Guía de procedementos e servizos

ED523A

Concurso Eduemprende Idea dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Concurso Eduemprende Idea 2023 - Prazo pechado: 21/11/2023 00:00 - 20/12/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Concurso Eduemprende Idea 2023, co fin de promover a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo

Servizo de Orientación e Innovación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996521

Email: eduemprende@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

21/11/2023 00:00 - 20/12/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter estado matriculado durante o curso 2022/23 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle corresponden á agrupación.

3. As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias, de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Dado o nivel educativo en que se atopan os candidatos e a posibilidade de utilizar os recursos de que dispón o centro de ensino a que pertencen, queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, polo que a única vía de presentación da solicitude de axuda será a electrónica.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Ficha de persoas participantes segundo o anexo II.

b) Proxecto de empresa.

c) Resumo executivo do proxecto.

d) Vídeo de presentación do proxecto. No caso de non poder achegar o vídeo polo tamaño do arquivo, poderá achegarse un documento no cal se recolla un enderezo web onde poder ver e/ou descargar o vídeo.

2. A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Os tramites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE das persoas participantes.

c) DNI ou NIE da persoa representante da persoa solicitante.

d) DNI ou NIE da persoa representante da persoa participante.

e) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou na ficha de persoas solicitantes (anexo II), segundo o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de novembro de 2023 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2023).

    • Extracto da Orde do 9 de novembro de 2023 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2023).

    • Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 9 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro) (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2024).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59