ata o 6 de setembro de 2021 e do 21 de setembro de 2021 ata o 8 de outubro de 2021. No caso de que non existan prazas vacantes no momento da presentación da solicitude, as persoas interesadas pasarán a formar parte da lista de agarda.

Para poder acceder ás prazas de residencia reguladas nesta resolución, as persoas interesadas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser cidadás de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.

b) Ter feitos ou facer durante o ano 2021 os 18 anos de idade, no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter feitos os 16 anos de idade no ano da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.

c) Estar matriculado no centro solicitado durante o curso escolar.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As persoas que no curso académico anterior tivesen praza de residencia conservarana para o seguinte curso dun ciclo formativo, logo da presentación da correspondente solicitude, de acordo co prazo establecido no punto 4, e sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos académicos para o curso e non sexan repetidores/as deste.

5. En todo caso, de ser preciso valorar as solicitudes para poder obter a correspondente puntuación, deberán entregar cuberta a declaración que consta no anexo I. Debe constar a puntuación de cada criterio que se vaia valorar, as persoas que conviven no domicilio familiar e as circunstancias que poidan presentarse e deban terse en conta no caso de empate.

A comisión de valoración só asignará puntuación ás persoas solicitantes, se na declaración aparecen cubertos os datos precisos para cada criterio. De non ser así, asignarásenlles 0 puntos.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

– Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.

2. No suposto de que o número de persoas solicitantes supere ao de prazas ofertadas, as persoas interesadas deberán achegar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir da data de remate do prazo para presentar as solicitudes, o anexo III desta resolución acompañado da seguinte documentación complementaria que xustifique a puntuación obtida:

a) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso. A data da súa expedición será posterior á da entrada en vigor da convocatoria.

b) Documentación acreditativa da condición de orfandade, de ser o caso.

c) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitaria que estean cursando os irmáns ou as irmás das persoas solicitantes, de ser o caso.

d) Contrato de alugamento ou matrícula nunha residencia de estudantes ou establecemento de similares características dos irmáns ou as irmás das persoas solicitantes que estean cursando estudos fóra da súa residencia habitual, de ser o caso.

e) Certificación académica na cal figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aquelas persoas solicitantes que procedan doutro centro formativo.

f) Título de familia numerosa, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

g) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. De non entregarse a dita documentación, a puntuación non será tida en conta para a adxudicación definitiva, podendo quedar sen praza na residencia tras unha nova baremación das circunstancias xustificadas se a puntuación non alcanza o corte que estará determinado polo número de prazas convocado.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, de ser o caso.

d) Declaración do IRPF tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigados a declarar (anexo I, no caso do solicitante, e anexo II, para os demais membros que compoñen a unidade familiar).

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

b) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante e de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando sexa expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes, declaracións responsables ou comunicacións.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG nº 176 do 16 de setembro de 2013).

    • Corrección de erros. Resolución do 8 de agosto de 2014 pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG nº 174 do 12 de setembro de 2014).

    • Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 136 do 19 de xullo de 2021).

    • Resolución do 24 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 189 do 30 de setembro de 2021).

    • Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 191 do 4 de outubro de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59