Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CO300C - Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e de expansión do sector comercial e artesanal.
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).
3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
En concreto, consideraranse subvencionables as actuacións previstas no artigo 4, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19, pola incidencia que nos sectores do comercio e da artesanía teñen tanto o período de rebaixas de inverno como a campaña de Nadal, que son para moitos establecementos o momento idóneo para o lanzamento de novas propostas comerciais, en establecementos e a través da canle dixital.
Actuacións subvencionables .
1. Dixitalización comercial:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
a) A implantación e actualización de páxinas web comerciais coas seguintes características técnicas:
– Ter o protocolo de transferencia de datos https.
– Estar optimizada para SEO.
– Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web.
– Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles.
– Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp.
– Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, links ás redes sociais da empresa.
– Ter instalado e configurado Google Analytics.
No caso de web con acceso tenda en liña, ademais dos previstos anteriormente para a páxina web, deberá:
– Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.
– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que se dispón na tenda física.
– Ter pasarela de pagamento.
b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de padróns de consumo, publicidade en medios dixitais e ferramentas de realidade aumentada, que ofrezan experiencias reais e interactivas ao consumidor, como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.
c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.
d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) cun máximo de 11 meses.
e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos seguintes investimentos máximos subvencionables:
– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web é de 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a actualización de páxina web é de 800,00 € (IVE excluído).
Non será compatible a solicitude de actuacións de implantación de páxinas web coas de mellora.
– Para a introdución de ferramentas de márketing 4.0 é de 6.000,00 € (IVE excluído) e establecése o límite para actuacións en publicidade en medios dixitais de 2.000,00 € (IVE excluído).
– Para a mellora de imaxe comercial dixital é de 6.000 € (IVE excluído).
– Para os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) é de 9.900,00 € (IVE excluído), a razón de 900,00 € por mes.
– Para a implantación de ferramentas de xestión é de 3.000,00 € (IVE excluído).
O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización é de 28.900 euros (IVE excluído).
2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídas nun proxecto de decoración e interiorismo.
Só para comerciantes retallistas.
En concreto, considéranse gastos subvencionables:
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
d) Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.
e) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.
Para as actuacións previstas nas letras a), b), c) e d), o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído) por cada establecemento comercial. No caso das actuacións previstas na letra e) o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído), por establecemento comercial.
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.
3. Proxectos de expansión comercial.
Só para comerciantes retallistas.
Para os efectos desta orde, considéranse proxectos de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.
O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/unha traballador/a, por un período mínimo dun ano, no prazo de seis meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención prevista no artigo 19.
En concreto, considéranse gastos subvencionables nos proxectos de expansión comercial mediante a apertura dun novo establecemento comercial as actuacións previstas no punto 2, letras a), b), c) e e).
Para as actuacións previstas nas letras a), b), e c), o investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído) por establecemento comercial. No caso das actuacións previstas na letra e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído) por establecemento comercial.
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable, agás no suposto da letra e), que será do 70 %.
4. Participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
4.1. Para os efectos desta orde, considérase posta en marcha de proxectos de tendas efémeras pop up a apertura, por un prazo máximo de dous (2) meses, dun espazo comercial que terá por obxecto analizar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda de saldos.
En concreto, considéranse gastos subvencionables:
a) O alugamento do local, espazo ou contedor da tenda efémera (máximo dúas mensualidades).
b) O acondicionamento da superficie de exposición e venda.
c) A adquisición ou alugamento de moblaxe ou equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
d) O transporte de mercadoría.
e) Publicidade e promoción da tenda efémera pop up.
Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 8.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable. A subvención máxima polo alugamento do local será de 1.500,00 euros; polo transporte de mercadoría, de 500,00 euros e pola publicidade e promoción, de 1.000 euros.
4.2. Participación en proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.
Considéranse subvencionable, ata un máximo de tres, a participación en proxectos de tendas efémeras pop up, onde o beneficiario non participe na organización e xestión do evento.
Para o conxunto desta actuación, o investimento máximo subvencionable será de 2.100 €, a razón de 700,00 euros de investimento máximo subvencionable por cada proxecto ou evento, ata un máximo de tres.
A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.
En concreto, considéranse gastos subvencionables:
Son gastos subvencionables os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados pola organización do evento.
O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 8.000,00 euros, IVE excluído.
5. Proxectos de posta en marcha de concept stores.
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
Para os efectos desta orde, considéranse concept stores os establecementos comerciais cunha oferta diversificada de produtos, xeradora de sinerxías, que supoña un valor engadido na oferta e sexa atractiva para a clientela na procura dunha identidade única e diferenciadora. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.
O concept store poderá unir unha ou varias persoas comerciantes e/ou artesás nun espazo compartido con diferentes propostas innovadoras, xa sexan comerciais, culturais, artísticas, de deseño ou gastronómicas, creando unha experiencia única de compra.
Considéranse gastos subvencionables as actuacións previstas no punto 2, letras a), b), c) e e).
Para as actuacións previstas nas letras a), b) e c), o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído). No caso das actuación previstas na letra e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.
Non será compatible a solicitude de proxectos de posta en marcha de concept store con actuacións de modernización comercial para o mesmo establecemento comercial.
6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en concreto de:
Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal e que melloren o deseño e a calidade do produto final.
Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 € (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.
7. Non se consideran gastos subvencionables:
a) As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.
b) Os custos asociados á compra ou alugamento do inmoble comercial, agás no previsto na letra 4.a).
c) Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
d) A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior.
e) A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
f) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e tpv.
g) Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía e internet.
h) Adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e a adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.
i) A adquisición de materia prima da actividade artesanal.
j) Investimentos destinados a locais para uso da actividade artesanal. Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionadas coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.
Obrigas das persoas beneficiarias
Son obrigas da persoa beneficiaria:
1º. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
2º. Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
3º. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, xa sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
5º. Acreditar, con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6º. Manter os investimentos subvencionados, coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous anos desde a súa concesión.
7º. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.
8º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.
9º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
10º. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Obrigas específicas de publicidade
Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, as persoas beneficiarias das axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado», xunto co do escudo normalizado da Xunta de Galicia, segundo o modelo e as instrucións elaborados pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e publicados no enderezo http://www.portaldocomerciante.gal/
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable. Para as actuacións de expansión comercial previstas no artigo 4.3 e para as actuacións de participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up, previstas no artigo 4.4, comerciantes que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgúnhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial previstas no artigo 4.3, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data da fin do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros terán de prazo ata o último día do prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187/1); nin aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do procedemento CO300C, renunciasen a este ou perdesen o dereito ao cobramento total da subvención no ano 2019.
Así mesmo, non poderán ser beneficiarias as persoas ás cales lles fose concedida unha subvención para as actuacións previstas no artigo 4.2 e 4.3 nos últimos dous (2) anos (IN201H ou IN228A/2018-CO300C/2019) para o mesmo local comercial.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial
Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial
Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar
15071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 54 55 57 / 981 54 59 15
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
Dende o resto do Estado: 902 12 00 12
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Resolución do 15 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300C). (DOG núm. 215 do 26 de outubro de 2020).
Orde do 8 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 92 do 13 de maio de 2020).
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).
Extracto da Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
22/02/2020 00:00 - 23/03/2020 23:59
12/05/2020 00:00 - 29/05/2020 23:59
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 29 de maio de 2020, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 8 de maio de 2020.
Continúa o prazo de presentación de solicitudes, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado anexo IV, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
2. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta orde de subvencións que sexan persoas físicas están dadas de alta no réxime de autónomos e, polo tanto, teñen a obriga de empregar medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo no exercicio da súa actividade profesional, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
-
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
b) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da entidade solicitante, ou poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica.
c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, deberán constar expresamente (anexo V) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
d) Se a persoa solicitante está dada de alta no IAE nunha actividade económica do anexo II ou III e noutra ou noutras que non sexan subvencionables, deberá xustificar cal de elas é a principal:
– No caso de sociedades, presentarán a declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior. No suposto de sociedades constituídas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020, substituirase ese documento pola declaración responsable contida no anexo VII.
– As comunidades de bens, sociedades civís e persoas físicas acreditarán cal das actividades é a principal mediante a declaración responsable contida no anexo VII.
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas. De non cumprir co asinado na declaración responsable, procederase ao inicio do expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Informe de vida laboral do código de conta de cotización da persoa solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores/as.
f) Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, que incluirá unha descrición pormenorizada, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar.
No caso de proxectos de expansión comercial, a memoria incluirá, ademais do anterior, unha xustificación da localización do establecemento comercial, do produto e do mercado a que se dirixe, con desenvolvemento detallado de todos os aspectos en que se basea este. Así, deberá conter unha referencia ao establecemento do que se inicia a expansión comercial.
Nos proxectos de posta en marcha dun concept store deberase incluír unha memoria onde quede suficientemente xustificado o proxecto que se vai desenvolver, que inclúa un plan de actuacións dos diferentes campos de actividade implicados no concepto, xustificando a interrelación entre elas, así como o público obxectivo a que se pretende chegar.
No caso de adquisición de equipamentos e ferramentas, a memoria deberá conter a xustificación da necesidade, así como da mellora que representa a súa adquisición.
g) No caso de actuacións previstas no artigo 4, números 2, 3 e 5 das bases da convocatoria, deberán achegar:
– Proxecto de decoración e interiorismo asinado por un/unha profesional da decoración, interiorismo ou arquitectura, no cal se deberán incluír as distintas actuacións para as cales se solicita a subvención, que deberán coincidir coa memoria presentada e o deseño gráfico do resultado final que se pretende obter.
– Fotografías ou documentos gráficos do local antes de iniciar as actuacións, agás no caso de que realizasen as actuacións con anterioridade á data da publicación desta orde, así como do primeiro establecemento comercial.
h) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola persoa solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nela.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberase achegar a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
h.1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os cales se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola persoa solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
h.2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionadas pola persoa solicitante para a realización do proxecto.
h.3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
h.3.1. Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.
h.3.2. Cando, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.
i) Para os efectos sinalados no artigo 10 destas bases, achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación acreditativa, que en ningún caso será obxecto de requirimento:
– Declaración responsable sobre o cumprimento do criterio establecido na letra d), coa identificación da empresa provedora, ano da contratación e importe aboado.
– Declaración responsable sobre o cumprimento do criterio establecido na letra e), coa indicación do número de persoas e grao de discapacidade.
– Declaración responsable sobre o cumprimento do criterio establecido na letra f), coa descrición das medidas.
– A integración de medidas de sustentabilidade ambiental e de eficiencia enerxética deberán estar recollidas na memoria do proxecto.
2. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente.
Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a persoa solicitante.
e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas para as persoas físicas inscritas.
f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
h) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
k) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvención ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do ticket de dinamización comercial.