Guía de procedementos e servizos

CO400C

Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de persoas consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 18/07/2023 00:00 - 17/08/2023 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

A concesión de axudas para a realización por parte das asociacións de persoas consumidoras inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento, coas especificidades que se establecen no artigo 2  das bases reguladoras.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de persoas consumidoras que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Servizo de Información, Cooperación e Fomento

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545545/ 981545416

Email: igc.xerencia@xunta.gal

http://consumo.xunta.gal

Desde lo resto del Estado: 902120012

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Prazo de presentación: PECHADO

18/07/2023 00:00 - 17/08/2023 23:59

1.O prazo para a presentación das solicitudes é dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. Non obstante, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

1. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas asociacións que, incumprindo manifestamente os seus deberes legais, non colaborasen ou non facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

2. Para que as asociacións poidan beneficiarse destas axudas deberán cumprir, os seguintes requisitos:

a) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma.

3. As persoa beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Certificación da lista de actividades que se pretenden levar a cabo obxecto de subvención (anexo III). Unha vez presentado este anexo III no momento da solicitude, posteriormente só se permitirá a súa modificación unha única vez e sempre que os cambios afecten unicamente ou a data ou a localidade de celebración. A dita modificación deberá ser comunicada ao IGCC cunha antelación mínima de 15 días antes da celebración da primeira actividade, presentando un novo anexo III.

b) Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da entidade solicitante, se é o caso.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvención.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

f) Concesión de subvencións e axudas.

g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente de inicio (anexo II) e achegar os ditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 3 de xullo de 2023 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2023, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (DOG nº 135 do 17 de xullo de 2023).

    • Extracto da Resolución do 3 de xullo de 2023 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2023, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (DOG nº 135 do 17 de xullo de 2023).

    • Resolución do 28 de agosto de 2023 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2023, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2023, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (DOG nº 173 do 12 de setembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

CO401A

Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.

CO401B

Denuncia en materia de consumo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN105A

Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CO400A

Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 24/09/2019 00:00 - 23/10/2019 23:59