Guía de procedementos e servizos

ED312D

Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 08/02/2018 00:00 - 23/02/2018 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto a regulación da proba de acceso ao ciclo formativo de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2018.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Xestión da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881997408 / 881997407

Fax: 981546550

Email: dxefpie@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/fp

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña

Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184731

Fax: 981184792

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo

Ronda Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294212

Fax: 982294214

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense

Rúa do Concello, 11 - 6º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386615

Fax: 988386788

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805918

Fax: 986805699

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

08/02/2018 00:00 - 23/02/2018 23:59

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

    • b) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 1).

    • c) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 2).

    • d) Xustificación documental do diagnóstico de TDAH (documento 3).

    • e) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 4).

    • f) Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 5).

    • g) Certificado de profesionalidade de nivel II ou superior (documento 7).

    • h) Certificación da resolución de deportista de alto rendemento (documento 9).

    • i) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda (documento 12).

    • j) Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 13).

    • k) Certificación da empresa ou empresas en que se adquirise a experiencia laboral ou a memoria descritiva, segundo o modelo do anexo X desta orde (documento 14).

Non cumprirá achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, de non ser así, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos no seguinte documento elaborado pola Administración pública:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • a) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 1).

  • b) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 2).

  • c) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, realizada en Galicia (documento 4).

  • d) Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, realizada en Galicia (documento 5).

  • e) Título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa (documento 6).

  • f) Certificación da resolución de deportista de alto nivel (documento 8).

  • g) Título de técnico Deportivo (documento 10).

  • h) Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño (documento 11).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

  • As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.