Guía de procedementos e servizos

IN607H

Rescate Selos de excelencia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Consultar as datas

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axudas para o financiamento de proxectos de I+D e estudios de viabilidade que conten cun Selo de Excelencia da Comisión Europea (en adiante, CE) no marco do programa Horizonte Europa.

Estas axudas constitúen a liña 2 das bases reguladoras plurianuais das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co Programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).

Estas axudas convocaranse de xeito periódico ata o 2027.

Ás pequenas e medianas empresas (pemes), conforme as definicións do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Área de Estratexias e Programas

Rúa Airas Nunes, s/n

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541094

Email: programas.gain@xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria correspondente no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 15 de novembro dese ano ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza antes desta data.

A periodicidade das convocatorias estará vinculada á concesión de selos a entidades galegas por parte da CE.

a) As actividades subvencionables do proxecto de I+D ou do estudo de viabilidade serán as definidas como tal no Programa Horizonte Europa, excluíndo aquelas actividades da proposta que vaian más alá do desenvolvemento experimental.

A definición de desenvolvemento experimental que se terá en conta será a recollida no Anexo I das bases reguladoras

b) Os proxectos e estudos deberán executarse segundo a proposta avaliada pola Comisión polo que poderán ser actuacións anuais ou plurianuais, sen cambios que puidesen afectar a esta avaliación. Deberán ser actuacións de tipo individual, entendido isto como proxectos ou estudos nos que no seu desenvolvemento unicamente participa un beneficiario destas axudas, é dicir, so unha peme. Se participase máis dunha que cumpra os requisitos para ser beneficiaria desta axuda, cada unha delas presentará unha solicitude de financiamento individual e por separado.

c) Os proxectos e estudos poderán terse iniciado pero non estar rematados cando se solicite a axuda. Poderán ser financiables os custos previos á presentación da solicitude da axuda á Axencia Galega de Innovación, sempre que se executen no período elixible da convocatoria á que se presenten.

d) Só se financiarán proxectos de I+D e estudos de viabilidade que se vaian a desenvolver na Comunidade Autónoma galega, polo que as entidades beneficiarias deberán ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo.

e) O proxecto/ estudo con Selo de Excelencia que se rescata debe estar aliñado cos retos e prioridades da RIS3 Galicia 21-27. A descrición destes retos e prioridades recóllense no Anexo I das bases reguladoras.

f) En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 as actuacións que se leven a cabo con estas axudas deben respectar o principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do not significant harm.

Ademais deste principio as actuacións subvencionadas deberán respectar o resto dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC (Regulamento (UE) nº 2021/1060 de disposicións comúns), en particular:

– Garantir o respecto dos dereitos fundamentais e a conformidade coa Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.

– Velar porque se promova a igualdade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero.

– Respectar a normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.

– Ter en conta medidas favorecedoras da accesibilidade, debendo cumprir toda a normativa sobre accesibilidade para persoas con discapacidade que sexa de aplicación segundo o tipo de investimento solicitado.

g) A peme solicitante deberá estar legalmente constituída no momento da presentación da solicitude

h) Non concorrer na entidade solicitante algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

i) Cumprir os prazos de pagamento a provedores segundo o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

j) Non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (definición recollida no punto 6 do anexo I de las bases).

3. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a verificación destes requisitos e requirirá o solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.

Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse a súa achega novamente á persoa interesada.

6. Nos formularios de solicitude incluiranse unha serie de declaracións responsables relativas á entidade solicitante:

1º. De todas as axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. De que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nas bases e na convocatoria.

3º. De que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

4º. De que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5º. De que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6º. De non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7º. De que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

8º. De que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).

9º. De que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

10º. De que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.

11º. Declaración responsable do cumprimento do principio DNSH e compromiso do/da beneficiario/a de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os/as subcontratistas cumpran con este principio.

12º. Do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC: en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

13º. De que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

14º. De que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

15º Que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto ou estudo para o cal solicita a axuda.

16º. De non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

7. Deberase comunicar á Axencia Galega de Innovación calquera variación nas circunstancias recollidas nas declaracións responsables no momento en que se produzan.

8. A lingua do procedemento será o galego ou o castelán, polo que toda documentación que se achegue na tramitación destas axudas deberá presentarse nalgunha destas linguas, con excepción da documentación achegada ante a Comisión Europea ou outro organismo internacional, ou procedente destes.

Documentación complementaria.

1. Para solicitar estas axudas deberá presentarse o formulario normalizado que acompaña a cada convocatoria anual xunto co resto dos anexos da mesma, dispoñibles tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia. Achegarase ademais o resto de documentación complementaria recollida nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.

1.1. Documentación xurídico-administrativa:

1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

2º. Anexo, específico para cada unha das convocatorias que se convoquen ao abeiro destas bases, de declaración de información relativa á condición de peme, cando proceda. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena ou mediana empresa (peme) e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3º. Anexo, específico para cada unha das convocatorias, de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH.

4º. Copia das tres ofertas, de ser necesarias de acordo co establecido no artigo 11 das bases reguladoras, no caso en que a entidade que se vaia subcontratar estea xa especificada no orzamento da solicitude.

5º. Certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE, só para os casos en que o seu importe non sexa recuperable total ou parcialmente, polo que poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado de exención ou rateo relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

6º. Contrato/s de subcontratación nos supostos en que o seu importe supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida, segundo o indicado no artigo 11 das bases reguladoras

7º. Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

1. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

2. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

1.2. Documentación técnica:

1º. Memoria técnica do proxecto ou estudo, co contido mínimo que se indique en cada

convocatoria publicada ao abeiro das bases reguladoras. Deberá describirse detalladamente a actividade solicitante no proxecto ou estudo co Selo de excelencia, xustificándose o alcance de cada unha das partidas do seu orzamento, destacando e explicando calquera cambio realizado respecto á proposta internacional.

2º. Proposta presentada á convocatoria do programa Horizonte Europa con xustificante da súa presentación incluíndo o seu orzamento.

3º. Certificado do Selo de excelencia emitido pola Comisión Europea.

4º. Informes de avaliación da Comisión Europea do proxecto ou estudo.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Comprobación de datos.

 1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.

d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

En cada convocatoria poderá ampliarse esta relación de considerarse necesario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses (contados a partir da data de entrada en rexistro da solicitude).

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de apoios para a preparación de propostas (bonos) e o financiamento de propostas excelentes que contan co Selo de excelencia da Comisión Europea (rescate de selos de excelencia) (códigos de procedemento IN851B e IN607H) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN603A

Rexistro de instalacións con equipos de presión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN605A

Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN605B

Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano