Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS700A - Subvencións a entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá. FSE 2014-2020.
1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, de subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.
2. Serán subvencionables os servizos desta natureza constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 8, que se desenvolvan no período que abrangue desde o 1 de novembro de 2020 e ata o 31 de outubro de 2021, segundo o que nel se indica.
3. A prestación poderá realizarse mediante xestión individual ou compartida segundo o previsto no artigo 6 e ser directa ou indirecta mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa de aplicación.
4. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, nos que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto. Deste xeito, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
5. As subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:
a) Programa I, á consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
Serán obxecto deste programa os proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades locais ou agrupacións destas, que sexan continuidade daqueles que foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería e que garantan a continuidade na atención ás persoas destinatarias no seu respectivo ámbito territorial.
b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.
Serán obxecto deste programa os novos proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades locais ou agrupacións destas, que non foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería.
6. O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
7. Dado que a presente convocatoria conta con financiamento comunitario procedente do Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, respectarase o previsto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006, do Consello ambos modificados polo Regulamento (UE;Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se deroga o Reglamento (UE,Euratom) nº 966/2012; na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, no Regulamento (UE) 2020/558, do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos Fondos Estruturais e de Inversión Europeos en resposta ao brote de COVID-19; e o Regulamento (UE) 2020/460, do Parlamento e do Consello, de 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no relativo a medidas específicas para mobilizar inversións nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote de COVID-19 (Iniciativa de inversión en resposta ao coronavirus).
Tamén é de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
8. O procedemento de concesión de subvencións regulado na presente orde ten o código BS700A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios de inicio específicos, de uso obrigatorio para os interesados.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas que se relacionan a continuación:
a) Para a xestión individual: concellos, incluídos os que resulten dunha fusión municipal, que conten cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2020, fonte Instituto Galego de Estatística.
b) Para a xestión compartida:
1º. Agrupacións de concellos e/ou agrupacións de mancomunidades de concellos.
2º. Mancomunidades de concellos.
3º. Consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos.
Quedan excluídas as deputacións provinciais.
Obrigas das entidades beneficiarias.
Sen prexuízo do disposto no artigo 8 as entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas reflectidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como as demais condicións e obrigas establecidas nesta orde e todas as que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación. En particular, as seguintes:
a) Destinar os fondos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.
b) Manter un sistema de contabilidade separado do ingreso da axuda percibida ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
c) Conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes ou usuarias durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas ante a Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.
d) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos. En todo caso, durante a execución da actuación respectarase o reflectido no artigo 11.c), sen prexuízo de que os carteis deberán permanecer colocados e na páxina web coa correspondente información, cando menos, ata a data na que remata o prazo final de xustificación da subvención establecido no artigo 26 desta orde.
e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións nas que participan están financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), así como dos obxectivos dos fondos.
f) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultado previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013. Para estes efectos, seranlle facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar o principio de integridade dos datos.
Así pois, as entidades beneficiarias consignarán na aplicación informática prevista no artigo 11 os datos referentes aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato e a longo prazo relativos aos usuarios/as, que serán os que a unidade tramitadora do procedemento incorporará, á súa vez, na aplicación informática Participa 1420.
1º. Os de produtividade referiranse á situación á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa operación subvencionada.
2º. Os de resultado inmediato á situación do participante no período que abranga entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.
3º. Os de resultado a longo prazo: situación aos seis meses de finalización da vinculación do participante coa operación subvencionada.
g) Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal. Os relativos ás persoas usuarias ou participantes na actuación subvencionada incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos, sendo a entidade beneficiaria da axuda a que deberá recadar e custodiar esta documentación.
h) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
i) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control incluíndo as visitas sobre o terreo.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
k) Así mesmo, cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
1. Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento disto dará lugar á inadmisión da solicitude individual; considerarase como efectiva a de xestión compartida.
2. Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Requisitos específicos.
1. Para ser admitida a solicitude ao abeiro desta orde, sen prexuízo da totalidade da normativa aplicable, deberán cumprirse os seguintes requisitos específicos, que se acreditarán na forma establecida nos artigos 12 e 13:
a) Requisitos aplicables a todos os solicitantes:
1º. Estar a/s entidade/s ou a totalidade dos concellos integrantes inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.
2º. Ter adoptado polo órgano competente acordo de solicitude de subvención respecto do servizo de atención temperá de que se trate e nas condicións en que este se preste, aceptación das condicións e demais requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como o compromiso de cofinanciamento para a execución no período que se sinale, que deberá estar incluído no intervalo sinalado no artigo 8.1.b).
No caso de agrupacións, o acordo pode figurar no texto do convenio sinalado na letra c) ordinal 2º ou de xeito independente, sempre que sexa subscrito por todos os asinantes daquel.
3º. Ter cumprida a entidade ou a totalidade de concellos integrantes, no caso de xestión compartida, a obriga establecida nos artigos 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, referida á remisión da conta xeral do exercicio orzamentario que corresponda ao Consello de Contas.
4º. Cumprir as condicións establecidas no artigo 8 respecto da prestación do servizo para que a actuación sexa susceptible de subvención.
b) No caso de solicitude para xestión individual: contar co censo mínimo sinalado no artigo 6.1.a).
c) No suposto de solicitude para xestión compartida:
1º. Deberá xestionarse o servizo de forma conxunta pola agrupación ou, se é o caso, de forma mancomunada ou consorciada e implicar aforro de custos respecto dos que suporía a prestación individual polos/as concellos e/ou mancomunidades integrantes. En ningún caso poderá consistir en actuacións independentes daqueles.
2º. No caso de agrupacións de concellos e/ou mancomunidades, ter subscrito un convenio de colaboración entre todos os integrantes cuxo obxecto sexa a prestación do servizo nos termos especificados nos artigos 1 e 8 e con vixencia durante todo o período respecto do que se solicita subvención e ata que transcorra o prazo establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Ademais, deberá reflectir os seguintes datos:
2º.1. Determinación do concello ou mancomunidade encargado de xustificar a subvención, que será a nome do que, se é o caso, se ingresen os fondos.
2º.2. Nomeamento de representante.
2º.3. Determinación dos compromisos de execución asumidos por cada un dos concellos ou mancomunidades, así como a porcentaxe de subvención que lles corresponderá a cada un deles.
De ter subscrito un convenio anterior á publicación desta orde con tal obxecto e vixencia, admitirase documento anexo a el no que se reflictan os datos sinalados neste ordinal 2º.1, 2 e 3, debidamente asinado polos correspondentes representantes.
Figurará na páxina web da consellería (http://politicasocial.xunta.gal), no punto relativo á información da presente orde, un modelo de convenio.
3º. E no suposto de mancomunidades de concellos ou agrupación delas e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos: deberán determinar os concellos membros daqueles que participan na prestación do servizo.
2. Os citados requisitos deberán terse cumprido en función das seguintes datas de referencia:
a) A data 1 de xaneiro de 2020, o recollido no número 1.b) para o caso de xestión individual.
b) Con carácter previo ao inicio do prazo de execución respecto do que se solicita a subvención:
1º. Os establecidos no número 1.a), ordinais 1º e 4º, sen prexuízo do reflectido no artigo 8.2.
2º. Os sinalados no número 1.c), ordinais 1º, 2º e 3º. Sen prexuízo da necesidade de existencia de convenio na dita data nas condicións especificadas, os datos do número 1.c), no ordinal 2º.1, 2 e 3 poderán ser determinados con data límite a de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
c) Na data límite o de finalización do prazo de presentación de solicitudes os especificados no número 1.a), ordinais 2º e 3º.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540142/ 981546736/ 981547398
Fax: 981545691
Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2021).
Extracto da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2021).
Resolución do 16 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2021, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 77 do 26 de abril de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
27/01/2021 00:00 - 26/02/2021 23:59
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Solicitudes .
1. As entidades interesadas deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I dirixida á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, na que se farán constar a totalidade de datos reflectidos naquel e que acreditan os aspectos relacionados no número 4. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable. Á solicitude acompañarase a documentación complementaria indicada no artigo seguinte.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude, anexo I, asinada polo/a representante da entidade ou no caso de agrupacións pola persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nos artigos 5, 6 e 7 desta orde e demais normativa aplicable:
a) Identificación do solicitante, do/da representante, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.
b) Declaracións sobre outras subvencións, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, coñecemento do cofinanciamento do FSE e obrigas e acordo coas actuacións de control.
c) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición ou consentimento expreso, segundo o caso, á consulta dos documentos sinalados no artigo 14.1.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
1. Á solicitude xuntarase a documentación acreditativa da representación e dos requisitos establecidos no artigo 7.1, dos datos de execución concretos e dos susceptibles de valoración e, se é o caso, da personalidade e cumprimento de obrigas:
a) Unicamente para o caso previsto no artigo 14.2, os documentos sinalados no seu número 1.
b) Documentación acreditativa da representación.
c) Anexo II. Certificación sobre acordo e datos. Deberá estar expedida polo/a secretario/a da entidade ou o representante da entidade ou agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º e nela constará o seguinte, en función dos termos da solicitude, a acreditación dos requisitos e datos susceptibles de valoración:
1º. Datos relativos ao acordo sobre solicitude de subvención ou, se é o caso, ao convenio, no que se reflicta a aceptación das condicións e requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como os compromisos de cofinanciamento da actuación. Especificaranse: órgano/s competente/s, data de adopción daquel ou, se é o caso, do convenio no que se inclúa o acordo, tipo de xestión, individual ou compartida, directa ou indirecta, prazo de execución incluído dentro do período susceptible de subvención, número de integrantes do equipo, número de horas totais de traballo segundo grupos profesionais, calculadas de acordo co previsto no artigo 10.3.
No caso de inicio do prazo de execución con anterioridade á presentación da solicitude a declaración de prestación nos termos do artigo 8 debe abranguer desde esa data, sen prexuízo da salvidade reflectida no seu número 2.
2º. Exclusivamente para a xestión compartida: declaración sobre a xestión conxunta, mancomunada ou consorciada.
3º. Unicamente para mancomunidades e consorcios: determinación dos concellos membros que participan na prestación.
4º. Declaración sobre a data de posta en marcha do servizo configurado como tal polas entidades que presentan a solicitude.
5º. Declaración relativa á remisión de contas ao Consello de Contas de Galicia. Abrangue a obriga de todos e cada un dos concellos que formulan a solicitude ou que integran a/s entidade/s que a subscribe/n.
6º. Indicación da porcentaxe de persoas con discapacidade no/s respectivo/s cadro/s de persoal do/s concello/s sobre os que se prestará o servizo. No caso de seren varios figurará a media das citadas porcentaxes.
7º. Declaración sobre cumprimento da normativa respecto da contratación do persoal ou da aplicable en materia de subvencións e contratación administrativa, de ser o caso.
8º. Unicamente para agrupacións: indicación da data de subscrición do convenio.
d) Anexo III. Certificación sobre o equipo de atención temperá e descrición do funcionamento do servizo. Deberá estar expedida polo/a secretario/a da entidade ou o representante da entidade ou agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º e nela constará o seguinte en función da acreditación dos requisitos e datos valorables referidos ao prazo de execución obxecto de solicitude:
1º. Indicación dos integrantes do equipo, datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo dedicadas ao servizo.
No caso de contratación ou xestión indirecta futuras cubriranse a totalidade dos datos, agás os persoais e indicarase esta circunstancia.
2º. Datos relativos ás instalacións, réxime de prestación en función do horario semanal e número estimado de usuarios/as.
e) Unicamente para agrupación: copia do correspondente convenio de colaboración, que deberá ter o contido sinalado no artigo 7.1.c).2º e, se é o caso, documento complementario a aquel no que se reflictan os datos especificados no ordinal 2º.1, 2 e 3.
2. Sen prexuízo do disposto no número anterior, poderanse sinalar datos complementarios ou achegar calquera outra documentación que o solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración. Así mesmo, por parte da unidade tramitadora destas subvencións poderase solicitar a documentación complementaria aclaratoria que se estime pertinente.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade.
c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
No caso de agrupación consultaranse os documentos sinalados nas letras b), c), d) e e) de cada un dos concellos e/ou mancomunidades integrantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"