Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED312D
Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto a regulación da proba de acceso ao ciclo formativo de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2019.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Xestión da Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881997408 / 881997407
Fax: 981546550
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184731
Fax: 981184792
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo
Ronda Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294212
Fax: 982294214
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense
Rúa do Concello, 11 - 6º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386615
Fax: 988386788
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805918
Fax: 986805699
Prazo de presentación: PECHADO
28/01/2019 00:00 - 08/02/2019 23:59
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Solicitude segundo o Anexo II.
Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE
Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Xustificación documental do diagnóstico de TDAH
Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Certificado de profesionalidade de nivel II ou superior
Certificación da resolución de deportista de alto rendemento
Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou equivalente da mutulidade laboral que corresponda
Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio
Certificación da empresa ou empresas nas que se adquirise a experiencia laboral ou memoria descritiva segundo o modelo do anexo X desta orde.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante
Certificado do grao de discapacidade, cuando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia
Dictame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia
Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional realizada en Galicia
Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño realizada en Galicia
Título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa
Certificación da resolución de deportista de alto nivel
Título de técnico deportivo
Título de técnico de artes plásticas e deseño
As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- Fase de solicitude
- Modelo de certificación de actividades (Anexo X)
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2019 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.
Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59
Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.
Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59
Premios extraordinarios de bacharelato.
Prazo aberto: 16/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59
Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 01/07/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59