Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN607F
Subvencións do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea. Liña 1
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta resolución ten por obxecto, atendendo ás bases reguladoras recollidas na Resolución do 31 de maio de 2019, aprobar a convocatoria para o ano 2020 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 1: (código de procedemento administrativo IN607F): axudas para actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, ao Programa marco de investigación e innovación. Consideraranse propostas de calidade aquelas que acadaron no proceso de avaliación da convocatoria do Programa marco á que concorreron unha puntuación superior ao 75 % da nota máxima establecida.
2. O detalle das actuacións subvencionables nesta liña concreta, tal e como se recollen no artigo 2 das bases reguladoras, son as seguintes:
a) Liña 1: actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, ao Programa marco de investigación e innovación. Consideraranse propostas de calidade aquelas que acadaron no proceso de avaliación da convocatoria do Programa marco que concorreron unha puntuación superior ao 75 % da nota máxima establecida.
Non estarían incluídas as actividades de preparación de propostas presentadas ao Consello Europeo de Investigación (ERC), nin tampouco aquelas que recibiron xa financiamento para o seu desenvolvemento dentro do Programa marco.
Soamente serán subvencionables as accións de preparación realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2020, de xeito que a través destas axudas apoiarase a preparación de propostas que se presenten ao Programa marco na anualidade 2020 e que estean resoltas con anterioridade á presentación da súa solicitade ao abeiro desta liña. Deberá, ademais, respectarse sempre o período de execución que se indique na correspondente resolución de concesión de axuda.
A preparación da proposta deberá executarse sempre respectando o período de execución indicado na correspondente resolución de concesión da axuda.
Pemes e organismos de investigación e difusión.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Estratexias e Programas
Rúa Airas Nunes s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541071
Email: programas.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/05/2020 00:00 - 30/11/2020 23:59
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria permanecendo aberta ata o 30 de novembro de 2020 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.
- Será requisito imprescindible en todas as liñas que a proposta para a cal se solicita a axuda estea aliñada cos retos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias recóllense no anexo I das bases reguladoras.
- Só se financiarán as actividades que, cumprindo os requisitos exixidos para cada liña, se desenvolvan na Comunidade Autónoma galega. Todas as entidades beneficiarias deberán, polo tanto, ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter a axuda.
- As axudas que se concedan na liña 1 axustaranse ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
Segundo se incluía nas bases reguladoras ao abeiro das cales se convoca esta convocatoria, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formulario normalizados dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As solicitudes deberán, ademais, acompañarse das declaracións responsables da entidade solicitante que se indican a continuación e da documentación complementaria recollida no artigo seguinte:
1º. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.
3º. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4º. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5º. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
6º. Declaración responsable de que non estea suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
7º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades para as que se solicita a axuda.
8º. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
9º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.
10º. Declaración do conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores, e durante o exercicio fiscal en curso en que se presenta a solicitude.
11º. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño. No obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá o solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devanditas declaracións no momento en que se produza.
– Na liña 1 xunto con estas declaracións, no caso de beneficiarios que teñan a consideración de entidade do sector público suxeita á normativa de contratación pública, deberá achegarse tamén certificación expedida por persoa responsable do control da legalidade da entidade en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e se fai referencia á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención.
Documentación complementaria necesaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude segundo a liña correspondente a seguinte documentación:
– Documentación técnico-económica:
a) Copia da proposta presentada ao Programa marco de investigación e innovación.
b) Informe resumido da avaliación internacional da proposta. No caso de solicitudes do IN607F en que se solicite axuda para a preparación de propostas que se presenten a primeira fase dun procedemento de dúas fases deberá achegarse, ademais, para acreditar a superación dos criterios de calidade exixidos nesta convocatoria, documentación remitida pola Comisión en que se demostre a superación desta primeira fase e a invitación a participar na segunda.
c) Memoria da actuación en que se detallen as actividades que se van realizar e se xustifiquen todos os conceptos de gasto para os que se solicita financiamento.
– Documentación xurídico-administrativa:
a) No caso de poder mancomunado, autorización das persoas socias mancomunadas a favor do representante da entidade solicitante (anexo IV) e modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (anexo V).
b) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, verificado polo/a letrado/a da Xunta de Galicia, para os apoderados de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil.
c) Declaración responsable da categoría de empresa (peme) no caso de ser pemes (anexo IX).
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada a persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de solicitude de anticipo
- Solicitude de pagamento anticipado (Anexo VII)
- Fase de Xustificación
- Declaración da dedicación do persoal ao proxecto (Anexo VIII)
- Declaración responsable sobre cumprimento das normas de publicidade (Modelo X8)
- Declaración relativa ás retencións do IRPF do persoal asignado ao proxecto (Modelo X4)
- Carta de comunicación ao/a traballador/a sobre o financiamento FEDER (Modelo X6)
- Resumo de execución da subvención (Modelo X2)
- Informe científico-técnico do proxecto (Modelo X7)
- Declaración das axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos e axudas minimis (Anexo VI)
- Certificación de custos de persoal (Modelo X3)
- Solicitude de libramento (Modelo X1)
- Declaración responsable de contabilidade separada (Modelo X5)
- Instrucións para a xustificación dos proxectos subvencionados ao abeiro do programa de fomento da participación no programa H2020
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 31 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2019).
-
Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H) (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Extracto da Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN607F). (Axudas para preparación de propostas de calidade ao Programa marco) (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Resolución do 22 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o segundo semestre de 2020, ao abeiro da convocatoria para o ano 2020 para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).(DOG núm. 9 do 15 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 31 de agosto de 2022 pola que se modifican a Resolución do 31 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e a Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se convocan as ditas axudas para o ano 2020. (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Resolución do 29 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o primeiro semestre de 2020 ao abeiro da convocatoria para o ano 2020 para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).(DOG núm. 214 do 23 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de instalacións con equipos de presión.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.
Aberto todo o ano
Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.
Aberto todo o ano
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano