Guía de procedementos e servizos

ED312D

Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 10/02/2020 00:00 - 19/02/2020 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2020.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Xestión da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881997408 / 881997407

Fax: 981546550

Email: dxefpie@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/fp

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña

Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184731

Fax: 981184792

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo

Ronda Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294212

Fax: 982294214

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense

Rúa do Concello, 11 - 6º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386615

Fax: 988386788

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805918

Fax: 986805699

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

10/02/2020 00:00 - 19/02/2020 23:59

 O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática «ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

2.Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/20. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

b) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 1).

c) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 2).

d) Xustificación documental do diagnóstico de TDAH (documento 3).

e) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 4).

f) Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 5).

g) Certificado de profesionalidade de nivel II ou superior (documento 7).

h) Certificación da resolución de deportista de alto rendemento (documento 9).

i) Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda (documento 12).

j) Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 13).

k) Certificación da empresa ou empresas en que se adquirise a experiencia laboral ou a memoria descritiva, segundo o modelo do anexo X desta orde (documento 14).

2. A documentación complementaria presentarase coa solicitude, segundo o establecido nos artigos 31 e 32 desta orde.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 1).

b) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 2).

c) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, realizada en Galicia (documento 4).

d) Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño, realizada en Galicia (documento 5).

e) Título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa (documento 6).

f) Certificación da resolución de deportista de alto nivel (documento 8).

g) Título de técnico deportivo (documento 10).

h) Título de técnico de artes plásticas e deseño (documento 11).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.