Guía de procedementos e servizos

IN859A

Convocatoria pola Axencia Galega de Innovación de dous postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 01/11/2023 00:00 - 15/11/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A cobertura, baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de dúas prazas de investigador/a para persoas beneficiarias de bolsas do European Research Council (ERC): 1 Starting Grant e unha Consolidator Grant

Persoal investigador distinguido.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Dirección da Axencia Galega de Innovación

Rúa Airas Nunes, s/n

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541078

Email: gain@xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Prazo de presentación: PECHADO

01/11/2023 00:00 - 15/11/2023 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será de quince días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1. As persoas aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:

a) Estar en posesión dunha bolsa ERC Starting Grant ou Consolidator Grant.

b) Ter a titulación de doutor/a ou equivalente.

c) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.

e) Ter feitos os dezaseis anos.

f) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

g) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a.

h) Dispoñer dun compromiso de acollida por parte dun organismo público de investigación de Galicia para que o/a investigador/a desenvolva a súa actividade nel. Neste compromiso, que deberá ser achegado pola persoa candidata, a institución de acollida comprometerase a asinar un convenio coa Axencia Galega de Innovación segundo establece o artigo 9 do Decreto 64/2016.

2. Os requisitos deberán cumprirse no momento da formalización do contrato.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). No caso de persoas solicitantes estranxeiras co fin de proceder á solicitude e trámites por medios electrónicos designarán un representante con sinatura dixital en España. A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

Esta convocatoria ten por destinatario a persoal investigador con bolsa ERC Starting Grant ou Consolidator Grant. As bolsas ERC teñen como finalidade apoiar proxectos de investigación na fronteira do coñecemento de calquera temática, xa sexan do mesmo país ou de calquera país do mundo sempre que desenvolvan o traballo nun ou varios dos Estados membros da UE ou dos países asociados.

Polo tanto, de acordo co sinalado polo artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a obrigatoriedade da presentación electrónica de solicitudes xustifícase no colectivo a que se dirixe: persoal investigador de recoñecido prestixio nacional e internacional con bolsas do European Research Council (ERC).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:

a) Para o caso de que a persoa solicitante non teña a nacionalidade española, documento que acredite fidedignamente o cumprimento do requisito sinalado no artigo 5.1, letras b), c) e e).

b) Certificado médico oficial que acredite o cumprimento do requisito sinalado no artigo 5.1, letra d).

c) Documentación que acredite fidedignamente que se está en posesión dunha bolsa ERC Starting Grant ou Consolidator Grant.

d) Documentación que acredite fidedignamente o cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 5.1, letra f), g) e h).

e) Currículo normalizado segundo o modelo dispoñible no enderezo gain.xunta.gal (menú axencia-procesos selectivos-2023), acompañado dos documentos xustificativos dos méritos alegados que se citen no currículo para a súa valoración. Non obstante, as persoas interesadas poden empregar, se o desexan, os modelos de CVN dispoñibles na Administración xeral do Estado e nas universidades públicas españolas.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados pola Administración agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Título oficial universitario de licenciado ou grao da persoa solicitante.

c) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.

d) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2016).

    • Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se convocan dous postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para as persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2023).

    • Resolución do 16 de xaneiro de 2024 pola que se resolve parcialmente o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 5 de marzo de 2024 pola que se resolve parcialmente o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (DOG nº 52 do 13 de marzo de 2024).

Outros procedementos relacionados

IN845A

Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59

MR516C

Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560A

Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano