Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN859A
Convocatoria pola Axencia Galega de Innovación de dous postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura, baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de 2 prazas de investigador/a para beneficiarios/as de bolsas do European Research Council (ERC) Consolidator Grant (anexo I).
Funcións do persoal investigador.
O traballo para desenvolver consistirá na realización de actividades de investigación ou na dirección de equipos humanos, centros de investigación, instalacións e programas científicos e tecnolóxicos singulares de gran relevancia no ámbito do coñecemento de que se trate, no marco das funcións e obxectivos da Axencia Galega de Innovación.
Persoal investigador distinguido.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Dirección da Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541078
Prazo de presentación: PECHADO
08/08/2020 00:00 - 24/08/2020 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será de quince (15) días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
1. As persoas aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:
a) Estar en posesión dunha bolsa ERC Consolidator Grant.
b) Ter a titulación de doutor/a ou equivalente.
c) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que for a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.
e) Ter feitos os dezaseis anos.
f) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non tiveren a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
g) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fora separado/a ou inhabilitado/a.
h) Dispoñer dun compromiso de acollida por parte dun organismo público de investigación de Galicia para que o/a investigador/a desenvolva a súa actividade nel. Neste compromiso, que deberá ser achegado pola persoa candidata, a institución de acollida comprometerase a asinar un convenio coa Axencia Galega de Innovación segundo establece o artigo 9 do Decreto 64/2016.
2. Os requisitos deberán cumprirse tanto no momento da finalización do prazo de presentación de solicitudes como no da formalización do contrato.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). No caso de persoas solicitantes estranxeiras, co fin de proceder a solicitude e trámites por medios electrónicos, designarán un representante con sinatura dixital en España. A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.
Esta convocatoria ten por destinatario persoal investigador con bolsa ERC Consolidator Grant. Estas teñen como finalidade apoiar proxectos de investigación na fronteira do coñecemento de calquera temática, xa sexan do mesmo país ou de calquera país do mundo sempre que desenvolvan o traballo nun ou varios dos Estados membros da UE ou dos países asociados.
Por tanto, de acordo co sinalado polo artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a obrigatoriedade da presentación electrónica de solicitudes xustifícase no colectivo a que se dirixe: persoal investigador de recoñecido prestixio nacional e internacional con bolsas do European Research Council (ERC).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:
a) Para o caso de que a persoa solicitante non teña a nacionalidade española, documento que acredite fidedignamente o cumprimento do requisito sinalado no artigo 5.1 letras b), c) e e).
b) Certificado médico oficial que acredite o cumprimento do requisito sinalado no artigo 5.1 letra d).
c) Documentación que acredite fidedignamente que se está en posesión dunha bolsa ERC Consolidator Grant.
d) Documentación que acredite fidedignamente o cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 5.1 letra f), g) e h).
e) Currículo normalizado segundo o modelo dispoñible no enderezo gain.xunta.gal (menú axencia-procesos selectivos-2020), acompañado dos documentos xustificativos dos méritos alegados que se citen no currículo para a súa valoración. Non obstante, as persoas interesadas poden empregar, se o desexan, os modelos de CVN dispoñibles na Administración xeral do Estado e nas universidades públicas españolas.
- O órgano de selección non valorará aqueles méritos das persoas aspirantes que non estean acreditados nin aqueles adquiridos con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O órgano de selección poderá solicitar en calquera momento a presentación da documentación orixinal ou aclaración sobre ela.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Consulta de datos
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) Título oficial universitario de licenciado ou grao da persoa solicitante.
c) Certificado de residencia con data da última variación no padrón da persoa solicitante, no caso de residentes en España.
d) DNI/NIE da persoa representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2016).
-
Resolución do 23 de xuño de 2020 pola que se convocan dous postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (DOG nº 158 do 7 de agosto de 2020).
-
Resolución do 11 de novembro de 2020 pola que se resolve o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020).
-
Corrección de erros. Resolución do 11 de novembro de 2020 pola que se resolve o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (DOG nº 243 do 2 de decembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Programa Ignicia proba de concepto.
Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
Aberto todo o ano