Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO400E
Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. As bolsas de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos teñen como obxectivo contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo.
2. As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
3. O programa de formación incluirá as actividades de formación relacionadas coa defensa e protección ao consumidor, a arbitraxe e a seguridade e vixilancia do mercado, levadas a cabo no ámbito de actuación do Servizos de Consumo en cada provincia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
4. Así mesmo, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia nomeará unha persoa titora responsable das actividades de formación que desenvolverá cada persoa bolseira.
5. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de seis meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2022.
Non se concederán bolsas para suplir baixas ou renuncias por tempo inferior a un mes.
Centro de destino.
A formación terá lugar nas dependencias dalgunha das oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia na nosa comunidade autónoma en función do establecido no artigo 2 destas bases.
Proceso de selección.
1. Para a concesión das bolsas realizarase unha comparación entre as solicitudes presentadas, establecéndose unha orde de prelación entre elas, por cada oficina de destino, de acordo co proceso de selección e cos criterios de valoración establecidos a continuación. A dita orde de prelación faranse para cada unha das oficinas de destino sinaladas no artigo 2 destas bases.
2. En cada oficina resultará adxudicataria a solicitude que acade a maior puntuación da prelación resultante feita nesa oficina, como resultado da suma dos puntos obtidos nas dúas fases de que consta o proceso de selección.
a) A primeira fase consistirá na valoración dos méritos segundo os criterios establecidos no artigo seguinte, que se puntuará de 0 a 18 puntos.
En cada oficina pasarán á segunda fase as 8 primeiras persoas que acaden as 8 mellores puntuacións nesta primeira fase. En caso de empate na oitava mellor puntuación, pasarán á seguinte fase todas as solicitudes nesa posición que teñan a mesma puntuación.
b) A segunda fase consistirá nunha entrevista persoal, que se puntuará de 0 a 2 puntos.
3. A puntuación máxima no proceso de selección será de 20 puntos.
4. Se algunha das oficinas de destino queda deserta, poderá acumularse a dita bolsa a outra oficina de destino, segundo o establecido no artigo 17 destas bases.
Persoas tituladas que se especifican no anexo I.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Avenida Gonzalo Torrente Ballester
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545416
Email: igc.xerencia@xunta.gal
Teléfono desde o resto do Estado: 902120012
Prazo de presentación: PECHADO
02/06/2022 00:00 - 01/07/2022 23:59
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que expira o último día do mes.
Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lle concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, en dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para desempregados.
e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
h) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Debido á capacidade técnica das persoas físicas beneficiarias das presentes bolsas, que deben reunir a condición de tituladas universitarias, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación académica oficial, en que conste a nota media do expediente académico da titulación universitaria coa que concorre.
b) Currículo en que se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a experiencia profesional.
c) Documentos acreditativos de todos os méritos alegados no currículo.
d) Xustificante do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente, se é o caso.
e) Títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, se é o caso.
f) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
g) Anexo V de elección de oficina de destino da bolsa.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
d) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
e) Título/s universitario/s de licenciado ou grao.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvención.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Atriga para percibir axudas ou subvencións.
i) Certificado do importe de prestación por desemprego, percibidos a data actual.
j) Certificado de situación actual de desemprego.
k) Certificado de condición de bolseiro.
l) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Elección de oficina de destino da bolsa (Anexo V)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Modelo de Aceptación ou Renuncia (Anexo IV)
- Declaración Responsable (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2022).
-
Extracto da Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.
Prazo pechado: 24/09/2019 00:00 - 23/10/2019 23:59
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministro eléctrico e comercio electrónico seguro.
Prazo pechado: 11/10/2024 00:00 - 11/11/2024 23:59